Doscerismo e blogues
Na quentura da recente trifulquilla enfermeiromediquil e do descabezamento do CGE de vai uns días saiume un exabrupto respecto a unha páxina feita en blogger por Carlos Tardío. En concreto, o epíteto foi "NO-BLOG" e tamén empreguei, de xeito desdeñoso o termo "Tablón" xunto coa apostilla "é como o telexornal" por non permitir comentarios...
Dando voltas ó redor da pista de atletismo o pasado mércores cavilei nelo e lembrei o "I congreso da blogosfera sanitaria" no que tan mal o pasei porque a miña presentación non tiña 'producto que vender'... e agora coido que non; eu fixen unha presentación sobre un blogue que se supuña que era o que trataba o congreso.
O que aconteceu foi algo natural deste medio que é internet e deste pais iberico... os blogues quedaron atrás ou mellor dito quedaron diluidos nunha chea de canais/medios nos que a xerarquía da información que coñecíamos se ve alterada cada vez mais.
Así que si ben cada quen pode "tratar ó seu blogue como a súa casa", pero non deixa de ser certo que unha vez emitida a mensaxe deixou de pertencerche e que por boas ou por malas a xente vai respostar-reaccionar; asi que ¿de que vale non permitir comentarios?.
No fondo é como os tablons de anúncios dos pasillos... eu teño un compañeiro que ve un cartel e vai dereito a él cun rotulador... sempre conquire respostar-reaccionar de xeito 'chufla' ó que lle dín no cartel.
Non quita eso que se empreguen as ferramentas de moderación de comentarios pois a diferencia entre comentarios anónimos (que eu permito) e o spam merece a pena.
Así aconteceu na trifulquilla; é mais, a cousa disparouse xustamente pola teima de non permitir un comentario que enlazaba a unha entrada de resposta... claro que os Media Manager saben empregar esas estratexias para darlle pulo ó que lles interesa; neso está o xogo.
A época da información univoca, unidireccional rematou; o asunto é aclararse na revolta de información que nos rodea e non caer, como dí Azu, na "infoxticación".
Esto publicarase mentras eu vou subindo as rampas dende Villfranca cara a Dragonte con outros 400 tolos intrépidos homenaxeando a un home recentemente falecido e que fixo esta proba o ano pasado con 90 anos de idade: Julián Bernal; ahí queda eso.

Escribiuno/Writed by
XMMeijome
Ó
28.11.10
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
1 comentario:
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Me parece interesante el tema, pero no llego a comprender todo lo que has escrito, lo siento.
ResponderEliminar