Google+

De estratexia a estratexia e deixo o meu punto de vista.

Vai uns días SACYL publicou a estratexia de atención ó doente crónico 2024-2030 (si, 2024)... voulle dar unha volta, ou dúas.


E fixen un fío en X e BlueSky para elo; mais agora mentras coido da "fermosa durminte" o fago entrada do blog.

A anterior estratexia era de 2013 e constaba destes 3 obxectivos estratéxicos e 7 liñas estratéxicas. 


No novo, unha vez descritos os marcos normativos e o alineamento coas estratexias do entorno (OMS, Europa, ministerio) se pasa a describi-la situación comenzando pola situación demográfica na que se empregan os datos do INE que corroboran o envellecemento da poboación esta comunidade... 


mais na pirámide da proxección de poboación hai un detalle que non sei si é esperanzador ou "rechinante".

Si en 2023 o dato de 0 a 4 anos é "x" en 2033 o dato de 10 a 14 anos debera ser igual... mais resulta que é maior. O mesmo acontece noutras idades... Cóntase coa inmigración? non sei; ahí o deixo.

Logo de menciona-la esperanza de vida pasase á distribución da poboación algo que afecta e moito ó reparto dos recursos mais no que apenas se afonda... e que ten "colaterais" no que respecta ó despoboamento.

Cecais consonte a isto se fan alguns esforzos para mellora-la accesibilidade mais tendendo á tecnoloxía e a facilita-lo desprazamento dos usuarios (transporte a demanda) e non achegando ós profesionais ós núcleos de poboación.

de ahí se pasa a describi-las prevalencias dos determinantes de saúde... enfocados así e non como os "resultados clave" do traballo estratéxico da consellería. 
De feito case tódolos datos saen da enquisa europea de saúde que fai o INE comparando 2014 e 2020 no conxunto do estado e Castilla y León.




Mais respecto ó miolo do tema en cuestión que son procesos especialmente relevantes en cronicidade si se empregan datos do que debera se un sistema de información de saúde do século XXI. Os de esta gráfica xa abondarían para poñer en alerta a calquera...


O incremento en fraxilidade se pode deber a posta en marcha dun programa específico con formación para os profesionais e a súa inclusión nos obxectivos dos PAG mais ainda así representa un reto para o sistema sociosanitario da comunidade.

Ó tempo enfatízase a importancia da estratificación da poboación como medio para brindar unha mellor atención e ofrecense datos como este onde se ve a grave disxuntiva dos sistemas de saúde: previr antes do 64 ou coidar dempois (así en "bruto").


Pódese apreciar que unha alta porcentaxe da poboación xa ten ó menos unha condición de cronicidade antes dos 64 anos... iso condiciona que no tramo de maiores de 64 case un 30% da poboación xa teña unha complexidade moderada cunha patoloxía crónica en estado avanzado (G2) e que xa precisan mais atención ou pluripatoloxícos serveros (G3) no que se engaden necesidades sociais... cousa que o sistema aborda agora de xeito agresivo e tecnolóxico e non como necesidades de coidados sociosanitarios.

Logo hai unhas cantas páxinas sobre as estratexias xa despregadas e/ou en desenrolo que uns dirán que son "automasaxe" e outros poden calificar como un bó inicio e que eu percibo no escalón das boas intencions sen medidas que forcen ós niveis locais de xestión a FACELO.

Pásase de seguido a describi-la metodoloxía de elaboración da estratexia que escomenza por un DAFO (mellor dito 3). A gráfica de resumen é elocuente. A Junta de Castilla y León ten asumidas as competencias da prestación sanitaria dende 2002 e algunha eiva a arrastra dende entón... ou antes e teño falado abondo delo neste blog.


De seguido entrase nas 9 lineas e 27 obxectivos da estratexia. Só deixo unha pincelada da linea 1...


Ao que se ve as persoas que fan a estratexia (e quen a revisa) é consciente do problema da dispersión poboacional na comunidade.

Logo ven o plano de despregue e implementación cun cronograma no que xa se detallan as 126 accions en prazos, digamos, orientativos.


E para rematar se explica a monitorización con esta explicación Os indicadores clave "iniciais" semellan feitos para outra cousa e, para min, demostran o feble do sistema de información de SACYL (a falta de integración recoñecese como "Debilidade 1". O grande reto é melloralo... porque sen datos a IA non vai dar resultados e CyL como outras CCAA está a poñer gran parte do seu esforzo nesa teima.



E de coidados qué? Pois eiquí vos deixo algunhas das accions propostas nas lineas 4 e 5 Con enfoques ben diferentes as primeiras semellan que abordan a "Debilidade 4" e as outras a "Debilidade 5"... é doado criticar si esas medidas son efectivas ou non para abordar eses problemas mais se non se é quen de propor alternativas concretas a crítica queda en ruido.




Haberá que ver qué indicadores de estructura, proceso e resultado se propoñen porque xa se sabe que sen indicadores non hai xestión. 

E claro, a grande eiva de todo esto é a transparencia deses resultados de cara ós profesionais e de cara a poboación e neste caso tanto a nivel de toda a comunidade como por áreas (xerencias) de saúde.

Todo é mellorable e para abordar un dos grandes problemas da nosa sociedade fai falla un enfoque multidimensional e multiprofesional e unha variación no esforzo da CCAA que segue a investir moitos recursos en tecnoloxias caras e pouco en persoas que coidan.

En fin, que quería deixar esto no blogue porque teño a sensación de que se vai conservar mais tempo e vai ser mais visible.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input