Google+

Desafiando á Intelixencia Artificial

 Non, non me trabuquei de título, non quería decir "o desafio da intelixencia artificial (IA)".

Leendo a editorial que enlazo no tuit do día caín en que análogamente ós "coidados perdidos" (Missed Care) concepto sobre o que xa teño escrito ; na xestión tamén a presión do sistema acada que se adique moito esforzo a actividades de "escaso valor" medido pola súa repercusión no resultado da actividade no benestar de pacientes e profesionais.

Lembrei una "tuitversación" con Enrique Castro en torno á hixiene de mans (a outra festiña de fotos e paripé do mes) na que apuntabamos a que en case nengún cálculo de "cargas de traballo" se ten en conta o tempo que hai que adicar a esta importantísima actividade.

E enlacei eso coa proposta de "cartera de servicios" no plano anual de xestión que se nos presentou ós equipos de atención primaria da GASBI e tratei de facer un cálculo do tempo que debería adicar a cumpli-los mínimos que en dita proposta se indican para o cupo de 1527 persoas ás que atendo...

MEDORA non é un aplicativo novo, xa ten as súas décadas; por iso "corre", ou mellor dito, "arrastrase" en explorer mais non é tan malo como GACELA e ten a vantaxe de enfocarse mais a como é a realidade asistencial. No tocante á agregación de datos, a "palanca" que transforma un sistema de rexistro nun sistema de información, presenta grandes carencias; por exemplo, a lista de posibles nomes para os procesos non semella seguir un estandar tipo CIE-10 ou similar.

Seguramente mais pronto que tarde dende consejería se implementará un sistema de IA para a axuda á diagnose nas probas por imaxe ou para a brinda-lo tratamento mais axeitado no cada vez mais complexo panorama da farmacoloxía "personalizable"... mais 

E si tratan de aplica-la IA ó cálculo do tempo de profesionais preciso para brinda-la atención que, segundo a evidencia dispoñible, precisan as necesidades da poboación?

Igual lles dá medo rebentar os superordenadores tratando de cadrar necesidades e cartos en entornos de "reducción da presión fiscal".

JTA outra crónica de decepción e fracaso


Como se pode apreciar na imaxe o pasado 14 de abril se publicou no taboleiro de dirección da GASBI (e seica tamén na intranet mais non o puiden atopar) o calendario para as eleccions á Junta Tecnico-Asistencial. A convocatoria tamén se enviou por correo electrónico pero non a tódolos profesionais implicados ou polo menos non a alguns que estamos en AP o que non sei si ten que ver conque a efectos da JTA non hai "integración" ou a cal outro argumento pode respostar.

En 2020 no ollo do furacán COVID se levou a cabo a elección para a JTA da GASBI e me presentei porque coidaba que podía "aportar la visión de los profesionales de los cuidados de “primera línea” con fundamentación científica y orientación a la calidad y la seguridad del paciente"

A xuntanza constitutiva tivo lugar o 28 de Xullo de 2020. No 1º ano o mais salientable que se fixo foi aproba-lo regulamento interno de funcionamento da JTA.


Durante 2021 o principal "cabalo de batalla" da JTA foi completa-los seus integrantes; reflexo da propia situación da GASBI na que unha boa porcentaxe dos profesionais, sobor de todo médicos de hospital, marcharon a outros centros e das mudanzas nas xefacturas de servizo por mor de xubilacions.

Traballouse, si no plano das comisions clínicas do centro tratando de rompe-la parálise que as afectaba vencellada tamén á mobilidade e rotación no cadro de profesionais do hospital porque é a JTA a que ten que dar o visto bó ás propostas de integrantes nas comisions "oficiais".

Asi pois, se fixo unha labor de tratar de normaliza-las comisions do centro escomenzando pola "cabeza" que sería a "Comisión central de garantia de calidad" composta polos presidentes do resto das comisions e que se encargaría de centraliza-la documentación do resto das comisions.

Eu solicitara a creación dunha comisión de "seguridad del paciente" para o área e tamén (consta en acta) preguntei polas "unidades funcionales" que ata 2016 funcionaran no centro e que para 2021 "no están activas".


Durante 2022 seguiuse traballando paseniño no tema das comisions clínicas dandose por pechadas tódalas comisions existentes anteriormente mais no remate do ano aínda non se constituiran mais que as comisions obligatorias (Comité de tumores e Bioetica) que non entraban nesa órbita.

Tamén se seguiron a renova-los compoñentes da JTA pois a cascada de xubilacions e traslados así o requería.

Como a JTA contén o órgano encargado de informar sobre a concesión dos módulos de atención continuada a maiores de 55 anos este foi outro tema no que se adicou tempo pois había dúvidas razoables sobre o prazo de presentación de solicitudes e resolución das mesmas.

Outra función da JTA e ser informada dos planos de xestión (obxectivos) tanto no intre da proposta como na súa resolución e si ben a información da proposta se pode considerar "provisional" e "sensible" e polo tanto susceptible só da opinión técnica dos seus integrantes coido que fallamos (polo menos eu) na difusión sobre a información da resolución dos PAG... en concreto ó de 2021 que, como lembraredes, non se cobrou ren porque si ben se acadaron os obxectivos clínicos non se puideron acadar os presupuestarios debido xustamente á situación de precariedade no cadro de médicos de hospital (principalmente) o que supuxo adicar recursos á actividade "extra" coa que paliar as ausencias.

Logo estaba o tema de dar resposta a situacions nas que en pouco ou nada tiña competencias a JTA como este escrito meu que en realidade estaba resolto mais mal difundida a información entre as profesionais.


ou outro dun servizo que precisaba saída a unha situación estructural grave.

No eido da actividade persoal ademais presentei esta solicitude para tratar de mellora-la transparencia no acceso ás comisions clínicas... 


Mais coido que topei co muro de silencio habitual no que tan cómodamente viven tantas enfermeiras.

En 2023 se consituiu a "Comisión de apoyo a la investigación e Innovación de la GASBI (CAIiBi)" que xa ten o seu regulamento interno e procedementos operativos e de todo iso se informou na derradeira JTA e coido que é precisa xa a súa difusión.

o PAG 2023 ainda está en negociación cos servizos e pendente de resolucion de algunhas alegacions presentadas mais semella que por fin o cumplimento dos obxectivos clínicos non se van ver anulados completamente por non acada-los obxectivos presupuestarios. 

Teño un bó amigo que adoita a dicir "excusatio non petita, acusatio manifesta" (ou algo así) e persoalmente sinto que non acadei os obxectivos propostos o que, sen dúvida, é o requisito fundamental para non optar a presentarme nesta ocasión.

Só desexo que quen teña as gañas de facelo e acade tal consideración poda ter mais calma e apoio para facer aquelo que non acadei.

CANDIDATURA

O prazo para presentación de candidaturas remata o 10 de Maio, só é preciso entregar un escrito na secretaría da dirección médica co nome, apelidos, DNI, categoría profesional, área de traballo e correo corporativo sinalando o posto da JTA ó que se opta.

nota final: Dado o pouco valor desta visión persoal e a nula acción de cambio entre as profesionais para ataca-los problemas mais aló das fotos "cuquis" Qué tanto ten que escriba esto en inglés, castelán ou galego?

A do conde contar.


En 2008 compartimos neste blogue unha traducción libre do poster sobre reconto de materiais, cortantes e instrumental da National Association of Theatre Nurses (NATN) do Reino Unido do que por desgraza xa non hai acceso ó orixinal e neste intre que vou deixar de traballar no bloque cirúrxico coido que é interesante facer un repaso do tema.

O certo é que os chamados obxectos retidos involuntariamente (ORI) tras unha técnica invasiva son sucesos pouco frecuentes (1:55000 ciruxías (1)) mais con consecuencias moi graves. Un tipo de evento chamado "Evento centinela" tamén coñecidos como "Never events"e como ben nos indica a Análise Modal de Fallos i Efectos (AMFE) a capacidade de detección deste evento acabará por determinar o seu nivel de risco.

Esa capacidade de detección non pode depender da atención dos profesionais senon que debe basearse en metodoloxías ben artelladas e cun adestramento axeitado de tódolos participantes a seren posible en situacions semellantes á realidade.

AS CONSECUENCIAS

A literatura(2,3) reflicte unha longa lista de complicacions primarias debido a un ORI asociado a procesos cirúrxicos: Adherencias, Encapsulacions, Infección, Absceso, Obstrucción intestinal, Fístulas, Perforacion instetinal, Dor, Complicacions vasculares (trombosis, embolización, arritmia, taponamento, perforación)... moitas veces os ORI conlevan prolongación da estancia, reintervención, perda de órganos ou tecido e tamén morte.

A DIMENSIÓN DO PROBLEMA

A The Joint Commission (TJC) para a acreditación de organizacions sanitarias nos EEUU obriga non só a ter un sistema de notificación dos eventos centinela senon á realización dunha Análise Causa-Raiz (ACR) dos mesmos que quedan rexistrados na Oficce of Quality an Patient Safety. O sistema recolleu entre outubro de 2012 e septembro de 2017 319 notificacions que implicaban que unha "surgical sponge" quedara no interior dunha cavidade de xeito non intencionado tras un procedemento invasivo(4).

Dos ACR se obteñen datos inquedantes; só nun 77,4% dos casos se realizara un reconto e deses casos un 80,6% foi dado como "Correcto". Eses datos indican alguns fallos non só na metodoloxía do reconto senon na súa aplicación.


Ter en conta que as "surgical sponges" (item textil: gasa, compresa, talla ou pano etc) son só unha pequena parte dos múltiples obxectos que poden quedar esquecidos durante un procedemento invasivo; instrumentos, agullas, drenaxes, guías, marcadores, mostras de tecido, implantes, fragmentos de embalaxe de productos... poden significar un serio problema para o paciente.

MIRANDO MELLORAR.

O certo é que no noso medio por seren un suceso pouco frecuente e pola tendencia a tratar de ocultalos a mellor defensa que se pode facer non é agardar a que xurdan notificacions xa que sería algo moi moi improbable e co nivel actual de cultura de seguridade non se podería levar a cabo un ACR como é debido así que o seu sería que tratar de artellar un marco axeitado dende o punto de vista do apoio formal (documentado) a uns criterios e unha metodoloxía de traballo e de rexistro que, baseados na mellor evidencia dispoñible, den resposta ós diagnósticos de enfermería implicados. (De xeito ilustrativo e non limitativo na NANDA: 00035 "Risco de lesión", 00266 "Risco de infección de ferida cirúrxica" e 00246 "Risco de retraso na recuperación cirúrxica").

E Cal é a mellor evidencia dispoñible? pois ó meu modesto xuizo a que proporciona o JBI(6) é concisa e completa; en todo caso coa evidencia un grupo multidisciplinar da axencia de calidade ou das sociedades científicas implicadas pode construir unha guia de recomendacions para a contaxe cirúrxica que sirva de referencia ás equipas á hora de redactar os seus protocolos de reconto.

Por desgraza, tal e como mostra o propio ministerio de sanidade(5), para buscar un "patrón de ouro" que tomar como punto de referencia temos que irnos ó extranxeiro co problema que representa o diferente do sistema de acreditación profesional e do sistema xudicial.

A nivel internacional as principales referencias de guías de recomendacions para a realización do reconto cirúrxico as proporcionan a asociación americana AORN(7), a asociación europea EORNA(8), a asociación autraliana ACORN(9) e a asociación canadiana ORNAC(10).

PREVIR MELLOR QUE TAPAR.

Calquera que teña traballado no eido da calidade sabe que non basta con coñecer a evidencia, ter unha guía de recomendacions ou ter un protocolo; trátase de conquerir unha aplicación desas recomendacions. O concepto de auditoría clínica(11) vai mais aló dunha medida de cumprimento duns criterios e se enfoca nun proceso de mellora centrado nun campo clinico do que se toma unha imaxe da práctica tal e como se realiza, se avalia esa práctica para identificar as melloras requeribles e as diferenzas coa mellor práctica recomendada, se realizan actividades para implementa-los trocos requeridos e volta a avaliar nun verdadeiro ciclo de mellora continua.

Qué pasaría no voso medio si se fai unha auditoría do reconto cirúrxico? por exemplo seguindo estes criterios:
1) Seguese estritamente un plantexamento coherente e normalizado do reconto cirúrxico.
2) A equipa perioperatoria participa nunha formación para a prevención de obxetos cirúrxicos retidos baseada no traballo en equipa.
3) Mantense un entorno óptimo no quirófano evitando as interrupcions nas tarefas críticas como o reconto.
4) Se contan todolos materiais textis, obxectos punzantes e outros materiais abertos no campo cirúrxico.
5) Deben contarse os instrumentos cando exista alto risco de se producir un ORI; por exemplo cunha cavidade corporal aberta.
6) Existe un proceso normalizado para a resolución das discrepancias no reconto.
7) No caso de existires discrepancias toda a equipa cirúrxica leva a cabo as accions precisas para localiza-lo ítem extraviado.
8) A documentación inclue o resultado do reconto cirúrxico, a notificación os integrantes da equipa cirúrxica, os instrumentos ou ítems deixados intencionadamente como paking e as accions levadas a cabo no caso de que houbera discrepancias no reconto.

Como vedes hai elementos da auditoría que apuntan a ós tres tipos de compoñentes da calidade asistencial; de estrutura, de proceso e de resultado ainda que este último sexa de deixo indirecto (as discrepancias nos recontos) porque como sabemos no caso dos Eventos Adversos o que se trata e de aprendermos non de "contalos".

É certo que nestes criterios pode que botedes en falta algún; eu por exemplo boto en falta a esixencia dun criterio de estrutura básico: "Existe un dispositivo para rexistra-lo reconto á vista de tódolos integrantes da equipa cirúrxica".


RESULTADOS

Aplicados os criterios anteriores cunha mostra de 43 intervencions temos que os criterios:

1) Non se cumpre aínda. Hai un protocolo "en proceso" na comisión correspondente do centro.
2) Non se cumpre. Non se fai formación de prevención de ORI nen está prevista.
3) Cumprimento parcial. Ó non ter un protocolo as interrupcions no proceso de reconto dependen das circuntancias concretas.
4) Cumprimento parcial. Nun 74,42% das intervencions se contaron os materiais textis ó abrise no campo, nun 6,98% das intervencions se contaron os obxectos punzantes, en ningunha intervención se contaron outro tipo de items abertos no campo cirúrxico.
5) Cumprimento parcial. Nun 18,6% das intervencions se contaron os instrumentos ó inicio e ó final da intervención.
6) Non se cumpre. Ó non haber un protocolo non existe un procedemento normalizado no caso de discrepancias.
7) Cumprimento parcial. Na única discrepancia observada o incidente foi resolto polas enfermeiras após dunha percura ordeada dentro e fora do campo cirúrxico.
8) Cumprimento parcial. O rexistro en papel só inclue si o reconto de ítems textis ou o seu uso como packing, o emprego de técnicas de imaxe no caso de discrepancias se pode rexistrar. No 44,19% das ciruxías o reconto foi documentado. Só nun caso se deixou un ítem intencionadamente (hemostático).
O rexistro no aplicativo GACELA só permite poñer si o reconto de gasas, compresas e instrumental é correcto. Como xa expresei na entrada anterior "son un paripé".

Temos pois, un punto de partida no que se pode dicir aquelo de "só queda mellorar"... 

Como colofón quero compartir unha referencia moi interesante; "Deseño dun proceso seguro para evita-los ORI: Unha análise modal de fallos e efectos (AMFE)(12) no que, salvando as diferencias da estructura profesional e funcionamietno dos quirófanos nos EEUU, se desprega unha boa análise dos riscos de ORI e se mostran datos como os seguintes:


Que son moi útiles para sabermos porqué ainda realizando un reconto a conciencia este pode resultar falso.

BIBLIOGRAFÍA

1) Cima RR, Kollengode A, Garnatz J, Storsveen A, Weisbrod C, Deschamps C. Incidence and characteristics of potential and actual retained foreign object events in surgical patients. J Am Coll Surg. 2008;207:80.
2)Gawande AA, Studdert DM, Orav EJ, Brennan TA, Zinner MJ. Risk factors for retained instruments and sponges after surgery. N Engl J Med. 2003;348:229.
3) Lincourt AE, Harrell A, Cristiano J, Sechrist C, Kercher K, Heniford BT. Retained foreign bodies after surgery. J Surg Res. 2007;138:170.
4) Steelman VM, Shaw C, Shine L, Hardy-Fairbanks AJ. Retained surgical sponges: a descriptive study of 319 occurrences and contributing factors from 2012 to 2017. Patient Saf Surg [Internet]. diciembre de 2018 [citado 21 de diciembre de 2022];12(1):20. Disponible en: https://pssjournal.biomedcentral.com/articles/10.1186/s13037-018-0166-0
5) Ministerio de sanidad. Bloque Quirurgico Estándares y recomendaciones [Internet]. Madrid: MINISTERIO DE SANIDAD Y POLÍTICA SOCIAL; 2008 p. 300. (Estandares y recomendaciones). [citado 21 de diciembre de 2022] Disponible en: https://www.mscbs.gob.es/organizacion/sns/planCalidadSNS/docs/BQ.pdf

6) Whitehorn A. Evidence Summary. Operating Room: Surgical Counts. The Joanna Briggs Institute EBP. Database, JBI@Ovid. 2019; JBI5504

7)Recommendations-on-Prevention-of-retained-surgical-items-2019.pdf Cochran K. Guidelines in Practice: Prevention of Unintentionally Retained Surgical Items. AORN Journal [Internet]. noviembre de 2022 [citado 21 de diciembre de 2022];116(5):427-40. Disponible en: https://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1002/aorn.13804

8) Heen C, Sandelin A, Afraie D, Budiselic I, Elin M, Lepore M, et al. EORNA Recommendations on Prevention of retained surgical items [Internet]. EORNA; 2019.[citado 21 de diciembre de 2022] Disponible en:https://eorna.eu/wp-content/uploads/2019/05/
9) Australian College of perioperative nurses. ACORN Standards for Perioperative Nursing including Nursing roles, Guidelines and Position Statements [Internet]. 2013 [citado 21 de diciembre de 2022]. Disponible en: https://www.acorn.org.au/standards
10) Operating Room Nurses Association of Canada (ORNAC).  Standards, Guidelines and Position Statements for Perioperative Registered Nursing Practice (15th Ed)  [Internet] (2021) [citado 21 de diciembre de 2022]. Disponible en: https://www.csagroup.org/store/product/ORNAC-2021/
11)Pearson A, Field J, Jordan Z. Evidence Utilisation: Clinical Audit In:Evidence-Based Clinical Practice in Nursing and Health Care [Internet]. Oxford, UK: Blackwell Publishing Ltd.; 2006 [citado 21 de diciembre de 2022]. Disponible en: http://doi.wiley.com/10.1002/9781444316544
12) Steelman VM, Cullen JJ. Designing a Safer Process to Prevent Retained Surgical Sponges: A Healthcare Failure Mode and Effect Analysis. AORN Journal [Internet]. agosto de 2011 [citado 21 de diciembre de 2022];94(2):132-41. Disponible en: https://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1016/j.aorn.2010.09.034

Facer canteira cirúrxica

 Vai 4 anos contabamos con certo pesar a realidade dun relevo xeracional nos cadros de persoal de coidados nos blocos cirúxicos e cómo tratar de "reter" as experiencias e sabidoría desas pioneiras.

Mais está claro que a peza fundamental que garante os coidados é a formación básica das graduadas e como o sabemos de sempre, tratamos de fornecerlles dunha visión básica dos coñecementos e habilidades precisos para "sobrevivir".

En 2015 no bloque cirúrxico da GASBI fixemos un pequeno traballo "informal" no que tirando do noso coñecemento sobre o terreo e ollando referencias como o "Framework for perioperative competencies" da EORNA(1) fixemos unha priorización mediante unha enquisa ós profesionais do noso centro.

Daquela experiencia saliu un póster (2) para o congreso da ACIRCAL que se fixo en Ponferrada en 2015 cuia conclusions eran: 

"Mientras no se resuelva la especialización de enfermería en el área de cuidados especiales quirúrgicos estandarizar la formación de los alumnos del prácticum de enfermería les proporcionará unos conocimientos básicos como punto de partida inicial a una posible actividad laboral en dicha área.

Sería conveniente disponer de una herramienta que permitiese valorar la adquisición de conocimientos por parte de las alumnas y su satisfacción con la planificación de las prácticas."

Para respostar á segunda parte das conclusions fixemos un intento de planifica-los tempos nos que os alumnos deberan ser postos en contacto con esas competencias/habilidades para acadar unha planificación das prácticas.


E tamén unha proposta de calificación das alumnas baseada na aquisición das competencias/habilidades segundo o seu nivel.


Mais non podíamos parar ahí e tiñamos que avaliar tamén a percepción das alumnas sobre a adquisición desas competencias/habilidades no seu paso polo quirófano con este formulario.


Os resultados os presentamos en AEES 2016(3) e volos resumo aquí:

"Se recogieron 21 encuestas de los alumnos de las 3 primeras rotaciones en el bloque quirúrgico durante el curso 2015-16 la media total de la puntuación asignada por los alumnos fue de 4,53±0.77 

Sólo 4 competencias promediaron por debajo de 4 todas con DE muy altas; 3 de estas son las referidas a conocimientos de esterilización. 

Casi la mitad de las competencias mostraron DE superiores a un tercio de la media. 

Los alumnos que rotaron en anestesia y URPA otorgaron una puntuación media de 3,41±1,44 y los de Quirófano otorgaron una media de 5,10±0,81 resultando la diferencia significativa (p=0,012). 

No se observó diferencia entre ninguna de las rotaciones, tampoco entre el tipo de competencia (básica, avanzada o experto). 

Se observó diferencia significativa entre las competencias relativas a la seguridad del paciente (4,65±0,72) frente a las que no lo están (3,94±0,79)."


Mais topamos coa "realidade" de que á hora da avaliación académica das alumnas as competencias/habilidades que nós valorabamos non cadraban coas que marcaba a "signatura"... 


No curso 2019/20 sendo profesor asociado da Universidade de León non fun quen de acadar unha adaptación e cheguei a pensar que este problema non lle preocupaba a ninguén ata que atopei este artigo "Development and psychometric testing of Perceived Preoperative Nursing Care Competence Scale for Nursing Students"(4) entón a pregunta volta a ser; Perciben os alumnos que as súas competencias son avaliadas axeitadamente?

E A qué ven todo esto?; como contei un par de anos dempois daquelo comenzou un relevo xeracional no noso bloque cirurxico que coa pandemia se precipitou e dándolle voltas coido que si queremos asegurar un relevo xeracional deberamos reformar a formación básica dos alumnos e ter un forte programa de formación continuada para @s profesionais que, por mor da tolemia das listas de contratación "todos para todo", acaban traballando en quirófano... e nelo as sesions clínicas teñen un papel fundamental mais diso falarei noutra entrada si podo.

Bibliografía.

1) https://eorna.eu/competencies/ (o documento actual no se corresponde co consultado pois foi actualizado en 2019)
2)E Vidal M, L Panero D, C Bernedo G, et al. Propuesta de plan formativo para enfermería pregrado en quirófano Póster XVII Congreso ACIRCAL Ponferrada 2015
3)S Nuñez, Fernandez S, Fernandez C, et al. "¿Cómo ven los alumnos pregrado las competencias adquiridas en la rotación en quirófano? I Congreso internacional y III nacional de Enfermería y Salud: Tiempo de enfermería León 2016. 
4) Şimşek P, Özmen GÇ, Kemer AS, Aydin RK, Bulut E, Çilingir D. Development and psychometric testing of perceived preoperative nursing care competence scale for nursing students(Pprecc-ns). Nurse Education Today [Internet]. 1 de enero de 2023 [citado 4 de diciembre de 2022];120:105632. Disponible en: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0260691722003689

Canle de GACELA

 


Hoxe celébrase a "Jornada GACELA" de 2022 no noso centro. Con ese motivo e para deixar constancia fago pública a miña crítica ó formulario cirúxico que dende 2020 vimos cubrindo nun esforzo DUPLICADO (cubrimos papel e GACELA).

E sabedes porqué seguimos traballando por DUPLICADO? Porque a copia do rexistro papel é a fonte pola que se introducen os datos das intervencions realizadas (horas e participantes) no HIS... e ainda agora que o ciruxán cubre o formulario de intervención en JIMENA nin indica as horas nin pode indicar que enfermeiras particpamos nela porque a lista do noso grupo profesional está baleira... un poema.

No seu momento a xente do blog "Software de cuidados" fixeramos unha enquisa sobre os programas de rexistro de coidados e o resultado levouse ó XIX Encontro internacional de investigación en coidados tedes o resumo eiquí.

Coido que tratei de ser constructivo mais supoño que as limitacions da propia aplicación e o xeito de funcionamento marcado polo contrato realizado non facilitan os trocos. Con todo o peor non é que a aplicación sexa inconsistente e non aporte valor ós clínicos senon que, coido, segue sen aportar información agregada ós xestores.

Tería mais cousas que engadir agora co paso do tempo, porén semella que xa non verei si se acada unha mellora en tan importante ferramenta.

____________________________________________

7 de Octubre de 2020.

Soy consciente de que algunas de las limitaciones que voy a mencionar se deben a la naturaleza misma del programa Gacela y que no dependen de la GRS salvo que se pudiera cambiar de aplicativo... con todo lo que eso pudiera significar.

Por ejemplo no es normal tener que escribir los nombres de los integrantes del equipo; en primer lugar porque por lo menos en cirugía programada ya constan en el parte de HP-HIS los especialistas quirúrgicos y en segundo lugar porque cuando un campo se completa con texto libre la variedad de formas hace imposible su explotación... y si lo que se quiere es identificar a quienes participan en una intervención los datos de esos campos deberían ser "inteligentes" univocos y vinculados con el registro de profesionales vía Aida (por ejemplo) de forma que se escriba un código o un apellido se ofrezca el dato correspondiente.

En todo caso en esos campos de identificación las etiquetas de "instrumentista" y "circulantes" deberían ser "enfermera instrumentista" y "enfermera circulante"; dado que en algunos centros y quirófanos hay enfermeras de apoyo específicas para anestesia quizás el campo debería aparecer.

Como todos los formularios de Gacela Care este es un poco "palo" en lo estético, al estar pensado verticalmente no permite aprovechar bien la pantalla de los ordenadores de quirófano (los integrados).

El formulario parece estar pensado desde el modo de trabajo de una unidad de hospitalización en el cual se atiende simultáneamente a varios pacientes y las anotaciones se hacen "en bloque" para todos los pacientes en un momento concreto (al final de la visita, al acabar de tomar constantes, al final del turno etc...). Es un error de concepto en si, pues el proceso de trabajo y el registro es casi simultáneo sobre todo en lo que se refiere a las comprobaciones de seguridad y a las horas de cada fase de la intervención.

Ese mismo error de concepto ha hecho que el formulario no se ordenase conforme a las fases de la atención en quirófano (recepción, intraoperatorio y final) cuando sería lo lógico que así fuera, es más; sería lógico que fueran 3 formularios siendo el de recepción el que debe estar vinculado con el "prequirúrgico" de planta bebiendo del mismo para confirmar que se han comprobado las informaciones en el mismo contenidas más otras añadidas en base al Listado de verificación de seguridad quirúrgica (LVSQ).

El formulario de intraoperatorio podría en un futuro anexarse a la hoja de intervención del especialista quirúrgico en Jimena con la información de trazabilidad de equipos, instrumental y prótesis u otros elementos que la requieren, así como el detalle de los recuentos y balances de líquidos. Este formulario de intraoperatorio debe incluir algunos campos del LVSQ como la identificación de los integrantes y la confirmación de identidad y cirugía planificada. Por último, el formulario de final de intervención contendría la información relevante para la continuidad de cuidados (catéteres, sondas, heridas, estomas, curas, balances, etc) y repasar las medidas de atención inmediata procedentes según la intervención realizada. Resulta incomprensible que al marcar que se coloca una sonda, un catéter o un estoma no se abra el formulario correspondiente de la aplicación.

No es de recibo la forma de registro de los drenajes pues no permite situarlos anatómicamente, ni determinar su calibre (los que los tienen) o si van o no con vacío (los que tienen esa posibilidad) o si el contenido se recoge en un receptáculo o bolsa (algo que permite medirlo) o en gasas/compresas

Si la medicación ha de firmarla quien la administra me cuesta entender la inclusión de la ATB preoperatoria salvo que sea "confirmación de la administración de ATB preoperatoria"... en nuestro hospital dado que no hay sala de recepción para pacientes hospitalizados la administración del ATB y su;hora depende de la unidad de hospitalización. Desde luego es un dato importante e interesante pues dependiendo de qué ATB sea y a qué hora fue administrado se debe programar una segunda dosis en el caso de seguir la cirugía en marcha pero sólo integrando otros aplicativos y formularios me parece posible. No sé interpretar bien lo que quiere decir el campo "medicación"; entiendo que se refiere a principios activos de toda clase y presentación que se emplean "EN EL CAMPO QUIRURGICO" quedando pues, excluidos los que utiliza anestesia. Creo que esto necesita una aclaración.

Los campos referentes a productos hemoderivados quizás habría que consensuarlos con el Chemcyl y ver si se puede establecer alguna conexión de información.

Los campos de recuento simplemente son un paripé; ni sirven para controlar los ítems a recontar ni sirven de prueba jurídica... se puede repasar la jurisprudencia y consultar con más enfermeras quirúrgicas. Si un recuento llega a litigio lo que acredita una buena praxis no es un tic diciendo "recuento correcto"; es que se registre de forma inequívoca la entrada en el campo quirúrgico del número de objetos de cada tipo y las existencias al finalizar la intervención tanto en el campo quirúrgico como fuera del campo.En todo caso un registro de recuento quirúrgico debe contemplar también la posibilidad de dejar ítems de forma deliberada como "packing".

El registro de muestras es parco no permite identificar las diferentes piezas ni registrar la salida de las piezas intraoperatorias y la recepción de la respuesta.

El campo analítica no tiene en cuenta que se pueden necesitar repetir el mismo tipo de analítica durante la intervención (gases, hemograma...).

______________

PD: Sei que unhas capturas de pantalla terían axudado na compersión da entrada mais non teño claro o tema dos dereitos e tal...

ICARUS para non caer do ceo con estrepito

Falamos neste blogue con reiteración da oportunidade de aprendizaxe e mellora que significan os eventos adversos (EA) e os incidentes.

A sanidade é un entorno complexo no que as interaccions a distintos niveis de diferentes axentes e a diversidade de circunstáncias provoca que mais veces das que quixeramos a propia asistencia sanitaria sexa un risco para os usuarios.

Dentro desa complexidade o quirófano é un dos espazos que mais risco representa dada a naturaleza agresiva das intervencions cirúrxicas o que debera facer prioritario coñece-los incidentes e EA que neste eido acontencen para mellora-las medidas que os eviten ou cando menos os mitiguen.

Mais xustamente esa complexidade afecta tamén ó feito de notificar incidentes e EAs facendo difícil cando non inútil... así pois cando coñecín o proxecto ICARUS-S (The Intraoperative Complications Assessment and Reporting with Universal Standards) visualicei o seu valor: Normaliza-la notificación e avaliación dos EA intraoperatorios (EAi).

O proxecto rexistrouse no espazo de Guidelines de Equator-Network e como ensaio de cohortes en clinicaltrials.gov plantéxase como unha iniciativa global e interdisciplinar en 5 fases:

Antes da enquisa levouse a cabo unha recopilación de bibliografía en 2 sensos:

*Unha revisión de alcance sobre avaliación e notificación de EAs intraoperatorios (composta por 3 revisions sistemáticas de EAs en intervencions cirúrxicas específicas).

*Unha revisión sistemática sobre sistemas de clasificación para gradua-los EAs intraoperatorios.

A partir deses achádegos configurouse unha enquisa global que empregou a metodoloxía Delphi en duas rondas para preguntar polos 13 criterios propostos:

*Calquer estudo que informe dos resultados pericirúxicos debe inclui-los EAi.

*Cada EAi e a súa definición deben ser informados ou referidos.

*Cada EAi debe notificarse empregando un dos sistemas de clasificación propostos (ClassIntra, EAU, esquema de clasificación da gravedade dos EAI o Satava modificado).

*Cada EAi debe notificarse por separado polo seu grado de gravidade.

*Os EAis relativos á anestesia, ciruxía ou malfunción de equipas deben notificarse por separado.

*O número de EAis e o número de pacientes afectados por EAis deben notificarse por separado.

*Cando sexa preciso; as condicions clínicas prexistentes, variantes anatómicas atípicas e o funcionamento defectuoso dos equipamentos cirúrxicos asociados a un EAi debe notificarse.

*Si un EAi requerise a conversión dunha ciruxía (pasar dunha abordaxe a outra) tanto o EAi que causa a conversión como a acción desenvolvida deben notificarse.

*Os EAis deben notificarse incluindo o paso da ciruxía afectado polo EAi ou asociado co EAi.

*A avaliación dun EAi debe informarse do seguinte xeito:

    - Si o EAi se detectou durante o procedemento cirúrxico debe facerse unha xuntanza de avaliación ó remata-lo mesmo
    - Si o EAi non se detecta durante a intervención debe notificarse en qué intre se fixo evidente no curso postoperatorio.

*Debe notificase o manexo dos EAi.

*As consecuencias dun EAi deben notificarse como:

    a) Sen consecuencias postoperatorias
    b) Con secuelas postoperatorias non permanentes
    c) Con secuelas postoperatorias permanentes
    d) Que requiren reintervención
    e) Morte posoperatoria

*Informar dos trocos no curso clínico asociados a calquer EAi.

O proceso e o resultado final publícanse neste paper: Cacciamani GE, Sholklapper T, Dell’Oglio P, Rocco B, Annino F, Antonelli A, et al. The Intraoperative Complications Assessment and Reporting with Universal Standards (ICARUS) Global Surgical Collaboration Project: Development of Criteria for Reporting Adverse Events During Surgical Procedures and Evaluating Their Impact on the Postoperative Course. European Urology Focus [Internet]. 15 de febrero de 2022 [citado 24 de febrero de 2022]; Disponible en: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S2405456922000396

Ós participantes na enquisa se nos invitou a formar parte dos grupos de traballo e se expediu un certificado  da nosa participación.


É innegable que para mellorar hai que coñecer os problemas e que a visión dos problemas depende de cómo estén contados. A concatenación de pasos que rodean a unha intervención quirúrxica apuntan a multiples fontes de risco asíncronas e omnidireccionais polo que "o relato" dende dentro se fai imprescindible e si queremos da-lo paso a podermos buscar causas mais aló do contexto concreto ese relato debe ser o mais estandarizado posible.

Cegueira temporal; unha de traslados



O que reflicto nesta entrada é unha mostra de cómo moitas cousas que nos suceden son "culpa" de deixarmonos estar cando é evidente que algo non se fai ben... eso ou que simplemente agardamos vermonos beneficiados nalgún intre pola opacidade e o compadreo.

En SACYL se ten artellado un Concurso de traslados "abierto y permanente" que conleva que cada ano se convocan de xeito automático a traslado as prazas vacantes das categorías incluidas. Na categoría de "Enfermero/a" se ven celebrando dende 2020.

O sistema vai así:

Fas a petición entre o 1 de Febreiro (ou cando abren a convocatoria) e o 15 de Marzo.

Na solicitude debes incluir un "código de plaza" e unha "denominación" que ningúen di nada pero se corresponde co CIAS (código de identificación de asistencia sanitaria) da praza en cuestión si se trata dunha praza de atención primaria nun EAP. Para os hospitais compre con por o código do centro en cuestión. Para o noso exemplo elixo a ZBS Ponferrada I.

Ahí xa empezamos a trasixir uns e a calar outros... porque si miramos a información dispoñible no propio concurso "plantilla orgánica actualizada" atopamos que nos documentos de atención primaria non veñen nin cos códigos de plaza nin os CIAS senon unha relación do número total delas (o que ven sendo a plantilla orgánica). 


Moi ben; logo toca mirar información que proporcionan as listaxes das demarcacions de cada xerencia de AP na correspondente categoría... (non se ve na imaxe mais na ZBS Ponferrada I hai 19 demarcacions).


...ou non; a listaxe ofrecida (non só a do Bierzo: a de TODALAS demarcacions) non trae nin os códigos de plaza nin os CIAS así que non sabes si os números que inclues na túa solicitude son os que corresponden a unha ou outra demarcación: Kafkiano.

Por si non vos decatástedes no noso exemplo (ZBS Ponferrada I) na solicitude só aparencen 9 prazas que son as que figuran na plantilla orgánica... mais hai 19 demarcacions. Cómo saber a qué demarcacion corresponde un CIAS? Misterio.

Eso por non falar do turno de traballo; ben por falta de espazos ben por cumplir coas necesidades da poboación hai equipos de profesionais que traballan en turno de tarde. A quen pide un traslado esa información pódelle ser tremendamente necesaria... u-la a información? Non está nos documentos dispoñibles públicamente cando enches a solicitude.

Así pois FAISE A SOLICITUDE A CEGAS e non só eso; as condicions do concurso indican que as vacantes que finalmente se van cubrir son aquelas existentes a 30 de Xuño. 


A información publicada non completa a información dispoñible á hora de face-la petición: segue sen incluir o turno de traballo por non falar doutras informacións que no ámbito da AP poden ser relevantes á hora de escoller: Núcleos de poboación, medios dispoñibles, número e estructura demográfica da poboación, movementos estacionais... supoño que xa é moito pedir mais Non é certo que se mira eso cando se pide un traslado?

Qué fai a maioría da xente ante isto? Buscar fontes alternativas de información; o que se dí "acepta-lo marco".

Eu coido que ahí está a clave para que as cousas seguan así; si ninguén reclama e hai quen se beneficia polo xeito de sair pola tanxente pois xa está pechado o círculo e mantendonos cegos.

_________

Corrección de erros: na publicación orixinal digo que as vacantes de 2021 "non se publicaron" o certo é que en 2021 se publicaron en conxunto de tódalas categorías, non por categorías como no 2020. En 2022 se publicaron en conxunto tamén en agosto mais en outubro se publicou unha rectificación e o 20 de decembro (xa coas resolucions dos traslados publicadas) se colgou outra. Non hai "garantía xuridica"... por certo; nin unha mensaxe alertando sobre esto por parte dos sindicatos: "todo normal y bien". 



Mais aló dos coidados; Transcoidadoloxía

Cando vai 3 anos me tiraba á piscina ó falar do papel dos robots nos coidados deixei aberto un flanco que xa era unha realidade con múltiples exemplos e ata unha etiqueta: transhumanismo.

A cuestión non é só a restitución de eivas ou defectos que padecen certos individuos dos, digamos, "humanos estándar" senon a "superación dos límites" que temos como humanos; os medios para acadalo se teñen diversificado grazas ós avances da tecnoloxía e non só no "hard" senon tamén no "soft".

A biotecnoloxía coa edición xenética CRISPR como bandeira non só se ten empregado para curar enfermedades (non sen polémica pola falta de ética) senon que se fan certos "divertimentos" que engaden por exemplo forza muscular como se pode ver no documental do cartaz... 

Os suplementos tecnolóxicos que amplian os sentidos permitindo "ver" os cheiros ou "escoitar" as cores ou incluso ter "sensos extra" son outro xeito de trascender a ese ser humano estándar que somos a maioría.

Porén o xeito que pode xerar mais inquedanza á hora de trascender é a integración da intelixencia artificial... coñecemos moitas propostas de qué pode pasar nese tipo de trascendencia gracias á ciencia ficción nas súas diversas formas e ninguha é tranquilizadora.

O certo é que esta trascendencia plantexa non poucos conflictos éticos moitos relacionados coa profunda desiguladade que se agocha nestes trebellos e mutacions moi ben delineados nestas breves lineas en Ethic.

Tamén plantexa un reto ós coidados que xa foron abordados en 2016 (1) e (2) porque esa trascendencia pode deixar atrás a idea de comunidade e con ela a de coidarmonos entre nós compartindo o coñecemento dese coidado... Cómo se coida a un transhumano? "con paciencia" diredes. 

Mais E si trascendemos como enfermeiras?

A transcoidadoloxía iría mais aló de intergramos gadgets que permitisen recabar datos fisiolóxicos das persoas, constantes, irrgiación de tecidos, nivel de glucosa, presenza de axentes infecciosos... Haberá biotecnoloxía que sexa quen de nos expandir emocional e cognitivamente para seren capaces de acada-lo coñecemento das necesidades doutros individuos?

No universo DUNE Frank Herbert describe os efectos dunha substancia (a especia) que axuda a navegar polo tempo e o espacio; é posible que xa existan substancias que expandan as capacidades de coñecer ós outros, de comprendelos para coidalos.

Como ata o de agora será preciso conxugar esa trascendencia no emocional cos datos fisiolóxicos e sociais e integralos no coñecemento existente no marco dos recursos dispoñibles así que coidar pode que troque de ferramentas mais non de esencia Nonsi?.

Bibliografía:

1) Garcés Castellote, E. Jiménez Rodríguez, ML TRANSHUMANISMO: CÓMO EL MEJORAMIENTO HUMANO CAMBIARÁ EL CUIDADO. UN ANÁLISIS DESDE LA TEORÍA GENERAL DEL DÉFICIT DE AUTOCUIDADO. ENE, Revista de Enfermería. v. 10, n. 3, dic 2016. ISSN 1988 - 348X. Disponible en http://ene-enfermeria.org/ojs/index.php/ENE/article/view/663/transhumanismo 

2) SANTAMARÍA GARCÍA, José María; JIMÉNEZ RODRÍGUEZ, María Lourdes; ."Los axiomas del cuidado: Bases para su aprehensión conceptual.". . 2016. ISBN: 9788460898863

Facendo ladrillos ocultos no furacán


Durante 2019 tiven o privilexio de formar parte do grupo de traballo estatal dos proxectos IQZ-Ciruxía segura como representante da AEEQ. Nunha reunión no Ministerio de Sanidade saiu de xeito repetido o evidente conflicto que enfronta a cultura de seguridade en España entre a obriga xurídica de "dar parte ó xuiz" e a obgriga moral de "investigar para mellorar". Lembro que a responsable do ministerio mencionara que se estaba traballando para abordar a cuestión.

Logo veu a tolemia da COVID19 e cada un centramos os nosos esforzos no que coidamos que podíamos ser mais útiles e nelo perdemos senon a cordura si a confianza e "os filtros", a tolerancia cos que malia ter dedostrado ser o peor seguen na burra.

Mais o ministerio segiu traballando e no medio do furacán da COVID19 publicou o resultado de aquel traballo a xeito de recomendacions

Coido moi recomendable leer o documento e tratar de facer melloras nos procesos de análise e aprendizaxe sobre Eventos Adversos; mais vexo de sobra demostrado que, en tanto non se leven a cabo as reformas lexislativas aconselladas no documento, se faga énfase en analizar e aprender dos incidentes sen dano mais frecuentes e cos mesmos factores causais.

Si algo lle podo botar en falla a este documento é a ausencia das enfermeiras nese grupo de traballo pois nin institucionalmente nin a xeito individual vexo ninguha malia que o documento asevera que: 

E iso que ata ten a un coñecido acupuntor/homeopata entre os seus integrantes... vese que a calidade non está rifada coa evidencia.


O manifesto de Leiden sobre indicadores de investigación

 


Os datos sobre as actividades científicas están a ser cada volta mais empregados para goberna-la ciencia. Avalaicions sobre investigación que foron no seu intre deseñadas individualmente para o seu contexto específico e realizadas por pares, son agora cotians i están baseadas en métricas1. O problema é que a avaliación pasou de estar baseada en valoracions de expertos a depender desas métricas. Os indicadores teñen proliferado: normalmente con boas intencions, non sempre ben informados, e decote mal aplicados. Cando organizacions sen coñecemento sobre as boas prácticas e a interpretación axeitada de indicadores levan a cabo as avaliacions, corremo-lo risco de dana-lo sistema científico cos mesmos instrumentos diseñados para melloralo.

Antes do ano 2000, os expertos empregaban o Science Citation Index do Institute for Scientific Information (ISI), na súa versión de CD-ROM para realiza-las analises especializadas. En 2002, Thomson Reuters lanzou unha plataforma web integrada que fixo accesible a un público amplo a base da datos Web of Science. Logo apareceron outros índices de citas que se erexiron en competencia de Web of Science: Scopus de Elevier (2004) e Google Academico (versión beta creada en 2004). Outros instrumentos baseados na web foron introducidos logo como InCites (que emprega Web of Science) e SciVal (que emprega Scopus) e tamén software para analizar perfis individuais de citas baseados en Google académico (Publish or Perish que aparecu en 2007).

No 2005, Jorge Hisch, físico da Universidade de California en San Diego, propuxo o índice-h, que fixo popular o reconto de citas de investigadores individuais. O interese no factor de impacto das revistas académicas medrou incesantemente dende 1995. Recentemente apareceron medidas de uso social e comentarios online: F1000Prime estableceuse en 2002, Mendeley en 2008 e Altmetric.com en 2011.

No tanto que os investigadores da cienciometría, cientístas sociais e xestores de investigacións, temos observado con crecente preocupación o emprego incorrecto xeneralizado dos indicadores na avaliación do desempeño científico. Os seguintes son alguns dos numerosísimos exemplor posilbes. En todo o mundo, as universidades se teñen obsesionado coa súa posición nos rankings globais (como o Ranking de Shanghai e a lista de Times Higher Education), cando estas listas están baseadas no que ó noso xuizo son datos inexactos e indicadores arbritrarios.

Algunhas organizacions lle piden o índice-h ós candidatos que se presentan a ofertas de emprego. Varias universidades basean a promoción interna nuns valores "umbral" do índice-h e no número de artigos en revistas de "alto impacto". Os CVs se teñen transformado en oportunidades de se gabar destas "puntuacions", en particular en biomediciña. Por todas partes, os organismos supervisores instan de xeito prematuro ós seus estudantes de doutorado que publiquenen revistas de ""alto impacto" e conquiran financiamento externo.

Nos paises escandinavos e China algunhas universidades distribuen fondos de investigación ou bonificacion sobre a base dun número: por exemplo, calculando puntuacions individuais de impacto para repartir "recusos de desempeño", ou dando ós investigadores unha prima por publicacions nunha revista con un factor de impacto superior a 152

Por estas razons presentase o Manifesto de Leiden, recibe o nome da conferencia na que cristalizou. Os seus dez principios non son ningunha novidade para os expertos en cientometría, mais ningún de nós sería quen de recitalos na súa totalidade pois ata ese intre non tiñan sido codificados. Recoñecidos cientometristas, como Eugene Garfield (fundador de ISI), enunciaran xa alguns destes principios,3 mais non son tidos en conta cando os avaliadores informan ós xestores das universidades que non son expertos na metodoloxía pertinente. Os cientístas que percuran literatura para disputar ou impugnar avaliacions só atopan as informacions precisas no que son, para eles, revistas opacas e difíciles de acceder.

A seguir unha síntese das bóas prácticas na avaliación baseada en indicadores métricos para que os investigadores poidan pedir contas ós avaliadors e para que os avaliadores podan pedir contas ós indicadores.

DEZ PRINCIPIOS

1. A Avaliación cuantitativa ten que apoiar á valoración cualitativa por expertos.

Os indicadores poden correxi-la tendencia a perspectivas sesgadas que se dan na revisión por pares e facilita-lo debate. Neste senso, os indicadores poden fortalecer a avaliación por pares pois tomar decisions sobre compañeiros é difícil sen varias fontes de información. Porén, os avaliadores non deben ceder á tentación de supeditar as decisions ós números. Os indicadores non podes substituir ós razoamentos informados. Os decisores teñen plena responsablidade nas súas avaliacions.

2. O desempeño se debe medir concordando coas misions de investigación da  institución, grupo ou investigador.

Os obxetivos dun programa de investigación teñen que ser especificados ó inicio, os indicadores empregados para medi-lo desempeño teñen que estar claramente relacionados con eses obxetivos. A elección e usos dos indicadores ten que ter en conta os contextos socio-económicos e culturais. Os científicos teñen diversas misions de investigación. A investigación para avanza-las fronteiras do coñecemento académico é diferente da investigación focalizada en proporcionar solucions a problemas sociais. A avaliación pode estar baseada en méritos relevantes para a industria, o desenrolo de políticas ou para os cidadans en xeral, no canto de méritos baseados en nocions académicas de excelencia. Non hai un modelo de avaliación que se poda aplicar en tódolos contextos.

3. A excelencia en investigación de relevancia local debe ser protexida.

En moitas partes do mundo, excelencia en investigación asociase únicamente coas publicacions en inglés. A lei española, por exemplo, explicita o desexo e a conveniencia de que os académicos españois publiquen en revistas de alto impacto. O factor de impacto calcúlase para revistas indexadas por Web of Science, que é unha base de datos aloxada nos Estados Unidos e que contén unha gran maioría de revistas en inglés. Estes sesgos son especialmente problemátios en ciencias sociais e humanidades(*), áreas nas que a investigación está orientada a temas rexionais e nacionais. Moitos outros cientistas teñen unha dimensión nacional ou rexional --Por exemplo, epidemioloxía do VIH na África subshariana-.

Este pluralismo e a relevancia social van sendo suprimidos cando se crean artigos de interés para os guardians do alto impacto: As revistas en inglés. Os sociólogos españois mais citados en Web of Science teñen traballado en modelos abstractos ou estudiado datos dos Estados Unidos. Nese proceso pérdese a especificidade dos sociólogos con alto impacto nas revistas en castelán: temas como a lexislación laboral local, a atención sanitaria para ancians ou o emprego de inmigrantes4. Indicadores baseados na literatura de alta calidade non inglesa servirían para identifciar e recompensa-la excelencia en investigación localmente relevante. 

4. Os procesos de recopilación e análise de datos deben ser abertos, transparentes e simples.

A construcción das bases de datos precisas para avaliar debe seguir procesos establecidos antes de que a investigación remate. Esta ten sido a práctica común entre os grupos académicos e comerciais que teñen desenvolvido metodoloxías de avaliación durante varias décadas. Estes grupos publicaron os protocolos de referencia na literatura revisada por pares. Esta transparencia permite o escrutinio e control dos métodos. Por exemplo, en 2010, un debate público sobre as propiedades técnicas dun importante indicador empregado por un dos nosos grupos (o Centro de Estudos de Ciencia e Tecnoloxía (CWTS) da universidade de leiden, nos paises baixos), se saldou cunha revisión no cálculo deste indicador5. As novas empresas comerciais no campo da investigación e publicación deben respostar ós mesmos estándares. Ninguén ten porqué aceptar avalaicions automáticas saídas de caixas negras ou procesos impenetrables. A simplicidade é unha virtude dun indicador que favorece á transparencia. Mais indicadores simplísticos poden distornsiona la avaliación (véxase principio 7). Os avaliadores deben facer un esforzo para atopar un equilibrio: Indicadores simples que respeten a complexidade dos procesos de investigación descritos.

5. Os datos e análises deben estar abertos á verificación polos avaliados

Co fin de asegura-la calidade dos datos, os investigadores incluídos en estudos bibliométricos teñen que poder comprobar que a súas contribucions teñen sido correctamente identificadas. Os responsables e xestores dos procesos de avaliación deben garanti-la exactitude dos datos empregados mediante métodos de autoverificación ou auditoría por terceiras partes. As universidades poderían implementar este principio nos seus sistemas de información. Este debería ser un principio reitor na selección de proveedores destes sistemas. A compilación e procesado de datos de alta calidade, precisos e rigurosos, leva tempo e custa cartos. Os responsables deben asignar presupostos á altura destas necesidades de calidade.

6. As diferenzas nas prácticas de publicación e citación entre campos científicos deben ser tidas en conta.

A mellor práctica na avaliación é propor unha batería de indicadores e deixar que os distintos campos científicos seleccionen os indicadores que mellor lles representan. Fai uns anos, un grupo de historiadores recibiu unha puntuación relativamente baixa nunha avaliación nacional por pares porque escribían libros no canto de artigos en revistas indexadas en Web of Sciencie. Estes historiadores tiveron a mala sorte de formar parte do departamento de psicoloxía. A avaliación de historiadores e cientistas sociais require a inclusión de libros e literatura en lingua local; a avaliación de investigadores en informática precisa considera-las contribucions a conferencias.

A frecuencia de citación varía segundo os campos: as revistas mais citadas en ránkings de matemáticas teñen un factor de impacto ó redor de 3; as revistas mais citadas en ránkigns de bioloxía celular teñen fatores de impacto sobre o 30.

Polo tanto, son precisos indicadores normalizados por campo, e o método mais robusto de normalización está baseado en percentiles: cada publicación é ponderada segundo o percentil ó que pertencie na distribución de citacions do seu campo (por exemplo, o percentil 1%, 10%, 20% mais alto). Unha única publiación altamente citada mellora un pouco a posición dunha universidade nun ránking baseado en percentiles, mais pode propusar á universidade dun lugar medio ás primeiras posicions nun ránking baseado en promedios das citas.6

7. A avaliación individual de investigadores debe basearse na valoración cualitativa do seu portafolio de investigación.

O índice-h aumenta coa idade do investigador, malia que este xa non publique. O índice-h varía por campos: os cientistas en ciencias da vida poder chegar a 200; os físicos a 100 e os cientistas sociais a 20 ou 307. É un índice que depende da base de datos: hai informáticos que teñen un índice-h de 10 en Web of Sciencie, mais de 20 ou 30 en Google Scholar8. Ler e valora-lo traballo dun investigador é moito mais apropiado que confiar nun único número. Aínda cando se comparan un grande número de cientistas, é mellor adoptar un enfoque que considere información diversa sobre cada individuo, incluindo ós seus coñecementos, experiencia, actividades e influenza.

8. Debese evitar-la concreción improcedente e a falsa precisión.

Os indicadores de ciencia e tecnoloxía tenden á ambiguidade a á incertidume, fundamentanse en hipóteses que non están universalmente aceptadas. Por esta razón, as boas prácticas empregan múltiples indicadores co fin de construir un retrato robusto e plurarl. Na medida que sexa posible cuantifica-la a información sobre a incertidume e o erro debería acompañar ós valores dos indicadores publicados, por exemplo empregnado barras de erro. Se isto non fose posile, os productores de indicadores deberían cando menos evitar ofrecer un falso nivel de precisión. Por exemplo, o factor de impacto de revistas publicase con tres decimais para evitar empates. Nembargantes, dada a ambiguidade conceptual e a variabilidade aleatoria das citas, non ten senso distinguir entre revistas por pequenas diferenzas no factor de impacto. Debe evitarse a falsa precisión: só un decimal está xustificado.

9. Deben recoñecerse os efectos sistémicos da avaluación e os indicadores.

Os indicadores mudan o sistema científico polos incentivos que establecen. Estes efectos deberían anticiparse. Esto significa que sempre é preferible ter unha batería de indicadores pois un só indicador é susceptible de xerar comportamentos estratéxicos e a substitución dos obxectivos (convertindo a ferramenta de medida nunha finalidade en sí mesma). Por exemplo, nos anos 90, Australia financiou investigación en universidades consonte cunha fórmula baseada principalmente no número de publicacions dun instituto. As universidades podían calcular o "valor" dunha publicación nunha revista arbitrada ; no ano 2000, o valor estimouse en 800 dólares australianos destinados a recursos de investigación. Como era de agardar, o número de artigos publicados por autores australianos subiu, mais nas revistas menos citadas, o que suxire que a calidade dos artigos disminuiu.9(a)

10. Os indicadores deben ser examinados e actualizados periódicamente.

As funcions da investigación e os obxectivos da avaliación mudan ou se desprazan, e o sistema de investigación co-evolue con eles. Medidas que foron útiles no seu día pasan a seren non axeitadas e aparecen novos indicadores. Polo tanto, os sistemas de indicadores teñen que ser revisados e cecais modificados. Ó decatarse dos efectos da súa fórmula simplista de avaliación, en 2010 Australia adoptou a iniciativa Excellence in Research for Australia, que é mais complexa e pon énfase na calidade.

Pasos segientes

Sendo fidel a estes dez principios, a avaliación da investigación pode xogar un papel importante no desenrolo da ciencia a a súas interaccions coa sociedade. Os indicadores de investigación poden proporcionar información crucial que sería difícil de xuntar ou entender a partires de experiencias individuais. Mais non se debe permitir que a información cuantitativa se convirta nun obxectivo por sí mesma. As mellores decisións adoptanse combinando estatísticas robustas sensibles ós obxectivos e a natureza da investigación avaliada. Tanto a evidencia cuantitativa como a cualitativa son precisas (cada unha ó seu xeito). As decisions sobor da ciencia teñen que ser tomadas en base a procesos de alta calidade informados por datos fiables.

Bibliografía orixinal:

 1 Wouters, P. in Beyond Bibliometrics: Harnessing Multidimensional Indicators of Scholarly Impact (eds Cronin, B. & Sugimoto, C.) 47–66 (MIT Press, 2014).

 2 Shao, J. & Shen, H. Learned Publishing 24, 95–97 (2011).

 3 Seglen, P. O. Br. Med. J. 314, 498–502 (1997). Garfield, E. J. Am. Med. Assoc. 295, 90–93(2006).

 4 López Piñeiro, C. & Hicks, D. Res. Eval. 24, 78–89 (2015).

 5 van Raan, A. F. J., van Leeuwen, T. N., Visser, M. S., van Eck, N. J. & Waltman, L. J. Informetrics 4, 431–435 (2010).

 6 Waltman, L. et al. J. Am. Soc. Inf. Sci. Technol. 63, 2419–2432 (2012).

 7 Hirsch, J. E. Proc. Natl Acad. Sci. USA 102, 16569–16572 (2005).

 8 Bar-Ilan, J. Scientometrics 74, 257–271 (2007).

 9 Butler, L. Res. Policy 32, 143–155 (2003).

Notas persoais:

(*) Compre salientar que no campo dos coidados moitos estudos se fan con ferramentas cualitativas e se atopan con este problema. A barreira faise ainda maior si se trata de publicar ciencia en linguas minorizadas ainda que se trate de temas de gran relevancia local (como acontece cos estudos publicados en galego).

(a) Neste caso dase por válido un argumento que, en xeral, se da por falso; percibo certa incoherencia.