Google+

E agora?

Poden pasar dúas cousas básicamente. UN) Que siga a cousa igual co que as promesas de apoio ó novo xerente se verán imcumplidad. DOUS) Que aparezan 1,2,3··· anestesistas para o HCV co que a mensaxe (···?) será a que fora mais; ¿porqué tanta presión para coller o cargo?. Habería que focaliza-lo tema dende a exclusiva óptica da política (municipal/comarcal de ahi a aparición de "Alfred" o outro día) e non da sanidade.
Pensando nos ususarios e no resto do persoal do centro a opción dous é a que mais me gusta porqué ¿pódese entender un Hospital 'civil' sen ciruxía programada?.

Segue "a festa"

Ben, para cando leades esto xa estará na prensa.

O mais importánte e triste; a suspensión da ciruxía programada no HCV vai a continuar.

A política ten entrado de cheo e xa non son capaz de discernir moi ben o que son 'motivos persoais' o qué oportunismo politico e o que é "gañancia de peixeiro"...

Onte o director provincial do SERGAS veu 'escoltado' polo alcalde de O barco (que lembranzas me trae esto) para dicirnos o que xa se sabía. Non hai anestesistas dispoñibles para o HCV, polo de agora.

Pode ser certo que o xerente tivese presentado a súa renúncia hai un mes ou unha semana porque xa tiñan o recambio na recamara mais elo non fai mais creible o 'motivo profundo' desa demisión sobor de todo tendo en conta que a fai o director médico ó mesmo tempo e ningún dos dous son dos que fuxen diante dos problemas. Ademais, nomear como xerente a unha persoa vinculada directamente do PSOE berciano pode ser entendido de moi diversos xeitos.

Oportunistas sen fronteiras (tal é o nome que 'torito' lle dá ó PPdG) non deixou escapar semellante oportunidade de facer da súa capa un saio e, dempois de 16 anos sen tomar mais ca medidas externalizadoras, falar de fallos de xestión. O fai ademais por boca de Miguel Santalices coñecedor de 1º man das carencias e dificultades do HCV mercede ós moitos 'favores' que ten pendentes alí.

Supoño que dado o tono do debate no parlamento e a cercanía das eleccions municipais a presencia de Alfredo (alcalde de O Barco) está explicada como parte dunha demostración de que "se fai o que se pode" para por solucions e non parches. Eu só desexo que isto me permita ver algo mais ó amigo que fai a cobertura dese buraco cando o "brunout" ameaza.

Territorio ou reserva (?)

Cando os brancos conquistaron -de verdade- o oeste os poboadores foron despoxados dos seus territorios (parte da súa identidade) e foron confinados en reservas (terreos do Estado dos brancos en concesión).

Nestes días o goberno do estado ven de dar un importánte paso ó promulgaren o proxecto de "Ley de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las Personas en Situación de Dependencia" (.PDF 174 Kb) que pon as bases para o cuarto pilar do estado do benestar (Educación, Sanidade, Pensions e Dependencia).

A enfermeiría ten demostrado sobradamente as suas altas prestacions e mellor ratio calidade-prezo non só no coidado continuado e con "alta carga" senon tamén na atención de apoio xa non únicamente ás persoas con dependencia senon tamén como "consultora" das persoas que precisan coidados domiciliarios por doencias crónicas ou agudas; mais este papel non ven recoñecido neste proxecto de lei segundo opinan alguns...

O certo é que vexo os mesmos erros da implantación do dereito universal á sanidade: Rede de centros moi heteroxenea, Lexislación diverxente, Insuficiencia presupuestaria co agravante de tratarse dunha competencia compartida/transferida ás comunidades (incluso ós concellos) e cunha recente 'historia negra' no que á prestación por proveedores privados se refire.

O Sistema Nacional de Dependencia (SND) nace desmembrado e con moi diversa consideración segundo a comunidade da que se fale e que provocará a pronta saida a escea dos "España se rompe" que non é que fixeran nada por amplia-los dereitos das persoas dependentes, pero que ven boa baza polítca nesto porque a desinformación é o que ten.

Vexo con agrado que Galiza vai á par (senon diante) deste desenvolvemento lexislativo coa creación do Consorcio Galego de servizos de igualdade e benestar froito do sentidiño que se ven dando entre a FEGAMP e o goberno galego (cousa que non acontecera nos derradeiros 16 anos) e por elo é importánte comprementar esta rede cun bó apoio por parte dos servizos sanitários públicos e mais os privados que poidan xurdir (Enfermeiria -maiormente domiciliaria-, Podoloxia, Fisioterapia···) e investindo e promocionando a I+D+i neste eido para acadar desenrolos técnicos e tecnolóxicos que melloren a calidade de vida das persoas dependentes e/ou a súa comunicación.

Haberá que estaren atentos a como se desenvolve esta lei por parte de cada administración no marco das súas atribucions pois o "territorio enfermeiro" está claramente sinalado neste eido e non admite mais delegación ca que asume o 'coidador principal' e tampouco precisa mais tutela ou ordes que as estricatmente terapeúticas.

Demisión esteril (?)

Xa as novas de onte eran realmente alarmantes pois un centro sanitário que suspende as intervencions cirúxicas programadas pasa a seren un centro de "estado de sitio".

Mais, durante a mañan de onte as cousas se precipitaron. @s traballador@s curtaron o tráfico no centro do Barco (diante do hospital) e fixeron un chamamento á poboación para repetires a manifestación-corte hoxe.

A pantasma do desmantelamento da área sanitaria e a conversión do Hospital comarcal Valdeorras nun centro de agudos e dependentes voltou a sair á area pública. O SERGAS dí que vai nomear un novo xerente na próxima seman e o director provincial virá hoxe (supoño que a presencia-lo curte de tráfico).

Mal andan as cousas, e moito me temo que estas demisions sexan estériles pois os problemas son de fondo (estructurais que lle chaman) e pouco teñen que ver coas persoas; outros centros mais grandes teñen identicos problemas coa mesma especialidade, claro que sin chegar ó extremo de suspenderen TODA a actividade programada mais SI que hai unha drástica reducción de actividade.

A cuestión é: ¿Quen se beneficia?.

O peor ainda está por chegar; non esquenzamos que no SACYL temos aberto un concurso de traslados no que pode (seguramente) marchar mais xente da que virá deixando mais espido o Hospital 'El Bierzo'. e, sobor de todo, non esquenzamos que na comunidade de Madrid se van a por en marcha 7 novos hospitais como o sinalado (en nº de camas claro, que no resto vai ser outra galaxia) co que se absorberá cual esponxa a tódolos residentes que rematen as especialidades clave nos próximos 2-3 anos xusto no intre no que as xubilacions escomenzan a facerse habituais nos cuadros médicos dos centros públicos.

¿U-los planifcadoes de hai 4-8 anos?. ¿Quen é o responsabel de semellante disparidade entre oferta e demanda?; o argumento de que a profesión médica non "ofrece o que ofrecía" é unha falacia, non se trata de falta de 'vocacions', trátase de falla de prazas por tacañería dos que as tiñan que ter dotado hai 8 anos...

As trincheiras das especialidades

O Real Decreto de especialidades de Enfermeiría 450/2005 de 22 de Abril (BOE 6 de maio 2005)cumpre un ano de parálise por atrincheramento. Establece que as comisions nacionais de especialidades se encargarán de:
b) Elaborar y proponer el programa de formación y su duración.
c) El establecimiento de criterios para la evaluación de unidades docentes y formativas.
e) El informe sobre programas y criterios relativos a la formación continuada de los enfermeros, especialmente los que se refieran a la acreditación y la acreditación avanzada de profesionales en áreas funcionales específicas dentro del campo de la especialidad.
h) La propuesta de creación de áreas de capacitación específica.
Moita fariña que moer... moita influencia. Por elo se está a desenvoltar unha liorta política ó redor dos seus membros; os catro sinalados no apartado b) do punto 1 do artigo 8 do citado RD correspondentes á comisión de RRHH do SNS foron nomeados no pleno do pasado día 19 (non atopo a listaxe nen a acta; apenas unha nota de prensa) desencadeando a crítica do Consello Xeral de Enfermeiría (CXE) que , apoiandose nas "principais sociedades científicas" acusa ó ministerio de:
no emplear criterio de selección alguno y ha decidido que ni siquiera va a intervenir en el proceso. Así, la frivolidad llega a tal extremo, que en los supuestos en los que concurren más de una sociedad científica a estos puestos de representación en las comisiones nacionales, el ministerio ha optado por citarles a todos en un despacho para que, entre los diferentes interesados, discutan y se pongan de acuerdo sobre cómo quieren distribuir estas plazas.
Con esta decisión el ministerio está equiparando a las sociedades científicas con prestigio y peso específico dentro del campo de cada especialidad con asociaciones de enfermería que nadie conocía hasta el momento y que no tienen publicaciones, ni socios, ni páginas web y muchas de las cuales no tienen ni tan siquiera actividad acreditada ni han celebrado un solo congreso.
claro que o CXE tampouco vai a dar a coñece-los criterios de publicacions, socios, divulgación ou actividade que vai a empregar para nomear os vocais que lle corresponden en virtude do apartado d) do citado artigo 8.1. Para o colexio o maís importánte é que:
No queremos que determinadas personalidades que son verdadera referencia científica y profesional en la especialización que representen se queden fuera de las comisiones.
Polo que vai a retrasar o nomeamento dos vocais que lle corresponden.
Entón eu pregunto: ¿O problema son os criterios ou as persoas?.

Mais non é esta a única fronte que retrasa a posta en marcha das especialidades enfermeiras; na mesma xuntanza da comisión de RRHH do SNS tíñanse que ter nomeado os compoñentes da comisión mixta que prevee a disposición transitoria segunda do RD 450/2005 e que xa se anunciaran para Marzo. Na mentres a web do ministerio de educación segue a mostar o cadro de especilaidades do vello RD 992/1987. A citada comisión mixta interministerial (coñecida como 'sandwich') vai ser a encargada de emiti-la orde onde se concreten os aspectos das vias transitorias de acceso, analiza-las solicitudes que presentemos para o acceso á especialidade pola vía extraordinaria e de propo-la admisión ou exclusión á proba obxectiva de acceso.

Esto semella unha guerra de desgaste na que cada quen emprega as súas armas e ten os seus obxectivos; eu agora me explico a campaña de recollida de solicitudes de acceso pola vía transitoria 2ª que está a facer o Colexio.

Aló vimos...

Publicou hoxe o BOCyL a convocatoria do concurso de traslados "normal" do SACyL e, polo tanto escomenza o camiño cara ó Bierzo da mais completa metade que coñezo...
Ten boa gracia que o 'tema Verín' veña xa resolto na convocatoria pois: "serán admitidos como servizos prestados como persoal temporal os servizos previos rexoñecidos a efectos da antigüidade". Queda, pois fora de toda dúbida o tema.

Mais, coma sempre que se quere resolver un problema xurden temas novos. O novidoso xeito de recoñecer os servizos previos ten a 'pega' de que os centros e servizos de saude das outras comunidades non teñen porqué facer certificacions de servizos prestados fora do ámbito da súa competéncia; a iso hai que engadir que se esixen os certificados nun modelo (ANEXO III) que se publica coa própia convocatoria ( ¿U-la a coordinación do Consejo Interterritorial?) o que vai 'traer cola'.

Tamén vexo algo problemático que a instáncia de solicitude se faga cun progarma que debes descargar no PC, introducirllelos datos para que logo o programa faga unha impresión 'directa' (non permite modificar nengún parámetro da impresión) do documento de solicitude insirindo nel un código de puntos cos datos (ó estilo das declacions de IRPF). Esto fará que gañe rapidez o proceso mais tamén fará que moita xente recúe só por terense que enfrontar a unha descarga, instalación e manexo da citada aplicación cando non polo simples feito de que a súa impresora non é boa dabondo para que o citado código de puntos sexa válido para un lector de datos.

Ó cabo, que xa estamos nelo.

Os deberes por facer.

Vou aproveitar que se achegan as eleccions para xunta de persoal para facer capítulo das reivindicacions que, no meu xeito de ver, deben levar os representántes LABORAIS dos traballadores da sanidade pública ás diferentes mesas de negociación.

OPOSICIONS E TRASLADOS
  • Remate da santaopextraordinaria sen menoscabo do cumprimento rigoroso da legalidade nel establecida (a 'rolda interminable')
  • Convocatoria regular de traslados e oposicions segundo a normativa vixente.

REFORMAS DOS ESTATUTOS
  • Eliminación da obrigatoriedade da "xornada complementária".
  • Articulación dos dereitos de protección (por violencia de xénero, mobbing etc.) e de conciliación da vida familiar e laboral mediante o traslado (definitivo e/ou temporal) como procedemento administrativo (sempre que existan vacantes no destino solicitado) e non como potestade.
  • Posta en marcha dunha carreira profesional real que motive ós profesionais e incentive o traballo de i en calidade, investigación e docencia

MELLORA SOCIOLABORAL
  • Posta en marcha de guarderías cos horarios necesários e tarifas ventaxosas nos centros nos que se detecte unha demanda deste servixo
  • Implantación dunha tarxeta de transporte nos centros nos que sea preciso cunha notable diferencia coa tarifa normal ou gratuito
  • Traballar a tódolos niveis (concellos, consellerías, ministérios, xuntas veciñais) para conquerir faclidades para os medios de locomoción non contaminantes (carris bici, aparcadoiros etc.)
  • Posta en marcha de economatos para os traballadores das áreas sanitárias


Logo reclamaría un autoexame serio do que se fai realmente coas horas sindicais e desa xa comentada laboura de oposición política que, ó final non se sabe si vai ou ven e senon xa veredes como actúan no caso do CentroSS de Villablino.