Google+

Cabronada

Pode soar un pouco forte; mais eu coido que é o que é: Unha cabronada. Xa sei que nas ocasions anteriores nas que me tocou "papelexar" (pelexar cos papeis) no mes de Santiago sempre foi para ben, mais...Ando todo a mañan colgado do teléfono, enviando fax e ainda así vou ter que ir ate Ponferrada para coller o nomeamento (espero que xa compulsado). E pregunto ¿porqué Agosto non é 'habil' e Xullo sí?; coido que a resposta está coma sempre no obxecto de traballo. Os papeis poden esperar, as saude e a vida das persoas non.

Estade atentos ó prazo porque nin eles saben ben cando remata; tende en conta que o dia da patria (25 de Santiago) é festivo en segundo que comunidades... No teléfono de información (91-3380167) dixéronme que: ¡¡¡o prazo remata o 28 ou o 29 segundo en cal comunidade entregues a documentación!!!. E tan anchos. Tamén me dixeron que NON é precisa fotocopia compulsada do DNI coa instáncia; e que vai ser o 'organo convocante' (algo xa intelectualmente intanxibel) o que determine cantas vacantes xurden 'a resultas'.