Mais aló do boton vermello.


Agora que os meus vellos andan tamén co trebello ese da teleasistencia que non deixa de ser mais ca unha alarma portatil (vale, con confirmación telefónica) o certo é que viña eu cavilando en que unha vez que unha persoa dependente ten unha liña telefónica fixa serían mais cousas as que se poderían facer...

Foi entón cando lin esta nova en Código Cero e me sorprendin de ver o cerca que estaban as miñas 'phantasias' destes 'proxectos' de realidade.

Tratase dunha colaboración entre a UDC e a UVi con empresas privadas e apoio institucional; cun obxectivos iniciais mais ben modestos e realizables que poden servir de 'enganche' para futuras aplicacions... dempois de todo:¿non fixeron nestes 10 anos do "monocultivo da vellicie" unha industria en algunhas bisbarras?. Cando estudiamos enfermeiría sempre se nos dicia que a Xeriatria representaba unha grande oportunidade no campo dos coidados e que era o "territorio enfermeiro" por exelencia pois nel as relacions profesionais adquiren mais equilibrio.

É de agardar que coa tecnoloxía se poda demorar ou evitar o ingreso en centros colectivos de quen non o desexe e tamén será posible ofertar certas asistencia e instruccions que melloren a vida dos nosos maiores.
Publicar un comentario en la entrada