Google+

Territorio ou reserva (?)

Cando os brancos conquistaron -de verdade- o oeste os poboadores foron despoxados dos seus territorios (parte da súa identidade) e foron confinados en reservas (terreos do Estado dos brancos en concesión).

Nestes días o goberno do estado ven de dar un importánte paso ó promulgaren o proxecto de "Ley de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las Personas en Situación de Dependencia" (.PDF 174 Kb) que pon as bases para o cuarto pilar do estado do benestar (Educación, Sanidade, Pensions e Dependencia).

A enfermeiría ten demostrado sobradamente as suas altas prestacions e mellor ratio calidade-prezo non só no coidado continuado e con "alta carga" senon tamén na atención de apoio xa non únicamente ás persoas con dependencia senon tamén como "consultora" das persoas que precisan coidados domiciliarios por doencias crónicas ou agudas; mais este papel non ven recoñecido neste proxecto de lei segundo opinan alguns...

O certo é que vexo os mesmos erros da implantación do dereito universal á sanidade: Rede de centros moi heteroxenea, Lexislación diverxente, Insuficiencia presupuestaria co agravante de tratarse dunha competencia compartida/transferida ás comunidades (incluso ós concellos) e cunha recente 'historia negra' no que á prestación por proveedores privados se refire.

O Sistema Nacional de Dependencia (SND) nace desmembrado e con moi diversa consideración segundo a comunidade da que se fale e que provocará a pronta saida a escea dos "España se rompe" que non é que fixeran nada por amplia-los dereitos das persoas dependentes, pero que ven boa baza polítca nesto porque a desinformación é o que ten.

Vexo con agrado que Galiza vai á par (senon diante) deste desenvolvemento lexislativo coa creación do Consorcio Galego de servizos de igualdade e benestar froito do sentidiño que se ven dando entre a FEGAMP e o goberno galego (cousa que non acontecera nos derradeiros 16 anos) e por elo é importánte comprementar esta rede cun bó apoio por parte dos servizos sanitários públicos e mais os privados que poidan xurdir (Enfermeiria -maiormente domiciliaria-, Podoloxia, Fisioterapia···) e investindo e promocionando a I+D+i neste eido para acadar desenrolos técnicos e tecnolóxicos que melloren a calidade de vida das persoas dependentes e/ou a súa comunicación.

Haberá que estaren atentos a como se desenvolve esta lei por parte de cada administración no marco das súas atribucions pois o "territorio enfermeiro" está claramente sinalado neste eido e non admite mais delegación ca que asume o 'coidador principal' e tampouco precisa mais tutela ou ordes que as estricatmente terapeúticas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input