Google+

¿mecanismos mal empregados?, mecanismos mal diseñados

No eido da administración prodúcense a cotio situacions que semellan kafkianas, inxustas, nepóticas ou clientelares. O que mais soe indignar é a "cobertura" lexítima que atopan esas situacions realizadas en uso de mecanismos administrativos caducos deseñados para outros fins e que derivan no cáseque único uso como "porta falsa".

Dous exemplos dos mais coñecidos son: A liberación sindical e as Comisions de Servicio. A primeira é evidente que NUNCA se vai reformar nen reorientar para que volte a cumplir a súa función pois a administración mantén contento a quen debera ter sentado á fronte e os liberados e as súas organizacions... non teñen porqué ter interés.

A segunda coa excusa de servir para solventar situacions familiares e particulares moi difíciles saiu do seu emprego para postos de confianza ou que requerisen certa cualificación da que non se dispuña no centro solicitante e agora son o "caixón de sastre" da colocación administrativa. Coido que un mecanísmo que é subxectivo e discrecional non pode ser considerado por que representa ós traballadores en función dos "casos sociais" que axuda a solventar, mais ainda cando se trata dun mecanismo temporal de ida e volta. Si se quere ter un xeito de axudar á xente nos seus problemas de distanciamento familiar (poño por caso) a solución pasa por un DEREITO: no meu xeito de ve-las cousas unha especie de concurso de traslados permanente ou de convocatoria anual obrigatória(coma na educación)cun baremo obxectivo para que cada quen soubese ó qué aterse. Se cadrar tamén se podería inclui-la figura do "traslado por familia" (coma o antergo "traslado por consorte").

Os movementos se suceden coma os "tempos políticos" xa aprendemos que QUEN SE MOVEU NON PINTOU NA FOTO e que QUEN SE VAI DA BOCA SE VAI DO DESPACHO agora toca ver quen se monta no ascensor e a quen pilla na viaxe.

Os "postes" non dan abondo, os hospitais tampouco.

Xa había tempo que a OMS avisara e as autoridades sanitarias puxeran en marcha medidas de prevención razoables...tra-la polémica nos USA sobor das vacinas a anunciada pandemia de gripe chegou.

Pode que favorecida por este inverno de néboas e frios extremos, pode que pola súa virulencia, pode que estivera de ser; mais este ano a saturación invernal dos hospitais pasou de "puntual" a "habitual" con máximos de "grave" como o que nestas datas de visita siberiana estamos a ter.

Como resultado os sitios onde habitualmente se colocan as esquelas non dan abasto. Estudiarase esta morbilidade co rigor do que se estudiou o caso da "vaga de calor de 2003"?.

Xestión Profesional

Nesta fin de seman publicouse un artigo de Oriol Güell no que se califica ós xestores sanitários coma "Técnicos con man política".

No artigo faise unha pequena historia da xestión sanitaria en España escomenzando polos administradores contables dos tempos da "expansión do gasto sanitario" ate os actuais xestores todoterreo que coñecen a contabilidade, a psicoloxía da motivación e o traballo en equipa e, coma non, teñen coñecementos sanitarios mais ca dabondo para entender certas necesidades e prácticas.

O fondo do artigo semellame que é a petición por parte da Federación Española de Gestión Sanitária dunha maior profesionalización da xestión sanitaria partindo da base dunha definición común do perfil do xestor e da súa formación. Mágoa que esqueza a inclusión das bases da xestión e do seu "vocabulario" no ensino de grao dos profesionais sanitarios (se cadra porque non o considere necesario).

Non esquece o articulista nen os entrevistados o grao de "entendimento e comprensión da actividade politica" que deben ter os chamados a tan altas cotas... Eu boto de menos que se pida un perfil e unha formación común e non se pida un sistema de selección mais transparente en paralelo a esa formación i ese perfil.

Se cadra é que coñecen xente que adquiriu a súa "formación" coma delegado/liberado sindical e militante politico destacado e logo, unha vez como xestor, é capaz de "xetionar" movilidade interna e comisions de servizo para familiares e amigos e; coma traca final, estar implicad@ (chamolle eu "asinar") a própia comisión de servizo.

Eu recoméndolles ós señores da Federación Española de Gestión Sanitária que incluan entre os items do perfil a renúncia á plaza en propiedade (funcionarial e/ou estatutaria) como requisito do xestor "profesional" para evitar tantos e tantos casos de "facerse a casa dende arriba"; senon, ¿que risco ten quen toma as decisions e conque criterio vai toma-las decisions dolorosas si sabe que ten que voltar á area na que está a cuspir?. Salvo que conquira o abracadabrico do Tenorio de poder cobrar e non vir a traballar (e non está de baixa nen está no período de "adaptación" 'macuto dixit').

A AXUDA DO VIDEO

Neste comentario de os oubeos do kan pódese ver como están a evoluciona-las cousas no terreo das novas e o blogueo de baseados nos contidos de video.

Un dos achádegos é a cantidade de canles de divulgación sobre saude e de novas cientifico-sanitarias que hai na rede na web deonde temos 19 fontes de videos de saude mágoa que precisen o emprego de IE 6.0 e o Player de Windows.

Coido que a divulgación de videos se vai facer algo normal no campo da sanidade; de feito nalguhas páxinas comoLaparoscopia on line xa se fai na modalidade de descarga, agora tócalle ó streaming e pode que tamén o Live¡ (gracias as webcam con servidor).
Pasou o que sabíamos que ia pasar mais non como pensabamos que ia pasar... O posto de "vacacions" estaba mais perto do esperado e a nova cabeza tamén.

Agora ven o xogo do dominó chinés ¿ou non?. Non sei, o se tratar dun troco nun mesmo partido a saber por onde saen; xa se sabe que as rencillas domésticas ahi quen as arranxa a coiteladas.

Intelixencia Emocional - Agasallo de Nadal.

Dende que Goldman publicara o seu libro o fenómeno ó redor deste novo xeito de aborda-la vida non cesou e agora hai unha auténtica industria xirando en torno a ela e as suas secuelas ou fillas (intelixencia constructiva etc.) mais eu sempre me preguntei que relación neuro fisiolóxica tería todo esto i si realmente fora Goldman o primeiro en velo.

Para a segunda cuestión a resposta acheina nun boltin de Escepticemia (e-boletin de Doyma que vos recomendo) adicado á neurociencia. Nel reseñase un libro escrito hai 10 anos por Antonio Damasio co suxerente titulo "O erro de Descartes" no que se dá conta de que a separación entre a materia da que está feita o cerebro e a mente non é posibel i que as emocions agás de seren claves na conducta human, entán na base da consciencia, do pensamento e dos proxectos persoais.

O debate e a investigación seguen abertos, mais é evidente que as "ciencias da mente" ou neurociencias están no centro da atención científca, filosófica e intelectual do momento. Por elo non quero pasar o día de nadal sen vos recomendar un agasallo:

O libro de resumen das entrevistas que Eduald Punset (que persoaxe) fai no programa RedesTV e que se titula " Cara a cara con la vida, la mente y el universo " coido que é unha ocasión única de darlle a esa persoa estimada unha visión ampla do que nos rodea para que poda decidir por sí mesma i enfronta-la vida de outro xeito.

Filtra-la información

Con mais de 8.000 millons de páxinas pescudadas google é o mellor buscador da rede; e ainda así os seus inxeñeiros seguen a traballar co obxectivo de mellorar pois coidan (e con razón) que, na maioria dos casos, os seus visitantes non atopan o que pescudan...

No eido da información sanitaria e da educación sanitaria (ou seña a información para a povoación en xeral) o exponencial incremento das fontes e de canles de acceso á mesma está a crear unha soberana confusión entre ese grupo de xente que percura información moi concreta sobre os seus problemas ou o que lle dixeron que tiña...

Para tentar de dar unha saida ordenada a esta situación estase a crear nos USA unha plataforma chamada Patientinform.org que agrupa a American Heart Association, a American Cancer Society e a American Diabetes Association, unha veintena de editores de prestixio (entre eles, a American Medical Association, o Grupo British Medical Journal, o Grupo Nature e o xigante editorial Elsevier) e a National Library of Medicine e que non só tentará dar a mellor información dispoñible sobre os temas seleccionados (Dende a primaveira do 2005:Cancro, Diabete i Enfermidade coroaria) senon tamén unha permanente interpretación da mesma para os cidadans e (engado eu) para os medios de comunicación.

Polo de agora está en construcción, pero habera que seguir este recurso de perto e irmos facendo presión para que se edite noutras linguas...

<

Asociacion de Enfermería Comunitaria

Ainda que toda a miña vida profesional se ten desenrolado no eido da atención especializada e que (semellame) coa "blindaxe" que se oferta agora escusandose nas especialidades non vou trocar de ámbeto de traballo en toda a miña carreira; o certo é que tento manterme informado dos outros aspectos da actividade enfermeira visitando webs e estando apuntado a listas de correo ( Investen, seei, enfermería de urgencias, aec... ).



Desta última vai este post. Nestas datas acabo de recibires un correo da Asociación de enfermería comunitaria anunciando a posta en marcha dun foro co atinado nome de ágor@. Tiven curiosidade i decidin explora-la web para comprobar que os cartos dos socios desta organización si estan ben empregados (ou teñen bó patrocinio que contactos non han de fallar).

Visitade a web; ten un bó diseño e semella pertinente en contidos, non en balde anda nelo Adolf Guirao e outra xente con experiencia na web.

Poida que pensedes que xa existen foros dabondo para os temas enfermeiros e que sexades partidarios de canaliza-los debates profesionais ó traveso dos foros da OCENF; eu son reacio a todo o que sexa asociacionismo obrigatorio porque sempre acaba ocorrendo que unha persoa (elexida non se sabe ben como) di falar en nome de todos os membros ainda que a maioria se expresen contra a súa pertenza a esa asociación; i esta persoa emprega o nome de todos para negociar e facer presión sobre os temas que lle interesan e no senso que lle interesa.

Nunha asociación cientifico-profesional de caracter voluntario soe habermos mais participación e de mais calidade e nos modelos de desenrolo profesional alto (eses que nos mentan sempre: Os anglosaxons e o franco-canadiano ) son estas asociacions as que levan a voz cantante no canto á adopción de códigos profesionais, programas formativos específicos do eido no que se desenvolve a asociación, politicas de investigación etc.

Eso, que por aqui podedes respostar que eu non tiro a pedra i escondo a man... (non é preciso deixar un mail para facer comentários).

Marcha "o central"

Marcha o central. Vira quen bo o fara?

Negociación

Afectar o que se dí afectar directamente non me afecta, mais si que me sinto afectado... Xa vai para 6 anos que marchei de Verin, pero sempre mantiven lazos coa xente que ali estaba e me mantiven ó tanto do que ali ocorria; por iso me alegra que se estexa a negociar a "integración" no SERGAS.

Manteño as miñas preguntas de "¿como?", "¿porque?" e "¿porque agora?" e vou atopando respostas.

Unha delas a de que a integración do persoal se faría polo decreto 476/1996 (DOG 20/02/1997) que foi o aplicado os centros das corporacions locais e provinciais no momento da sua integracion... coido que ó se tratar dunha negociación está será a solicitude da "parte social"; solicitude coherente dende o punto de vista da similitude de situacions ainda que non dende o punto de vista das manifestacions públicas que se fixeron con respecto ás persoas que traballan na FHV no seu inicio.En fin "cosas veredes amigo Sancho...".

Otra cuestión que me atenaza é saber que garantias hai de que este proceso continúe tra-las eleccions da primaveira si non están resoltas entón.

O que dixo Ortun

Mentras eu ia dun lado � outro celebrouse o II Congreso de atenci�n Sanitaria da �rea do Bierzo...



Desculpade a calidade do cartel, pero non puiden conquerilo mellor.

Polo que me conta quen puido asistir o discurso do se?or Ortun na inauguraci�n foi moi na li?a do Congreso... algo de todo, todo moi vago e superfluo.

Mais interesantes estiveron os talleres sobor da econom�a da saude. O fomento da d�bida cr�tica como primeiro paso nun b� proceso de mellora (incluida, ou mellor: escomenzando pola autocr�tica) de calquer proceso de decisions e a mensaxe de que todos nun centro sanitario somos e facemos foron os contidos mais interesantes.

M�goa non poder acudir para facer preguntas; sobor de todo � se?ora Pastor sobre si o SERGAS rec?a no canto das novas formas de xesti�n...

"PASAR AL SERGAS"

DIXOME, DIXOME. PROMESAS OU FRACASO



Disque, comentan, corre por ahi... que a Fundaci�n Hospital Ver�n vai "pasar al SERGAS" en 2006.

Primeiro un preg�ntase que quere dicir de verdade "pasar al SERGAS"; pois o 100% do capital da FHV xa pertence � SERGAS que � ademais o principal comprador de servicios da FHV e determina toda a xesti�n do centro.
?Equivale iso a que o persoal da FHV vai pasar a estatutario?; non ten porque si nin porque non ainda que coa recente referencia dos hospitais das deputacions, hospitais militares, o ISM e a negociaci�n que se est� a producir no canto da sanidade penitenciaria todo semella que si.
?Ter�a ise paso algun outro significado?. Dende logo dende a oposici�n (mais o BNG que o PSdG-PSOE) e os sindicatos a lectura ser�a de: "fracaso do modelo privatizador" ou gaitas polo estilo (o SOE que non cuspa moi alto que logo lle d� na faciana...) Mais coido que non se esforzarian en investigar que se fixo ben e que se fixo mal ali nestes 10 anos e que se pode aprender de elo para mellorar a sanidade p�blica.
Ainda ten outro significado profundo dentro do goberno galego. Este modelo puxose a andar cando o se?or A. Nu?ez Feijoo era presidente do SERGAS e JM Romay conselleiro de sanidade con gran "ruido de fondo" do "grupo da boina" en Ourense que non desaproveitou a ocasi�n no 96 para facer unha "toma de posesi�n" do hospital que mais semellou o desembarco de Colon en Am�rica (s� fallaron os estandartes).
Pode, logo, ser un globo sonda e nada mais porque semellante paso ser�a irmos contracorrente se temos en conta que do que mais se fala na xesti�n sanitaria actual � de "coxestionar ou cofinanciar" os novos centros da man da sanidade privada
Tam�n pode tratarse dun xeito de incentivaci�n para o persoal � vista do desencanto que existe dempois de 10 anos de deterioro cont�nuo das condicions de traballo e de desprezo por parte do resto da sanidade publica. Non esquezamos que estamos en campa?a electoral.

Congreso de atenci�n sanitaria

Os d�as 18 e 19 de Novembro celebrarase en Ponferrada a 2? edici�n do congreso de atenci�n sanitaria orientado nesta ocasi�n en torno � continuidade dos coidados. Lamentablemente non ten mais enlace web que esta nova de diario de Le�n...

Mais como queira que dentro do Hospital del Bierzo si esta a circular un correo co programa previo semellame axeitado destacar duas presencias importantes


Vicente Ort�n Rubio: Para os que leen algo de econom�a da saude en Espa?a � unha refer�ncia ineludibel dende hai 10 anos. Ainda que os Defensores a ultranza da sanidade p�blica lle ataquen por manter posicions economicistas e/ou privatizadoras as s�as analises soen ter gran solidez.
Participa na sesi�n inaugural e nun taller sobor econom�a da saude.


Ana M. Pastor J. Responsabel de sanidade no PP. Foi a ministra de sanidade que fixo realidade o Estatuto Marco que levava 17 anos "na rec�mara";e a Lei de ordenaci�n das profesions sanitarias que recibiu gran contestaci�n por parte sindical (que non dos colexios profesionais)


Bueno; si o ano pasado as, daquela, Xornadas de atenci�n sanitaria me pareceran: "altamente inespecificas e moi ambiciosas" as deste ano queren centrarse nunha tem�tica, pero semella que van sair un pouco dispersas mais, mellor � que nada.

A pandemia que ven.

As noticias "xen�ticamente incorrectas" de wired son moi interesantes para estar � d�a no que respecta � tecnoloxia aplicada � sanidade e non s� iso.

Tam�n se poden ver alertas "mesianicas" coma esta que avisa sobor dunha pr�xima pandemia de gripe. Como vedes dende os anos 60 non se produce ningunha pandemia de gripe con grande mortalidade, ou se?a cunha mutaci�n importante nos virus que nos pillase pouco inmunizados.

Evidentemente a alerta vai en serio vendo que a fonte � a WHO/OMS que pon � vosa disposici�n moita informaci�n (en ingles) sobre a pandemia e os plans preventivos e de acci�n (documento en castelan)

O se?or das verbas

Na fin de semana do 21 de Outubro celebrouse en Madrid o encontro "La sanidad privada en Espa?a y su papel dentro del SNS" no que estiveron gran parte das "cabezas pensantes" e todo o WIW da sanidade espa?ola. Este encontro tivo como invitado estrela a Tom Sackville (ex ministro brit�nico de sanidade con Iron Woman e pai da PFI)



Tam�n asistiron, entre outros, Fernando Lamata (secretario xeral de sanidade do MSC) e Vicente Rambla (conselleiro de sanidade de Valencia).
Mentras o se?or Sackville semellaba percorre-lo cami?o de volta dende a PFI (Iniciativa Financieira privada) dicindo que:" el verdadero problema de la sanidad no es el edificio sino lo que sucede dentro" , pero insistindo en que a mellora da eficiencia nos centros p�blicos son ser� posible co modelo tradicional; o se?or Rambla segu�a a alabar o sistema capitativo aplicado en alzira (e xa reformado por insuficiencia financieira) e que pronto se aplicar� en outro �rea de saude de Valencia (Marina Alta) e , moi probablemente, nos novos centros que os "Espe Boys" van por en marcha en Madrid.

Mais interesantes e alarmantes (� meu entender) foron as verbas de Lamata; o extraordinario incremento da factura farmaceutica est� a producir unha disminuci�n relativa nos gastos de persoal do sistema e a infrafacturaci�n de miles de millons de Euros (carallo baby???) na atenci�n �s extranxeiros fan soar as trompetas de Xeric� diante do sistema de aseguramento p�blico: Na recente confer�ncia de presidentes auton�micos ( 28/X/2004 ) falouse do financiamento sanitario e da posibel incentivaci�n do seguro privado teor�a reforzada pola intenci�n do ministerio de crear un baremo de danos na asistencia sanitaria (o que reducir�a a incertidume financieira das empresas prestadoras de servizos sanit�rios e das aseguradoras).

?Introducirase � final un sistema dual coma na educaci�n no que uns acuden a centros privados con cartos p�blicos sen pagar sobrecustos financieiros nen impositivos e outros acuden �s centros p�blicos e padecen as consecuencias de anos de infrainvestimentos e de desmotivaci�n xeral?
Con respecto � modelo capitativo (Alzira) Lamata estivo mais ca tibio dicindo que "con los datos disponibles no se podr�a afirmar que estos modelos sean mejores o peores. Les veo pros y contras que me hacen tener dudas sobre su ventaja competitiva".

Eu coido que a vantaxe competitiva que te?en � a desregulaci�n das condicions de compra e de xesti�n de persoal ("flexibilidade" que lle chaman os finos); pero o que mais me entristece e alarma � a idea que ten certa parte da povoaci�n (instigada pola propaganda mediatica) de que nos centros p�blicos se despilfarra recursos a esgalla e que o persoal vive de "pachorra".
No canto dos recursos materiais hai mais "oportunidades" de despilfarrar, prevadicar (roubar)e comisionar en centros de xesti�n privada (fundaci�ns, consorcios, EPs...) que nos centros tradicionais xustamente por esas "trabas e prazos burocr�ticos" (o procedemento administrativo). Efectivamente reco?ezo que o modelo tradicional pon impedimentos � hora de organizar politicas de aforro (eficiencia), pero tam�n vexo moi pouca asunci�n/delegaci�n de responsabilidade nos cargos intermedios que se limitan a facer de "eslabons da cadea".
As grandes deficiencias da xesti�n actual non ve?en pola natureza xuridica dos centros como ben d� Elena Mingo (directora da Red Sanitaria Unica de Utilizaci�n P�blica de Madrid), senon polos deficientes e diferentes sistemas de informaci�n (a base da casa) que non conquiren (nin conquerir�n � 100% ) encasillar nun n�mero de categorias manexables a grande variabilidade humana co resultado de que ainda agora non se pode dicri que � o que se fai nos centros sanit�rios non en que se empregan os recursos consumidos neles co cal � fantas�a calquer estudo de puntos d�biles e fortes e a implementaci�n de medidas correctivas.

Eu sego a opinar que o modelo tradicional se pode reorganizar dende dentro motivando � xente para conquerir-las mellores resultados no seu traballo i que eses "mellores resultados" ser�n o paradigma da eficiencia: "m�s con lo mismo o lo mismo con menos" sen por en perigo nin a CALIDADE-EFICACIA (obxectivo n?1) nin a transparencia .
Evidentemente a nivel macro s� nos queda mirar e ver; os hospitais p�blicos sempre atender�n �s casos mais dificiles t�cnica e humanamente e os outros lles ser� doado adiacarse �s procesos de "alta resoluci�n" onde o valor engadido xere plusvalias.