A estas alturas caseque 'ten delicto' presentar un plano coma este e dicir que é innovador cando; en 1º lugar non é mais que un conxunto de actuacions planificadas para os próximos anos e tanto no resto do estado como na UE xa van moito mais aló.
Polo de agora non pasamos do titular da nota de prensa e os destaques rimbombantes como o de pedires consulta dende un caixeiro. Queda por ver si este plano vai por coto ós 'raiños de taifas' nos que se convertiron tecnolóxicamente certos centros/servizos empurrados pola industria, as necesidades (as de atender mellor ós cidadans mais tamén as de 'figurar' de alguns xefes de S.) e a falla de directices dende arriba.
Darlle unha estructura, planeamento, formalidade e sistemas comuns a toda unha rede sanitária non vai ser doado e tendo en conta a obrigada e necesaria coordenación non só a nivel estatal (Hª clinica, Diagnose por imaxe...) se non da UE (tarxeta sanitaria, sist. de facturación) cada paso debe ser reflexionado e consensuado para acadar unha solución polivalente.
Logo está o tema da formación; se ben no eido administrativo certo dominio da ferramenta informática xa está implantado incluso a nivel de temario de acceso ó posto de traballo, nas áreas críticas (as que 'fan o traballo' e xeran a información) por moi diversas circunstáncias (idade, acceso á formación...) non ten mais ca coñecimentos moi básicos das ferramentas das TIC e, o que é peor, non amosan moita inquedanza en adquirir eses coñecimentos.
Pódese discutir o feito de que a implantación da Imaxe médica dixital se escomence polos complexos hospitalarios grandes e non polos comarcais por aquelo da consulta "on line" co centro de referencia mais semella que acabará chegando...
Que o plano non estexa xa accesible dende a web non semella coherente, ¿non?.
O SERGAS insinúa as liñas da solución para os comarcais
O Director xeral de Asistencia Sanitaria compareceu no parlamento para contrarestar a manifestación que ese mesmo día se facía en O Barco por parte da plataforma pola sanidade pública (coa destacada ausencia do Alcalde Barquense); e informou da próxima incorporación dun anestesista e das negociacions con outros para por fin ó 'estado de combate' no hospital valdeorrés.Mais eu quero destacar que, logo de facer resposables ós gobernos anteriores por unha planificación deficiente, anunciou
Liñas estratéxicas comúns que solucionen a situación creada no conxunto da rede comarcal de xeito definitivo.Tamén anunciou outras medidas para o HCV como a realización das probas de Holter e a posta en marcha dun programa de administración de quimioterapia.
Así, decidiuse centralizar a totalidade das contratacións das especialidades con problemas de cobertura, como anestesioloxía, radiodiagnóstico, xinecoloxía e pediatría, entre outras, co fin de atender, de xeito prioritario, aquelas zonas máis necesitadas de persoa
Mágoa, medidas que xa estaban 'na recamara' hai algún tempo e que chegan agora. Sego sin entender porque se presiona a algúen para que acade unha responsabilidade e logo se lle "fai a cama" deste xeito. I é que nesto da POLITICA son un pardillo.