Google+

Os "postes" non dan abondo, os hospitais tampouco.

Xa había tempo que a OMS avisara e as autoridades sanitarias puxeran en marcha medidas de prevención razoables...tra-la polémica nos USA sobor das vacinas a anunciada pandemia de gripe chegou.

Pode que favorecida por este inverno de néboas e frios extremos, pode que pola súa virulencia, pode que estivera de ser; mais este ano a saturación invernal dos hospitais pasou de "puntual" a "habitual" con máximos de "grave" como o que nestas datas de visita siberiana estamos a ter.

Como resultado os sitios onde habitualmente se colocan as esquelas non dan abasto. Estudiarase esta morbilidade co rigor do que se estudiou o caso da "vaga de calor de 2003"?.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input