Como se pasa dun
artigo científico(revisión sistemática) a un
titular de prensa? pois mal, francamente mal.
Agora na ciencia tamén hai temas de actualidade e o "bicho malo" non iba a ser menos e calquer cousa que se publique fai de trampolín para quen o fai así que o autor do artigo ofrece entrevistas nas que chanta conclusions que pouco ou nada teñen que ver coas que científicamente se poden aseverar do resultado do estudo de investigación.
Non nego que a industria fai presión sobre as autoridades sanitarias e conquire resultados moito mais escandalosos como a merca de millons de doses dun medicamento con escaso apoio bibliográfico ou a fabricación e dispensación de millons de doses de vacina sen un completo seguemento dos protocolos de seguridade (hai que aprender da experiencia da vacina dos 70 en EEUU), mais a EVIDENCIA se forma de outro xeito e non se pode criticar un proceder facendo o mesmo.
O Dr. Carl Heneghan Investigador becado da Oxford University Department of Primary Health Care é o terceiro autor do estudo arriba ligado e que ten como conclusions:
Os inhibidores da neuroamidasa proporcinan un beneficio pequeno acortando a duración da enfermidade nos nenos con gripe estacional e na reducción da transmisión no fogar. Teñen pouco efecto sobre as exacerbacions do asma ou o uso de antibioticos. Os seus efectos sobre a incidencia de complicacions graves, ou sobre a actual cepa da influenza A/H1N1 quedan por determinar.
De ahí pasase a:
"
ALERTAN DAS CONTRAINDICACIONS DE FÁRMACOS CONTRA A GRIPE A EN NENOS"
E todo mediado polas declaracions do Dr. Heneghan o que me leva a pensar, como en tantas ocasions, no mecanismo que fai que unha nova atope mais ou menos difusión entre os medios e como os cidadans "comemos" lixo informativo a esgalla porque algun resorte 'tamiza' as novas.
Xa fai tempo que, tras acudir á conferencia sobre seguridade do doente, reclamei unha certa responsabilidade dos medios sobre o que publican. Sempre se fala de 'fontes fiables'; neste caso o propio autor do artigo citado como "experto" é autor, curiosamente, dun libro titulado "Ferramentas da medicina baseada na evidencia"
Así que a miña confusión medra paroxisticamente porque unha persoa con formación realiza unha investigación profunda sobre un tema e a publica de xeito pertinente mais logo se descolga con declaracions sobre o mesmo tema que non atopo por ningures no artigo...e que, para empeorar a cousa, son trasladadas ó noso contexto sen ter en conta que os algoritmos de prescripción do medicamento non son os mesmos no RU que eiquí. Cousa que, por outra banda, é habitual xa que os medios semellan ignorar as diferenzas entre os sistemas sanitarios de xeito sistemático.