Sei que non debería escribir estas cousas e menos fixarme en artigos "
de altura" pero os blogs son instrumentos para a liberdade de expresión e para a circulación das ideas....
Cando me ensinaron someramente os sistemas sanitarios falóuseme dos sistemas “Bismark” como os impulsados nos albores do século XX e que tiñan como principal obxecto mante-la saúde da poboación traballadora das empresas industriais de europa e norteamérica. Tivo un énfase especial na saúde pública, no saneamento e amosouse como un sistema moi efectivo cunha forte baixada da taxa de morbi-mortalidade que acabou conducindo, xunto con avances xa propios da atención sanitaria (antibióticos, diagnose por imaxe, anestesia-ciruxía, atención perinatal...) e malia as guerras, á actual situación de lonxevidade expresada no índice de “esperanza de vida”.
Mais o sistema non ten trocado coa poboación á que atende...ten trocado de obxecto?. E quero deixar claro que non estou a postular nada, só diserto sobre algo que é observable e que provoca, de feito, que alguns teñan grandes problemas á hora de aceptar o actual sistema universal.
Actualmente gran parte dos medios e unha abrumadora maioría dos recursos que teñen os sistemas de saúde se teñen que adicar a poboación que non entra no criterio de “poboación activa” e, nin o pensedes, non estou a falar de non prestar atención ás persoas maiores ou de como se lle presta esa atención ós maiores...neste senso resúltame curiosa a fixación de algúns cos inmigrantes e os seus familiares ou, aínda peor, cos emigrantes retornados.
O certo é que cada vez se fala mais do ‘
gasto sanitario’ e non do incremento da saúde e isto se debe a que, cada vez mais, a sanidade emprega medios novos mais caros e difíciles de conquerir que ofrecen pouco ou ningún marxe de mellora na “esperanza de vida” e, o que é peor, escaso ou imperceptible marxe na nova pedra filosofal do sistema A CALIDADE DE VIDA.
Así a sanidade recupera o papel de
ben si conquire “Anos de vida axustados por Calidade” (AVACS) pois establecese que mais vale 1 ano de vida con boa calidade -por exemplo- que 5 anos deitado nunha cama. Pero é tal a presión financeira e social que os medios e as ferramentas (aparatos e tratamentos) mais caros se están a xustificar dende o punto de vista científico en nome de ‘meses de vida de calidade’....que tampouco é o obxecto desta leria; senón falar da enorme “solidaridade interxeracional” que significa o actual sistema sanitario pois nin en termos constantes, nin en termos relativos ningunha das persoas atendidas pagou o que custa a actual sanidade e menos aínda si temos en conta que a maioría deles cotizou conxuntamente para a pensión de xubilación e o seguro de asistencia sanitaria.
Lonxe está o actual “hospital de agudos” do que había vai 25 anos porque simplemente non adaptamos o sistema á poboación e ás súas circunstancias... construímos enormes edificios administrativos, complexos hospitalarios punteiros para enchelos de doentes pluripatolóxicos que aspiran mais a poder saír a dar un paseo ós tres días que a facer unha viaxe interesante nas vacacións do vindeiro ano.
Non sei algo hai que trocar no "como" antes de falar do "que" e, dende logo, antes de tocar o "canto".