Google+

Ollo, que molesta.

Teño que escribir esta entrada non para "denunciar" nada que non se coñeza senon por explicar porqué fixen algo que non adoito a facer: Borrar un chio.

En concreto este:

A historia é un pouco longa; mais non vos vou a incomodar coas cifras desta tráxica pandemia (1) nen cos mais de 30 anos que vai que a violencia contra das mulleres é un eixo das actuacions pola saúde da poboación da ONU (2) constituindo un dos "temas" da OMS (3).

Nen como tanto as organizacions gubernativas supranacionais europeas como o estado español a teñen integrado nas estratexias de atención sanitaria á poboación. 

En Castilla y León a Gerencia Regional de Salud (GRS) ten incluida a "detección precoz de mujeres víctimas de violencia de género" na carteira de servizos dende finais de 2008 (4)

e o pasado 22 de novembro se fixo unha reunión do equipo do noso centro para ver a evolución das coberturas dos programas na que se falou do escaso cumplimento deste obxectivo; aquí o dato.

Falouse da dificultade de "entrar" no tema e de que moitas mulleres non son quen de recoñecer os sinais que pronostican un risco de violencia contra delas.

Así pois algunhas compañeiras decidiron facer unha actividade que favorecese esa identificación de signos previos; aquí a vedes pouco dempois de ser colocada a tarde do 23 de novembro.

Unha actividade moi neutra que enfatiza certas conductas que poden indicar risco e que, á vista está, se alinea perfectamente coas estratexias, programas, plans e obxectivos da GRS.

Tan ben me pareceu que a tuitei o 24 ás 13h tras comentar no grupo de enfermeiras do centro "al twitter que va"... cando saín de nadar vin que varias compañeiras me respostaban que non o fixera... e, coidando que se trataba dunha foto do interior do centro ou que a activdade non fora posta en coñecemento da dirección borrei o chio.

Pois ben; o que pasou foi que pasadas unhas poucas horas da mañan do 24 de novembro se recibiu unha chamada dende a xerencia para que a actividade fose retirada pois "fería sensibilidades". Esa tarde os grupos do centro ardían e xa vin que fixera mal en retira-lo chio porque a actividade si que contaba non só con autorización senon coa felicitación da dirección.

E así atopei a actividade no cubo de lixo do baño de persoal cando fun traballar pola tarde.

 

Evidentemente deixar a nosa sorpresa nun grupo de mensaxería correspondese con deixala nuha "queixa de salita" así que se enviou un escrito colectivo á xerencia manifestando a desorientación que esta retirada causa pois, polo mesmo motivo, non sabemos si se pode preguntar ás persoas si se queren vacinar ou si se queren facer doantes de sangue por exemplo. Ese escrito presentouse hoxe.

Eu son pesimista no que respecta a que se nos aclare nada do feito porque cecais non van os "argumentos" por onde tod@s pensamos...

A pista ven deste tuit do concello de Ponferrada que fixo o que soen facer as institucions nesta data... escenificar a repulsa fronte á violencia contra das mulleres. Si ben é certo que non houbo declaración institucional por falta de unanimidade (como puxen no chio) qué sentido ten obrigar a retirar unha actividade nun centro de saúde e non "protestar" porque o concello fai esto? Algo non cadra.

E tampouco semella que a nivel da GRS se teña deixado de lado este problema pois o mesmo 24 de novembro recibimos este correo dende a Dirección General de Salud Pública:


 Así pois:

Lamento ter retirado o chio tanto como lamento que se retirase a actividade.

A miña teoría é que poda que nos atopemos cunha versión "intermedia" da coñecida "relación fotosensible".

PD: Entrada en galego porque quero, porque me gusta, porque me peta, porque si, porque me sae de ahí.

Referencias:

1) https://www.who.int/publications/i/item/9789240022256

2) United Nations. Declaration on the elimination of violence against women. New York : UN, 1993.

3) https://www.who.int/health-topics/violence-against-women

4) https://www.saludcastillayleon.es/profesionales/es/violencia-genero/documentacion-castilla-leon.ficheros/234297-Cartera%20de%20servicios%20Violencia%20de%20G%C3%A9nero.pdf