Nesta fin de seman publicouse un artigo de Oriol Güell no que se califica ós xestores sanitários coma "Técnicos con man política".
No artigo faise unha pequena historia da xestión sanitaria en España escomenzando polos administradores contables dos tempos da "expansión do gasto sanitario" ate os actuais xestores todoterreo que coñecen a contabilidade, a psicoloxía da motivación e o traballo en equipa e, coma non, teñen coñecementos sanitarios mais ca dabondo para entender certas necesidades e prácticas.
O fondo do artigo semellame que é a petición por parte da Federación Española de Gestión Sanitária dunha maior profesionalización da xestión sanitaria partindo da base dunha definición común do perfil do xestor e da súa formación. Mágoa que esqueza a inclusión das bases da xestión e do seu "vocabulario" no ensino de grao dos profesionais sanitarios (se cadra porque non o considere necesario).
Non esquece o articulista nen os entrevistados o grao de "entendimento e comprensión da actividade politica" que deben ter os chamados a tan altas cotas... Eu boto de menos que se pida un perfil e unha formación común e non se pida un sistema de selección mais transparente en paralelo a esa formación i ese perfil.
Se cadra é que coñecen xente que adquiriu a súa "formación" coma delegado/liberado sindical e militante politico destacado e logo, unha vez como xestor, é capaz de "xetionar" movilidade interna e comisions de servizo para familiares e amigos e; coma traca final, estar implicad@ (chamolle eu "asinar") a própia comisión de servizo.
Eu recoméndolles ós señores da Federación Española de Gestión Sanitária que incluan entre os items do perfil a renúncia á plaza en propiedade (funcionarial e/ou estatutaria) como requisito do xestor "profesional" para evitar tantos e tantos casos de "facerse a casa dende arriba"; senon, ¿que risco ten quen toma as decisions e conque criterio vai toma-las decisions dolorosas si sabe que ten que voltar á area na que está a cuspir?. Salvo que conquira o abracadabrico do Tenorio de poder cobrar e non vir a traballar (e non está de baixa nen está no período de "adaptación" 'macuto dixit').
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input