Google+

Primeiro paso da futura H.C.

Fai un tempo falara eu criticamente do Tsunami que a Lei de Protección de Datos (LOPD) estaba a representar no eido da atención sanitaria anegando tódolos rexistros; tanto os clínicos como os administrativos e as posibles fontes de datos para a investigación, coa incertidume do "¿Poderei empregar este dato?" i engadíndolle a todo o SNS a grandísima responsabilidade da custodia de datos especialmente sensibles.

Tamén comentara eu que a LOPD ia ser un dos factores determinantes na adaptación das Tecnoloxias da información e comunicación ó eido sanitario e o futuro desenrolo dos sistemas de información e xestión de datos sanitarios.

Pois ben, O consello interterritorial ven de aproba-lo modelo de de Historia Clinica Dixital (HCD) para todo o SNS cun amplo consenso non só entre territorios senon, tamén cos profesionais e cos usuarios. Esta H.C.D. será accesible dende todo o SNS a "profesionais debidamente autorizados" e, como non pode ser doutro xeito, implantarase progresivamente.

AS TRABAS

Aínda queda moito por andar; non están definidos os contidos básicos do que será o primeiro chanzo desta HCD, tampouco existen detalles de como e quen financiará as infraestructuras necesarias para a implantación da "Intranet sanitaria" sobre a que 'correran' os datos. A definición dos puntos de acceso, as autoridades e a concesión de permisos de acceso, copia e reproducción de ditos contidos será un campo no que se verán enfrontados moi diversos intereses i enfoques.

A profesión enfermeira non debe consentir quedar ó marxe do acceso a este sistema e, esquecéndose de funcions e labores, debe atender a que os datos que garantan unha continuidade dos coidados profesionais brindados estéan incluídos neste sistema básico agora de xeito que nos futuros desenrolos non nos atopemos conque para facer constar unha atención, diagnóstico ou intervención teñamos que recurrir ó facultativo ou ó persoal de administración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input