Google+

15 anos tiña...

Non pensara eu que o remate desta pausa informática ia a cadrar coa publicación no DOG do decreto de extinción das fundacions públicas hospitalarias e o anuncio da consellería de integrar en cada seu centro os servizos dependentes do MEDTEC.

O día 23 lembrei como xa facía dende había 14 anos o aniversario verdadeiro da Fundación Hospital Verín creada en acta notarial o 23 de agosto de 1993 tería "cumprido" pois 15 anos neste intre.

Do decreto de extinción chamoume a atención que dí que o persoal está integrado cando o que é ter "a carta" na mán só a tiñan (a comenzos de Agosto) unhas poucas persoas.

Agora chega a liquidación que, como non pode ser de outro xeito, centraráse no estado patrimonial da fundación; mágoa dunha revisión mais fonda do entramado empresarial creado ó redor para dar cabida as actividades dos centros; tiña eu interese en que se coñecera mais 'o pacto silenciado' decidiu botarlle terra a todo aquelo...

Bueno, o caso é que tentarei recobra-la actividade deste blogue facendo un esforzo por centrarme no tema profesional con énfase no cirúrxico e na seguridade do doente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input