Google+

Unha folga é unha folga

Mais que desgraciadas son as folgas nalguns sectores... Mentras que os agricultores, mineiros, camioneiros etc teñen que "secuestrar" ó resto de cidadans para que as súas folgas repercutan nos medios e se faga caso das súas reivindicacions; na sanidade abonda con...non facer. É moi triste, prepararse para unha intervención ou desprazarse e desprazar á familia para a mesma e logo que saia un tipiño á porta do quirófano e che diga que "hoxe os médicos non operan que están de folga".

Son moitos e, ás veces, moi graves os efectos 'colaterais' dunha folga na sanidade e os motivos de emprendela debera ser unha demostrada falla de negociación por parte da administración. Pola contra son moitos os facultativos que SABEN que esta folga non se fai polo que se dí senon polo que non se dí e tamén saben que administración pouco pode facer respecto do que realmente acontece (i eu non teño familiares nen amigos no SACYL e tamén me 'afanan' pasta).

Do xeito de organizala e de levala a cabo poden e deberan falar @s implicados mais o que debe quedar claro é que o que nestes días acontece SENTA PRECEDENTE e ningúen vai poder mais adiante, cando outros estamentos nos vexamos (ogallá que non) empuxados a tomar medidas deste tipo, dicirnos que este tipo de intervención non se pode suspender ou que 'xa que viñeron os doentes...' porque o que é pola miña banda: NON COLA.

Bueno, que o conto vai para longo e que non lle desexo a ningúen os tragos que tomei hoxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input