Google+

Ollo, que molesta.

Teño que escribir esta entrada non para "denunciar" nada que non se coñeza senon por explicar porqué fixen algo que non adoito a facer: Borrar un chio.

En concreto este:

A historia é un pouco longa; mais non vos vou a incomodar coas cifras desta tráxica pandemia (1) nen cos mais de 30 anos que vai que a violencia contra das mulleres é un eixo das actuacions pola saúde da poboación da ONU (2) constituindo un dos "temas" da OMS (3).

Nen como tanto as organizacions gubernativas supranacionais europeas como o estado español a teñen integrado nas estratexias de atención sanitaria á poboación. 

En Castilla y León a Gerencia Regional de Salud (GRS) ten incluida a "detección precoz de mujeres víctimas de violencia de género" na carteira de servizos dende finais de 2008 (4)

e o pasado 22 de novembro se fixo unha reunión do equipo do noso centro para ver a evolución das coberturas dos programas na que se falou do escaso cumplimento deste obxectivo; aquí o dato.

Falouse da dificultade de "entrar" no tema e de que moitas mulleres non son quen de recoñecer os sinais que pronostican un risco de violencia contra delas.

Así pois algunhas compañeiras decidiron facer unha actividade que favorecese esa identificación de signos previos; aquí a vedes pouco dempois de ser colocada a tarde do 23 de novembro.

Unha actividade moi neutra que enfatiza certas conductas que poden indicar risco e que, á vista está, se alinea perfectamente coas estratexias, programas, plans e obxectivos da GRS.

Tan ben me pareceu que a tuitei o 24 ás 13h tras comentar no grupo de enfermeiras do centro "al twitter que va"... cando saín de nadar vin que varias compañeiras me respostaban que non o fixera... e, coidando que se trataba dunha foto do interior do centro ou que a activdade non fora posta en coñecemento da dirección borrei o chio.

Pois ben; o que pasou foi que pasadas unhas poucas horas da mañan do 24 de novembro se recibiu unha chamada dende a xerencia para que a actividade fose retirada pois "fería sensibilidades". Esa tarde os grupos do centro ardían e xa vin que fixera mal en retira-lo chio porque a actividade si que contaba non só con autorización senon coa felicitación da dirección.

E así atopei a actividade no cubo de lixo do baño de persoal cando fun traballar pola tarde.

 

Evidentemente deixar a nosa sorpresa nun grupo de mensaxería correspondese con deixala nuha "queixa de salita" así que se enviou un escrito colectivo á xerencia manifestando a desorientación que esta retirada causa pois, polo mesmo motivo, non sabemos si se pode preguntar ás persoas si se queren vacinar ou si se queren facer doantes de sangue por exemplo. Ese escrito presentouse hoxe.

Eu son pesimista no que respecta a que se nos aclare nada do feito porque cecais non van os "argumentos" por onde tod@s pensamos...

A pista ven deste tuit do concello de Ponferrada que fixo o que soen facer as institucions nesta data... escenificar a repulsa fronte á violencia contra das mulleres. Si ben é certo que non houbo declaración institucional por falta de unanimidade (como puxen no chio) qué sentido ten obrigar a retirar unha actividade nun centro de saúde e non "protestar" porque o concello fai esto? Algo non cadra.

E tampouco semella que a nivel da GRS se teña deixado de lado este problema pois o mesmo 24 de novembro recibimos este correo dende a Dirección General de Salud Pública:


 Así pois:

Lamento ter retirado o chio tanto como lamento que se retirase a actividade.

A miña teoría é que poda que nos atopemos cunha versión "intermedia" da coñecida "relación fotosensible".

PD: Entrada en galego porque quero, porque me gusta, porque me peta, porque si, porque me sae de ahí.

Referencias:

1) https://www.who.int/publications/i/item/9789240022256

2) United Nations. Declaration on the elimination of violence against women. New York : UN, 1993.

3) https://www.who.int/health-topics/violence-against-women

4) https://www.saludcastillayleon.es/profesionales/es/violencia-genero/documentacion-castilla-leon.ficheros/234297-Cartera%20de%20servicios%20Violencia%20de%20G%C3%A9nero.pdf

Ollar á obesidade de fronte mais con respeto

 

Traballar en AP me ten trasladado a unha situación na que podo contemplar o "antes" de moitos casos que vivía no quirófano e así trato de trasmitirllelo ás persoas afectadas.

A "Enfermedade crónica baseada na adiposidade" (1) é o mais grande problema de saúde dos humanos, adoitabamos a pensar que era do "mundo desenrolado" mais dadas as enormes desigualdades tamén nos países menos desenvolvidos a obesidade é un problema de saúde... entre clases "diverxentes"; unha pandemia con tódalas letras.

Temos diversos problemas para obxectivar esta enfermedade porque teimamos en empregar de xeito habitual unha escala, o índice de masa corporal (IMC), que ven sendo como si medísemo-la estatura a palmos no lugar de cun tallímetro.

Nesta peza recén publicada (2) baseada no estudo retrospectivo dun gran biobanco no RU e os rexistros de mortalidade pescudan cales medidas da adiposidade se asocian de xeito mais certeiro coa mortalidade e atopan que:

Un marcador óptimo da adiposidade tamén debería proporcionar asociacions coherentes entre os diferentes niveis de adiposidade medidos polo IMC. A diferenza do IMC e o Indice de masa graxa (IMG que se obten nas básclas de bioimpedancia tamén chamadas "analizadores corporales"), a asociación entre el Índice Cintura cadeira (ICC) e a mortalidade non difiriu entre os cuantis do IMC.

O estudo centrouse en poboación branca do RU mais ó incorporaren os datos do biobanco enténdese mellor que en moitos casos a distribución da graxa determinada xenéticamente pon en alto risco cardiovascular a persoas non só "obesas" segundo o IMC senon tamén con "sobrepeso" e "normopeso".

 

Esa distribución da graxa determinada xentéticamente ou posiblemente medidada por disruptores quimicos (3) constitue unha tremenda barreira á hora de marcar obxectivos acadables para as persoas afectas creando frustración tanto no paciente como no profesional.

Non seren quen de xestionar axeitadamente esa frustración pode conducir a actitudes pouco profesionais ou unha aparente inacción por parte do paciente; de ahí ó conflicto ou a chamada "gordofobia" só hai un paso.

E como sempre a "necesidade" estimula ós "pillos" e os avances da ciencia percurados ou atopados se convirten nunha pedra filosofal que chega a ser venerada nos altares dos eventos "profesionais" sen sequera un chamamento á precaución porque nensequera se sabe ben porqué esa droga funciona... nun problema tan prevalente e con tantas implicacions conviría seren mais coidadosos.

ou non.

Bibliografía:

1-Definición da enfermedade crónica baseada na adiposidade: American Association of Clinical Endocrinologists & American College of Endocrinologist https://pro.aace.com/sites/default/files/2019-04/ABCD%20on%20Obesity%20%20.pdf

2-Khan I, Chong M, Le A, et al. Surrogate Adiposity Markers and Mortality. JAMA Netw Open. 2023;6(9):e2334836. doi:10.1001/jamanetworkopen.2023.34836

3-King2022-12-19T11:25:00+00:00, Anthony. “Are Everyday Chemicals Contributing to Global Obesity?” Chemistry World, https://www.chemistryworld.com/features/are-everyday-chemicals-contributing-to-global-obesity/4016664.article. Accessed 22 Sept. 2023.

Caos extraordinario

 Os alardes innovadores na xestión sanitaria son difíciles de distinguir da improvisación.

SACYL convocou un concurso de traslados extraordinario con bós argumentos ("repescar" persoal do que hai carestía e que acadou praza noutras CCAA ó que non lle dan comisión de servizo) e para non andar con líos de prazas reservadas para un ou outro concurso meteu o concusro aberto e permanente e este extraordinario nun saco xuntando incluso as peticions de ámbolos dous procesos.

Na categoría de enfermeira se engade a incorporación das prazas estatutarizadas que non son poucas.

O concurso extraordinario segue adolescendo de transparencia na información teimando en no poñer nunha mesma taboa código de praza, código CIAS, demarcación e turno de traballo.

A información sobre as demarcacións este ano 2023 publicouse noutro formato e outro sitio que nos anos anteriores.


E segue a ser complicado saber a qué praza corresponde cada demarcación... como si quixeran que os traballadores teñamos que acudir a "alguén" para que nos informe.

E ainda por riba si se consulta a información no sistema se pode observar que hai prazas "cruzadas".

Por exemplo; no meu centro a persoa que figura exercendo a praza rematada en 13 NON está cubrindo as demarcacions que nesta táboa se indican... o está facendo a que figura na praza 6. Da a casualidade que as persoas que ocupan esas prazas teñen o mesmo nome propio...

Un "erro" que pode levar a alguén a pedir o que non quere si non "se informa" por parte dos que non queren transparencia para aparentar que teñen algo que facer. 



En febreiro de 2024 (ou mais) saberemos si esto ten repercusión ou non.

Desafiando á Intelixencia Artificial

 Non, non me trabuquei de título, non quería decir "o desafio da intelixencia artificial (IA)".

Leendo a editorial que enlazo no tuit do día caín en que análogamente ós "coidados perdidos" (Missed Care) concepto sobre o que xa teño escrito ; na xestión tamén a presión do sistema acada que se adique moito esforzo a actividades de "escaso valor" medido pola súa repercusión no resultado da actividade no benestar de pacientes e profesionais.

Lembrei una "tuitversación" con Enrique Castro en torno á hixiene de mans (a outra festiña de fotos e paripé do mes) na que apuntabamos a que en case nengún cálculo de "cargas de traballo" se ten en conta o tempo que hai que adicar a esta importantísima actividade.

E enlacei eso coa proposta de "cartera de servicios" no plano anual de xestión que se nos presentou ós equipos de atención primaria da GASBI e tratei de facer un cálculo do tempo que debería adicar a cumpli-los mínimos que en dita proposta se indican para o cupo de 1527 persoas ás que atendo...

MEDORA non é un aplicativo novo, xa ten as súas décadas; por iso "corre", ou mellor dito, "arrastrase" en explorer mais non é tan malo como GACELA e ten a vantaxe de enfocarse mais a como é a realidade asistencial. No tocante á agregación de datos, a "palanca" que transforma un sistema de rexistro nun sistema de información, presenta grandes carencias; por exemplo, a lista de posibles nomes para os procesos non semella seguir un estandar tipo CIE-10 ou similar.

Seguramente mais pronto que tarde dende consejería se implementará un sistema de IA para a axuda á diagnose nas probas por imaxe ou para a brinda-lo tratamento mais axeitado no cada vez mais complexo panorama da farmacoloxía "personalizable"... mais 

E si tratan de aplica-la IA ó cálculo do tempo de profesionais preciso para brinda-la atención que, segundo a evidencia dispoñible, precisan as necesidades da poboación?

Igual lles dá medo rebentar os superordenadores tratando de cadrar necesidades e cartos en entornos de "reducción da presión fiscal".

JTA outra crónica de decepción e fracaso


Como se pode apreciar na imaxe o pasado 14 de abril se publicou no taboleiro de dirección da GASBI (e seica tamén na intranet mais non o puiden atopar) o calendario para as eleccions á Junta Tecnico-Asistencial. A convocatoria tamén se enviou por correo electrónico pero non a tódolos profesionais implicados ou polo menos non a alguns que estamos en AP o que non sei si ten que ver conque a efectos da JTA non hai "integración" ou a cal outro argumento pode respostar.

En 2020 no ollo do furacán COVID se levou a cabo a elección para a JTA da GASBI e me presentei porque coidaba que podía "aportar la visión de los profesionales de los cuidados de “primera línea” con fundamentación científica y orientación a la calidad y la seguridad del paciente"

A xuntanza constitutiva tivo lugar o 28 de Xullo de 2020. No 1º ano o mais salientable que se fixo foi aproba-lo regulamento interno de funcionamento da JTA.


Durante 2021 o principal "cabalo de batalla" da JTA foi completa-los seus integrantes; reflexo da propia situación da GASBI na que unha boa porcentaxe dos profesionais, sobor de todo médicos de hospital, marcharon a outros centros e das mudanzas nas xefacturas de servizo por mor de xubilacions.

Traballouse, si no plano das comisions clínicas do centro tratando de rompe-la parálise que as afectaba vencellada tamén á mobilidade e rotación no cadro de profesionais do hospital porque é a JTA a que ten que dar o visto bó ás propostas de integrantes nas comisions "oficiais".

Asi pois, se fixo unha labor de tratar de normaliza-las comisions do centro escomenzando pola "cabeza" que sería a "Comisión central de garantia de calidad" composta polos presidentes do resto das comisions e que se encargaría de centraliza-la documentación do resto das comisions.

Eu solicitara a creación dunha comisión de "seguridad del paciente" para o área e tamén (consta en acta) preguntei polas "unidades funcionales" que ata 2016 funcionaran no centro e que para 2021 "no están activas".


Durante 2022 seguiuse traballando paseniño no tema das comisions clínicas dandose por pechadas tódalas comisions existentes anteriormente mais no remate do ano aínda non se constituiran mais que as comisions obligatorias (Comité de tumores e Bioetica) que non entraban nesa órbita.

Tamén se seguiron a renova-los compoñentes da JTA pois a cascada de xubilacions e traslados así o requería.

Como a JTA contén o órgano encargado de informar sobre a concesión dos módulos de atención continuada a maiores de 55 anos este foi outro tema no que se adicou tempo pois había dúvidas razoables sobre o prazo de presentación de solicitudes e resolución das mesmas.

Outra función da JTA e ser informada dos planos de xestión (obxectivos) tanto no intre da proposta como na súa resolución e si ben a información da proposta se pode considerar "provisional" e "sensible" e polo tanto susceptible só da opinión técnica dos seus integrantes coido que fallamos (polo menos eu) na difusión sobre a información da resolución dos PAG... en concreto ó de 2021 que, como lembraredes, non se cobrou ren porque si ben se acadaron os obxectivos clínicos non se puideron acadar os presupuestarios debido xustamente á situación de precariedade no cadro de médicos de hospital (principalmente) o que supuxo adicar recursos á actividade "extra" coa que paliar as ausencias.

Logo estaba o tema de dar resposta a situacions nas que en pouco ou nada tiña competencias a JTA como este escrito meu que en realidade estaba resolto mais mal difundida a información entre as profesionais.


ou outro dun servizo que precisaba saída a unha situación estructural grave.

No eido da actividade persoal ademais presentei esta solicitude para tratar de mellora-la transparencia no acceso ás comisions clínicas... 


Mais coido que topei co muro de silencio habitual no que tan cómodamente viven tantas enfermeiras.

En 2023 se consituiu a "Comisión de apoyo a la investigación e Innovación de la GASBI (CAIiBi)" que xa ten o seu regulamento interno e procedementos operativos e de todo iso se informou na derradeira JTA e coido que é precisa xa a súa difusión.

o PAG 2023 ainda está en negociación cos servizos e pendente de resolucion de algunhas alegacions presentadas mais semella que por fin o cumplimento dos obxectivos clínicos non se van ver anulados completamente por non acada-los obxectivos presupuestarios. 

Teño un bó amigo que adoita a dicir "excusatio non petita, acusatio manifesta" (ou algo así) e persoalmente sinto que non acadei os obxectivos propostos o que, sen dúvida, é o requisito fundamental para non optar a presentarme nesta ocasión.

Só desexo que quen teña as gañas de facelo e acade tal consideración poda ter mais calma e apoio para facer aquelo que non acadei.

CANDIDATURA

O prazo para presentación de candidaturas remata o 10 de Maio, só é preciso entregar un escrito na secretaría da dirección médica co nome, apelidos, DNI, categoría profesional, área de traballo e correo corporativo sinalando o posto da JTA ó que se opta.

nota final: Dado o pouco valor desta visión persoal e a nula acción de cambio entre as profesionais para ataca-los problemas mais aló das fotos "cuquis" Qué tanto ten que escriba esto en inglés, castelán ou galego?