Google+

¿mecanismos mal empregados?, mecanismos mal diseñados

No eido da administración prodúcense a cotio situacions que semellan kafkianas, inxustas, nepóticas ou clientelares. O que mais soe indignar é a "cobertura" lexítima que atopan esas situacions realizadas en uso de mecanismos administrativos caducos deseñados para outros fins e que derivan no cáseque único uso como "porta falsa".

Dous exemplos dos mais coñecidos son: A liberación sindical e as Comisions de Servicio. A primeira é evidente que NUNCA se vai reformar nen reorientar para que volte a cumplir a súa función pois a administración mantén contento a quen debera ter sentado á fronte e os liberados e as súas organizacions... non teñen porqué ter interés.

A segunda coa excusa de servir para solventar situacions familiares e particulares moi difíciles saiu do seu emprego para postos de confianza ou que requerisen certa cualificación da que non se dispuña no centro solicitante e agora son o "caixón de sastre" da colocación administrativa. Coido que un mecanísmo que é subxectivo e discrecional non pode ser considerado por que representa ós traballadores en función dos "casos sociais" que axuda a solventar, mais ainda cando se trata dun mecanismo temporal de ida e volta. Si se quere ter un xeito de axudar á xente nos seus problemas de distanciamento familiar (poño por caso) a solución pasa por un DEREITO: no meu xeito de ve-las cousas unha especie de concurso de traslados permanente ou de convocatoria anual obrigatória(coma na educación)cun baremo obxectivo para que cada quen soubese ó qué aterse. Se cadrar tamén se podería inclui-la figura do "traslado por familia" (coma o antergo "traslado por consorte").

Os movementos se suceden coma os "tempos políticos" xa aprendemos que QUEN SE MOVEU NON PINTOU NA FOTO e que QUEN SE VAI DA BOCA SE VAI DO DESPACHO agora toca ver quen se monta no ascensor e a quen pilla na viaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input