Hoxe vouvos facer esta entrada en galego por
contextualizala, pero ben seguro que este asunto acontece en moitas outras
partes....
e da inevitable
tendencia das persoas a querer ler o que mais lle acae ou teme...
O certo é que a
ninguén se lle pode pasar por alto as obrigas legais que se teñen sobre os
datos dos doentes (seino, o escrito non vai de iso; pero convén lembralo) ou
tan sequera a súa identificación mentres se atopa ó coidado do centro.
Tampouco se poden
esquecer as obrigas que nos gustaría que as equipas directivas cumprisen sobre
a transparencia informativa tanto no referido ós datos asistenciais como ós
financieiros ou laborais… pero tamén, e polo mesmo motivo, non se poden
esquence-las responsabilidades sobre a información que do centro se emiten por
persoas que, amosando a súa pertenza á institución, se outorgan voluntaria ou
involuntariamente o papel de portavoces da mesma.
En troques queda
dicir que si por asomo esta nota tenta impor algo semellante a unha “lei
mordaza” sobre a realidade dos centros (caso “rebujito” por exemplo) é un van
intento e non van se-las diátrabas sindico-periodísticas as que o eviten senon
unha tozuda realidade e unhas ferramentas sociais que xa non coñecen os límites
dos muros nin a lentitude dos tempos de revelado… calquera en calquer intre
pode retransmitir en directo calquer escenario (con que teña cobertura 3G
chega). Os límites os pon a lei de protección de datos pero pode que quenes a
violen xa o saiban.