Google+

Xadrez

É o xogo dos poderosos por exelencia; non en van o "patentou" unha das mentes mais perclaras e inquedas que deu a Peninsula Iberica no seu esplendor histórico. Agora que a parte "grosa" dos movimentos de pezas semella ter rematado con mais ou menos fortuna nos trocos é o momento de porse en marcha de verdade.

Que orientación estratéxica ten esta equipa?. As verbas CALIDADE, FORMACIÓN e INVESTIGACIÓN serán algo mais ca recheo no papel?. Implantarase de modo xeral o método de traballo por plans de coidados?. Adoptarase algunha innovación no eido da motivación do persoal cara a mellora continua?...

Do xogo queda algun fleco importánte (como o fleco legal aberto polo intercambio de comisions) mais é hora xa de centrarse porque dende arriba esixen reformas organizativas para respostar a acordos asinados e dende abaixo ansiamos alguén con capacidade de liderazgo para que a enfermeiria teña o papel que lle corresponde nunha organización como a nosa.

¿mecanismos mal empregados?, mecanismos mal diseñados

No eido da administración prodúcense a cotio situacions que semellan kafkianas, inxustas, nepóticas ou clientelares. O que mais soe indignar é a "cobertura" lexítima que atopan esas situacions realizadas en uso de mecanismos administrativos caducos deseñados para outros fins e que derivan no cáseque único uso como "porta falsa".

Dous exemplos dos mais coñecidos son: A liberación sindical e as Comisions de Servicio. A primeira é evidente que NUNCA se vai reformar nen reorientar para que volte a cumplir a súa función pois a administración mantén contento a quen debera ter sentado á fronte e os liberados e as súas organizacions... non teñen porqué ter interés.

A segunda coa excusa de servir para solventar situacions familiares e particulares moi difíciles saiu do seu emprego para postos de confianza ou que requerisen certa cualificación da que non se dispuña no centro solicitante e agora son o "caixón de sastre" da colocación administrativa. Coido que un mecanísmo que é subxectivo e discrecional non pode ser considerado por que representa ós traballadores en función dos "casos sociais" que axuda a solventar, mais ainda cando se trata dun mecanismo temporal de ida e volta. Si se quere ter un xeito de axudar á xente nos seus problemas de distanciamento familiar (poño por caso) a solución pasa por un DEREITO: no meu xeito de ve-las cousas unha especie de concurso de traslados permanente ou de convocatoria anual obrigatória(coma na educación)cun baremo obxectivo para que cada quen soubese ó qué aterse. Se cadrar tamén se podería inclui-la figura do "traslado por familia" (coma o antergo "traslado por consorte").

Os movementos se suceden coma os "tempos políticos" xa aprendemos que QUEN SE MOVEU NON PINTOU NA FOTO e que QUEN SE VAI DA BOCA SE VAI DO DESPACHO agora toca ver quen se monta no ascensor e a quen pilla na viaxe.