Google+

Carreira

Non, non me trabuquei de blog...

Na derradeira entrada; cando argumentaba as interferencias entre os actores do "mundillo" sanitario pasei por riba da carta do presidente do "Consejo de colegios profesionales de diplonados en enfermería de Castilla y León" (enfermeriacyl) que entraba na negociación aberta cunha serie de esixencias:

  • Que a carreira non sexa reversible

  • Que a retribución da enfermeira sexa o 80% ca do médico cifrandoa en 2500€/ano para o 1º grao

  • Que se pague con caracter retroactivo a 1º de Xaneiro de 2006.


Mais agora quero eu por os meus argumentos enrriba da mesa.

Dende que se publicou a primeira referéncia lexislativa á carreira profesional no B.O.E dentro da lei 16/2003 (.pdf) de cohesión e calidade do SNS e, na súa articulación legal, tanto na lei 44/2003 (.pdf) de ordenación de profesions sanitarias como na 55/2003 (.pdf) do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saude a característica mais repetida nos textos legais respecto a este sistema de recoñecemento é:INDIVIDUALIZAD@.

¿Que veño a dicir con isto?; sinxelo: Dúas persoas con 20 anos de traballo NON teñen porqué ter o mesmo grao de recoñecemento. Ou non. Porque as variantes implicadas poden ser moitas e os meus 'tiros' van por outra parte.

Si no "Informe del Grupo de Trabajo del Consejo Asesor de Sanidad: "Carrera Profesional de las Profesiones Sanitarias" de 2002 (copia google) se dí:
La finalidad inmediata de cualquier modelo de Carrera Profesional es la motivación e incentivación de los profesionales sanitarios
¿Que motivación pode ofrecer unha vez acadado certo grao si este non se pode perder?. Para facer unha nova escala de antiguidade ("quinquenios") podémonos aforra-las comisions de negociación, as de avaliación e de recoñecimento e... Coido que está clara a miña posición. A carreira profesional DEBE ser reversible nos seus graos mais altos. Pois Experiencia non é igual a tempo traballado.

Outro tema moi diferénte é a seriedade, obxectividade e rigorosidade dos criterios, indicadores, estándares e métodos de avaliación da actividade profesional individual, das publicacions, investigacions e docencia.

Como xa referín cando coñecin o "borrador inicial de carreira profesional da GRS" outro tema a ter en conta vai se-lo traballo extra que estas avaliacions van supor; tanto si se empregan comisions (como dí o documento) como si se reurre á "revisión por pares" (coma en Canarias) a cantidade de informes i "elementos de apoio" vai supor unha auténtica marea de papeis sobor de todo nun primeiro momento cando a nosa 'madurita' plantilla (idade media 38) solicite consecutivamente os 3 niveis (5 anos de servizos prestados por nivel) que lle poden corresponder.

Cecais por iso moitos servizos de saude nos que xa está implantada a carreira profesional caeron no erro de non facela reversible e de incluir escasos criterios de avaliación... Pan para hoxe GASTO para mañan.

A miña proposta é que os dous primeiros graos dispoñan dun sistema de avaliación mais sinxelo: autocumplimentable, contrastado entre traballador e superiores e recurrible via "pares", pero mais completo e rigoroso e que NON sexan reversibles.

Os seguintes dous graos deben ser reversibles e ter un sistema de avaliación tanto de acceso como de permanéncia mais detallado (comisions mixtas entre administracion, colexio e sociedades científicas, docentes e profesionais; informes externos e revision "por pares" segundo o aspecto a avaliar) e con vías de recurso por parte dos interesados (Tamén un 'sistema de arbitraxe')

A creación dun quinto grao reversible e con "numeros clausus" pode ser unha ferramenta de xestión a ter en conta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input