Google+

Desafiando á Intelixencia Artificial

 Non, non me trabuquei de título, non quería decir "o desafio da intelixencia artificial (IA)".

Leendo a editorial que enlazo no tuit do día caín en que análogamente ós "coidados perdidos" (Missed Care) concepto sobre o que xa teño escrito ; na xestión tamén a presión do sistema acada que se adique moito esforzo a actividades de "escaso valor" medido pola súa repercusión no resultado da actividade no benestar de pacientes e profesionais.

Lembrei una "tuitversación" con Enrique Castro en torno á hixiene de mans (a outra festiña de fotos e paripé do mes) na que apuntabamos a que en case nengún cálculo de "cargas de traballo" se ten en conta o tempo que hai que adicar a esta importantísima actividade.

E enlacei eso coa proposta de "cartera de servicios" no plano anual de xestión que se nos presentou ós equipos de atención primaria da GASBI e tratei de facer un cálculo do tempo que debería adicar a cumpli-los mínimos que en dita proposta se indican para o cupo de 1527 persoas ás que atendo...

MEDORA non é un aplicativo novo, xa ten as súas décadas; por iso "corre", ou mellor dito, "arrastrase" en explorer mais non é tan malo como GACELA e ten a vantaxe de enfocarse mais a como é a realidade asistencial. No tocante á agregación de datos, a "palanca" que transforma un sistema de rexistro nun sistema de información, presenta grandes carencias; por exemplo, a lista de posibles nomes para os procesos non semella seguir un estandar tipo CIE-10 ou similar.

Seguramente mais pronto que tarde dende consejería se implementará un sistema de IA para a axuda á diagnose nas probas por imaxe ou para a brinda-lo tratamento mais axeitado no cada vez mais complexo panorama da farmacoloxía "personalizable"... mais 

E si tratan de aplica-la IA ó cálculo do tempo de profesionais preciso para brinda-la atención que, segundo a evidencia dispoñible, precisan as necesidades da poboación?

Igual lles dá medo rebentar os superordenadores tratando de cadrar necesidades e cartos en entornos de "reducción da presión fiscal".

JTA outra crónica de decepción e fracaso


Como se pode apreciar na imaxe o pasado 14 de abril se publicou no taboleiro de dirección da GASBI (e seica tamén na intranet mais non o puiden atopar) o calendario para as eleccions á Junta Tecnico-Asistencial. A convocatoria tamén se enviou por correo electrónico pero non a tódolos profesionais implicados ou polo menos non a alguns que estamos en AP o que non sei si ten que ver conque a efectos da JTA non hai "integración" ou a cal outro argumento pode respostar.

En 2020 no ollo do furacán COVID se levou a cabo a elección para a JTA da GASBI e me presentei porque coidaba que podía "aportar la visión de los profesionales de los cuidados de “primera línea” con fundamentación científica y orientación a la calidad y la seguridad del paciente"

A xuntanza constitutiva tivo lugar o 28 de Xullo de 2020. No 1º ano o mais salientable que se fixo foi aproba-lo regulamento interno de funcionamento da JTA.


Durante 2021 o principal "cabalo de batalla" da JTA foi completa-los seus integrantes; reflexo da propia situación da GASBI na que unha boa porcentaxe dos profesionais, sobor de todo médicos de hospital, marcharon a outros centros e das mudanzas nas xefacturas de servizo por mor de xubilacions.

Traballouse, si no plano das comisions clínicas do centro tratando de rompe-la parálise que as afectaba vencellada tamén á mobilidade e rotación no cadro de profesionais do hospital porque é a JTA a que ten que dar o visto bó ás propostas de integrantes nas comisions "oficiais".

Asi pois, se fixo unha labor de tratar de normaliza-las comisions do centro escomenzando pola "cabeza" que sería a "Comisión central de garantia de calidad" composta polos presidentes do resto das comisions e que se encargaría de centraliza-la documentación do resto das comisions.

Eu solicitara a creación dunha comisión de "seguridad del paciente" para o área e tamén (consta en acta) preguntei polas "unidades funcionales" que ata 2016 funcionaran no centro e que para 2021 "no están activas".


Durante 2022 seguiuse traballando paseniño no tema das comisions clínicas dandose por pechadas tódalas comisions existentes anteriormente mais no remate do ano aínda non se constituiran mais que as comisions obligatorias (Comité de tumores e Bioetica) que non entraban nesa órbita.

Tamén se seguiron a renova-los compoñentes da JTA pois a cascada de xubilacions e traslados así o requería.

Como a JTA contén o órgano encargado de informar sobre a concesión dos módulos de atención continuada a maiores de 55 anos este foi outro tema no que se adicou tempo pois había dúvidas razoables sobre o prazo de presentación de solicitudes e resolución das mesmas.

Outra función da JTA e ser informada dos planos de xestión (obxectivos) tanto no intre da proposta como na súa resolución e si ben a información da proposta se pode considerar "provisional" e "sensible" e polo tanto susceptible só da opinión técnica dos seus integrantes coido que fallamos (polo menos eu) na difusión sobre a información da resolución dos PAG... en concreto ó de 2021 que, como lembraredes, non se cobrou ren porque si ben se acadaron os obxectivos clínicos non se puideron acadar os presupuestarios debido xustamente á situación de precariedade no cadro de médicos de hospital (principalmente) o que supuxo adicar recursos á actividade "extra" coa que paliar as ausencias.

Logo estaba o tema de dar resposta a situacions nas que en pouco ou nada tiña competencias a JTA como este escrito meu que en realidade estaba resolto mais mal difundida a información entre as profesionais.


ou outro dun servizo que precisaba saída a unha situación estructural grave.

No eido da actividade persoal ademais presentei esta solicitude para tratar de mellora-la transparencia no acceso ás comisions clínicas... 


Mais coido que topei co muro de silencio habitual no que tan cómodamente viven tantas enfermeiras.

En 2023 se consituiu a "Comisión de apoyo a la investigación e Innovación de la GASBI (CAIiBi)" que xa ten o seu regulamento interno e procedementos operativos e de todo iso se informou na derradeira JTA e coido que é precisa xa a súa difusión.

o PAG 2023 ainda está en negociación cos servizos e pendente de resolucion de algunhas alegacions presentadas mais semella que por fin o cumplimento dos obxectivos clínicos non se van ver anulados completamente por non acada-los obxectivos presupuestarios. 

Teño un bó amigo que adoita a dicir "excusatio non petita, acusatio manifesta" (ou algo así) e persoalmente sinto que non acadei os obxectivos propostos o que, sen dúvida, é o requisito fundamental para non optar a presentarme nesta ocasión.

Só desexo que quen teña as gañas de facelo e acade tal consideración poda ter mais calma e apoio para facer aquelo que non acadei.

CANDIDATURA

O prazo para presentación de candidaturas remata o 10 de Maio, só é preciso entregar un escrito na secretaría da dirección médica co nome, apelidos, DNI, categoría profesional, área de traballo e correo corporativo sinalando o posto da JTA ó que se opta.

nota final: Dado o pouco valor desta visión persoal e a nula acción de cambio entre as profesionais para ataca-los problemas mais aló das fotos "cuquis" Qué tanto ten que escriba esto en inglés, castelán ou galego?