En tódalas facetas da vida i en tódalas actividades humanas non cabe dúbida que sempre temos en mente un ideal que tentar conquerir, mais tampouco é de dubidar que ese ideal soe trocar segundo as circunstáncias.
Dende que escomencei a miña andaina profesional veño criticando certas 'interferencias' entre os distintos axentes que interactuan no eido sanitario. Agora ese 'Guirigai' plásmase institucionalmente no Consello Galego de Saude un órgano presentado onte pola conselleira de sanidade co galo de animar á cidadanía "a participar nas decisións en materia de sanidade". Mala participación si neste consello consultivo só 6 representantes dos seus 48 membros proveñen das asociacions de consumidores mentres que 22 son de 'designación política' (administración autonómica, FEGAMP e diputacions) co que resultará doado acala-la opinión dos usuarios.
E que se pode pedir nun eido no que os sindicatos fan mais labor de oposición política que reivindicación laboral impulsados, iso non se pode negar, polos resultados: Cada vez que unha 'nota de prensa' sindical fala de problemas na atención sanitaria a cadea acción-reacción leva a administración a sentarse nunha mesa a negociar. Mentras que si se reivindican Garderías para o persoal (maioritariamente femenino), transporte subvencionado/gratuito ó centro de traballo (maioritariamente nas aforas e con horarios pouco compatibles),Roteiros e aparcadoiros seguros para bicicletas e outros medios de transporte non contaminantes, Economatos (Coa cantidade de persoal que teñen a maioría dos centros a lóxica oferta-demanda xogaría a prol dos compradores)... si se reivindicara iso... ren.
Xa a imprescindible formación continuada estivo abandoada ó voluntarismo dentro de cada institución e logo foi entregada a unha fundación (Por certo, ¿integrarase a FEGAS no SERGAS?) que tardou ainda un pouco en ofertar uns programas descentralizados e non focalizados só na xestión (cecais lles falta agora internarse na senda do 'desenrolo modular' e os convenios coas universidades).
Que se pode pedir cando os colexios profesionais semellan sindicatos cando non empresas de "venta de puntos" ou esperpentos do século XIX organizando ceas e desfiles de moda... E digo esto tra-lo recente comunicado do Presidente do 'Consejo de Colegios (...) de Castilla y León' no que textualmente dí "Son los sindicatos los que tinen que negociar los temas laborales, cuestión que respetamos profundamente..." para a continuación detallar a posición do colexio na negociación da carreira profesional co SACYL incluindo porcentaxes, retribucions por nivel i... a esixencia de que a carreira NON sexa reversible. Eu coido que iso é entrar nunha negociación como un elefante nunha cachareria.
Logo temos ás asociacions de profesionais científicas ou administrativo-políticas (léase FADSP) que teñen o difícil papel distinguir os problemas na práctica profesional e os problemas que a organización e a limitación dos recursos pode xerar. Asociacions que, como os sindicatos, soen dicir que falan 'en nome dos usuarios'... e volto ó punto inicial.
¿Quen debe falar no nome dos usuarios? é a cuestión fundamental.
¿Qué quere conquerir a sociedade do seu sistema sanitario e canto pensa investir nel?.
Son galego, non esperariades que rematase facendo unha afirmación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input