Claro que todo é susceptible de interpretación e o fin mais digno de ser apoiado se pode ver empañado por apoios cando menos confusos como o pode ser o da sociedade promotora deste día a nivel mundial a WSMI (World self medication industry - Industria mundial pola automedicación)... temos que andar con tino a ver si vai resultar que tratamos de apoiar unha cousa e nos sae outra.
Falamos de autocoidado e de adquisición e mantemento de hábitos de vida saudable e para elo se pode contar coa enfermeiría como o mellor difusor de información e a mais eficiente das ferramentas de saúde pública.
Pero calquera de nós pode facer de fonte e difusor de temas do autocoidado e para elo contamos agora coa axuda do libro "Autocuidado de la salud" ; unha iniciativa colaborativa que hoxe se fai mais forte pola súa difusión baixo o hastag #autocuidado12
Como axentes activos de saúde Promovemos:
Realizar cando menos 30' diarios de actividade moderada
Acudir ó traballo andando ou en bici
Comer diariamente 5 pezas de froita ou verdura
Cepilla-los dentes tras cada inxesta
Lava-las mans antes e dempois de cada inxesta e da súa preparación
Tapar a cara ó tusir ou estornudar e descarta-lo pano axeitadamente
Non fumar e non permitilo nos espazos nos que esté prohibido.
"Eso que o faga o goberno" dirán algun(@s)... grave erro; a responsabilidade profesional é maior canto maior é a meta a acadar...
Tamén é certo que xa as administracions veñen pulando para emprega-las canles que as TIC ofrecen para facer divulgación de recursos... pero a maioría o fai dun xeito pasivo polo que os esforzos morren na praia da avalancha informativa diaria.
Guia disponible en AulaPacientes https://www.saludcastillayleon.es/AulaPacientes/es |
Nese eido hai que destacar ás iniciativas que forman grupos de cidadans para que logo fagan de difusores e se cree, outra vez, un efecto viral ou en cascada de difusión de recursos e, o mais importante, de apoio mutuo.