Google+

Publicacións vento en popa.

Como se pode apreciar engadín novos enlaces no lateral porque coido que cantas mais vías de entrada mais xente se poderá favorecer da útil información que ofrece tanto á Paxina do Plan de Calidade do SNS como ó coherente esforzo de GuiaSalud.

Como exemplo vos quero traer a "Guía de Práctica Clínica de Enfermería: prevención y tratamiento de úlceras por presión y otras heridas crónicas" (.PDF 4 Mb) un documento elaborado na comunidade valenciana por unha equipa de enfermeir@s de distintos ámbitos que, penso, vai marcar un fito na abordaxe da prevención e tratamento das UPP; que, non esquezamos, 'sinalan' directamente á enfermeiría e son un "EVENTO ADVERSO" prevenible clásico e un indicador da calidade da atención enfermeira (algo que se inclue na propia guía).
A guía ten un plantexamento científico impecable incluindo unha breve guia Diagnóstico-NIC-NOC, abondosas e pertinentes referencias, unha maquetación ben coidada e ilustracions e fotos dabondo para clarificar dúbidas. Fai un percorrido exhaustivo mais non demasiado extenso das diferentes alternativas dispoñibles no eido dos apósitos que pouco dista das tan necesarias guias de compras baseadas na evidencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input