Google+

Debate fragmentado

A propósito da posible presentación dun recurso ou demanda contra da integración do persoal das fundacions galegas como persoal estatutario e a miña vella teima de que o modelo de prestación de atención sanitaria mediante Novas formas de xestión non foi debatido seriamente e, por elo, cada quen chega ás conclusions que mais lle petan segundo os seus prexuizos.

Digo que co galo desa reflexión vou facer unha escolma das miñas chuzadas e comentarios sobre o tema co ánimo de constatar as miñas contradiccions que non son mais que a expersión do que debe ser un debate: argumentos a prol i en contra porque, como xa dixen: o gañador vai ser o modelo mais privatizador e detrás da provisión da asistencia sanitaria irá o aseguramento.
O sector público desarmase e volta a "pelexar coas mans (mellor dito cos papeis)" contra a flexible e ben engraxada maquinaria da sanidade privada, moi concentrada ela en tódalas prestacions que ofrecen 'valor engadido' deixando para a EXCLUSIVIDADE o que non é rendible.
En primeiro lugar o modelo NON é novidoso, leva 40 anos aplicandose noutras autonomías cos mesmos problemas financieiros que todolos hospitais... a "facturación" da actividade NON chega para pagar tódolos gastos xerados.Por iso me extranei do silencio dos promotores do modelo en Galicia cando a propia xunta de Fraguestein asinou (2005) o acordo para a integración do persoal das fundacions no réxime estatutario e, como consecuencia, a disolucion de tales organismos.
Agora será o momento de lle preguntar ó Sr. Feijoo (presidente do SERGAS cando se 'pariu' o invento) ¿onde quedou o marabilloso modelo que ia a asombrar ó resto do estado?.O certo é que no resto do estado se está a apostar pola xestión privada dos centros e servizos públicos tanto nas autonomías do PP como nas do PSOE
Resultame curioso que para levar a cabo unha decisión política se teña que recurrir a argumentos peregrinos ou a crear unha especie de opinión xustificadora...
A conselleira escenificou un motivo económico para o cumprimento dun punto programático do acordo que sustenta ó goberno. Esqueceu mencionar que a débeda de calquer outro centro sanitario público é igual ou superior (en €/cama) pero que quedan 'enxugadas' directamente nos presupostos da comunidade. Esqueceu tamén mencionar que o mesmo modelo se ven a desenrolar en andalucía (gobernada polo P$o€) baixo a etiqueta de "empresa pública" e co mesmo problema de desequilibrio financieiro(...)se dá a entender que SÓ as fundacions teñen débeda e que eso é falso; tamen reitero que o P$o€ non é quen de darse golpes no peito neste aspecto pois en varias autonomías que goberna (con especial relevancia en andalucía) se teñen constituido e funcionan "empresas públicas" que xestionan recursos da sanidade pública.
Claro que; dunha CONFUSIÓN DE ARGUMENTOS só pode sair unha confusión de resultados.

En priemiro lugar para a imaxe que se ofrece dos profesionais que traballan neses centros... A maioría traballan neles en exercicio do seu título profesional oficial que é idéntico ca o dos profesionais que exercemos no sistema estatutario e posiblemente leven a cabo mais funcions e teñan unha carga de traballo superior á dos centros do sistema estatutario.
Preocupame o tema da imaxe dos profesionais pois, como é ben coñecido, a relación dos doentes coas persoas que os atenden baséase na CONFIANZA e ista ven ligada a esa imaxe que se teña sobre a capacidade do profesional; polo que, todo isto e as acusacions que xa se fixeron dende o mesmo intre da apertura dos centros dificultan e diminuen a comunicación e a atención en si mesma.

Logo están as dúbidas sobre a legalidade do sistema de selección...
Bueno, no tema do emprego nas fundacions houbo varias fases atendendo á cronoloxía.
Período 1993-1996 (antes da lei mencionada por Postscriptum)

En 1993-1994 Predominaron as probas selectivas co espiritu da empresa privada e que poderíamos considerar 'innovadoras' (test psicotéctnicos, redacción de proxecto, entrevista...).
O emprego que se acadaba non era, nen moito menos, estable; contrato de 'inicio de actividade' por 6 meses renovable ( ou non -6 casos- ) ata os 3 anos; contratos laborais que podían rescindirse sen mais cun preaviso de 15 días e a correspondente indemnización.
Neste mesmo período alguns dos facultativos que prestaron servizos o fixeron en virtude a contratos mercantís o que causou bastante polémica -percurade nas hemerotecas-

En 1994 e 1995 as contratacións novas e as substitucions se fixeron ó mais puro estilo da empresa privada; se contratou directamente a persoas que estaban inscritas como demandantes de emprego no INEM e que posuian o título necesario para o desempeño das tarefas. Co mesmo tipo de contrato ou con contratos 'por obra ou servizo'. Pode que algunhas destas persoas SI teñan problemas para acada-la estatutarización dependendo de si quedou rexistrada ou non a realización de algunha proba selectiva con posterioridade para a conversión do seu contrato a contrato laboral fixo; cousa que aconteceu xa en 1996 co cumprimento dos 3 anos dos primeiros contratos e a entrada en vigor da Lei 10/1996 xustamente xerada co galo dos trocos na equipa directiva do SERGAS pola marcha de Romay e compañía cara a Madrid.

Dende 1997 foise implantado de xeito lento o emprego de listaxes baremadas para a contratación temporal e a convocatoria de probas selectivas para o acceso a contrato laboral fixo. En ningún caso os comites de empresa tiveron acceso a ises procesos (polo menos ata 1998) nen participaron nas negociacions das que sairon as normas dos mesmo e os seus baremos pois, simultaneamente; coa aparición dos centros de Cee, Ribeira e Vilagarcía a consellería procedeu a centraliza-la toma de decisions neste aspecto.
Que depararán nunha longa xeira de recursos sobre temas laborais e remunerativos.

Todo elo enrredado coa fixación que teñen os dirixentes políticos do goberno e a oposición de emprega-lo tema das esperas como arma... e as falsas espectativas que se crean na cidadanía no que á participación obxectiva na xestión dos centros se refire.

Supoño que voltarei a deixarme cousas sen dicir... son mal redactor e teño moi pouco tempo.

Zorongollo ou batiburrillo

Seica unha das misions do colexio profesional e facer de albacea ou gardian da lóxica ordenación da profesión, da súa formación académica e do seu desenrolo, fomento do progreso dos invidiuos que formamos parte dela e dos diversos campos nos que ten competencia (asitencial, difusora, conselleira, docente, investigadora e desenroladora de novas oportunidades).
Mais nestes 15 anos que levo vivindo do arte e oficio de coidar a evolución dese ordenamento foi bastante caótica i está a piques de desembocar nunha ruptura do corpo profesional.

No plano académico, ainda que outros queiran 'vende-la moto', os trocos que agora afectan á formación dos futuros profesionais e ás oportunidades de verdadeiro progreso dos titulados actuais veñen impostos pola chegada do Espacio Europeo de Educación Superior (EEES) que colle ó calcetín das titulacions universitarias, sacódeo, dalle a volta e volta a viralo... Cando nos rematamos a Diplomatura aínda aniñaba no exercicio da profesión (sobor de todo no eido da administración pública) o conflicto ATS - DUE; conflicto que só viña, na práctica, do nome pois; agás a restricción do acceso á docencia universitaria, a equivalencia profesional era absoluta de tal xeito que aínda agora moitos titulados ATS non viron a conveniencia de face-lo curso de nivelación.

A chegada do EEES significa o reto de acadar unha titulación superior (Grado= "licenciado") o que comportará novas oportunidades profesionais de desenrolo e de competencias que non están aínda ben especificadas.
As dúbidas respecto á homologación ou nivelación do actual título de diplomado cara ó novo título de grao non deberan ser tal pois, no fondo, entre ambas dúas haberá; como moito, 60 crétos ETCS correspondentes a materias de nova implantación -informatica, xestión...- e de libre configuración. Onde se me plantexan preguntas abondo é a hora de que os 17 sistemas sanitários e socio-sanitários públicos (os principais fornecedores de postos de traballo) aborden a oportunidade que eses titulados superiores (novos e/ou homologados) lle brindan na tarefa de conqueri-los obxectivos marcados mercede ás novas capacidades profesionais que lle poda conferir esa formación: A Lei de Ordenación de Profesions Sanitárias (LOPS) é clara ó sinalar que as funcions profesionais veñen marcadas polas capacidades obtidas na formación.
Así as cousas as administracions no seo do consello interterritorial xa están a preparar unha reclasificación profesional das categorías do SNS; un dos plantexamentos é crear unha 'segunda división' dentro da categoría "A" (A.1 e A.2) para mante-las diferencias retributivas a pesares de tratarse de títulos do mesmo nivel teórico.
Para mais embrollo do asunto os plano do MEC respecto ás carreiras da rama sanitaria incluen outorgar unha titulación 'intermedia' ó superaren os 120 cretos ETCS... suponse que se tratará dunha titulación que permita "convalidar" cretos entre titulacions e nada mais; especulacions.

Peor se plantexan as cousas no tema das titulacions de Postgrao, en grande medida debido á ambición e ó afán de notoriedade. Mercede a 'valeiros legais' e 'camiños tortos' xa hai tempo que alguns exiben títulos de "doutor en enfermería" accedendo a eles dende outras licenciaturas, a esto se engaden a cantidade de títulos própios de universidades españolas que, dende o campo da rama biosanitaria ou dende ramas afins do campo das humanidades, veñen expedindo "expertos", "maestros" etc. Súmadelle os titulos de universidades extranxeiras (da UE e de paises con convenio de recoñecemento mútuo de títulos) e como cúspide de todo ese embrollo e cos motivos que vos sinalei ó principio xa temos universidades españolas impartindo títulos OFICIAIS de "master e doctorado" de enfermeiría denantes de que o própio título de grao de enfermeiría se poda obter nun exemplo moi claro de "Face-la casa polo tellado".
Esto representa outra 'pelota' no tellado das administracions (sanitaria i educativa) que deben coidar de darlle un aproveitamento das capacidades de todos eses profesionais reflexandollo administrativamente...

E temos TOD@S un reto mais importánte que afrontar; o da formación d@s futur@s profesionais pois, sexa cal sexa a sua futura titulación i escalafón administrativo correspondente, o certo é que a meirande parte das capacidades técnicas e de toma de decisions se adquiren na formación práctica e que esta debe se-la primeira en toma-la altura do que será o futuro do exercicio da enfermeiría. É por elo preciso que asumamos un novo modelo formativo alonxado do adestramento técnico e resolución de problemas e que nos achegue a unha práctica reflexiva e participativa na que tanto os profesionais activos como @s alumn@s dialoguemos entre nós, con nós mesmos e coas situacions que afrontamos e as fontes de coñecemento que temos para acadar, en cada actuación, unha solución óptima e razonada.

No plano profesional atopamonos (tódalas profesions sanitarias) coa dicotomía de ter ante nós a aparente oportunidade de progreso profesional que, na realidade, nos alonxan do progreso académico dividindo ós profesionais e ás súas titulacions entre as que ofertan un avance académico ( grao e postgraos) sen un reflexo claro no eido laboral e unhas titulacions (porque son expedidas polo MEC) que ofrecen un avance no nivel laboral - administrativo mais que non se correlacionan coas titulacions académicas...Refírome, claro está ás especialidades.
Trátase de titulacions expedidas polo MEC e obtidas polo sistema de "residencia" facendo unha verdadeira declaración de intencions respecto do obxectivo das mesmas: Conquerir profesionais con capacidades moi concretas para eidos moi específicos da atención.
Porén o certo é que non cumplen a súa función por moitos motivos. Un deles o xa citado en varios post da inoperatividade das especialidades aprobadas vai 2 anos atrás, por outra banda a inexistencia de categorías -e postos- de traballo para estes profesionais (na administracion) e ainda mais alá; as condicions laborais desa formación que, malia as recentes negociacions, seguen a ser duras dabondo. Logo está o tema da verdadeira finalidade da creación e do "reparto" das especialidades; así temos que campos tan especificos en eidos tan concretos como os coidados intensivos, a dialise, o quirófano... quedan todas agrupadas nunha única especialidade MEDICO-CIRÚRXICA mentres que o eido da atención primaría semella "acorazado" tra-la especialidade de COMUNITARIA como un recurso para evitar transferencias indexesabeis de profesionais de avanzada idade cara ós centros de saude... En troques á profesión médica créaselle a especialidade de mediciña de urxencia (que xa conta con categoría profesional estatutaria en Galicia) e a enfermeiría non, ¿alguén explicará porqué algún día?.

No plano administrativo atopamos o correoso tema dos "quinquenios para todos", perdón da carreira profesional. Podo ser inxusto ó xulgar o tema agora que ainda estamos no período de implantación e nas fases de 'accesos extraordinarios' mais xa teño citas abondo sobre o tema e tanto no meu círculo próximo como nos contactos que fago cando rulo por eses lares de deus vexo que moita xente opina coma min no senso de que o actual plantexamento NON MOTIVA, NON INCENTIVA E NON PROMOCIONA.
Por riba temos o problema da equivalencia territorial que malia a estaren claramente expresada no BOE de abril segue a ser criticada polo feito de que se paguen diferentes cantidades nas distintas administracions sanitárias e, digo eu, tratase xustamente dun instrumento administrativo de incentivación que debera estar orientado á actividade e á calidade da mesma no que cada xestor pode creer mais ou menos ou esforzarse mais ou menos en facelo operativo e práctico.

Podería facer unha chea de propostas sobre como confluir esa dicotomía academico - profesinal á que semellamos estar abocados e na que se pode perde-la esencia de boa parte da enfermeiría como a entendemos pola separación entre os que temos que axudar na formación práctica e quenes impartan a académica; mais xa abonda de verbas por hoxe.

Só quero facer un chamamento ós responsabeis académicos, xestores e colexiais para que sexan cales sexan as solucions que vaian adoptando a este barullo se faga coa óptica do aproveitamento das competéncias profesionais actuais e futuras adquiribles academicamente e/ou por formación 'na fronte' de tal xeito que a enfermeiría deixe de aspirar a "papeliños" e a 'facultades' (como os superheroes) e pase a aspirar a RESPONSABILIDADES segundo esas capacidades.

As contas claras.


Ainda que cunha incidencia difícil de determinar os erros nas contaxes cirúrxicas constituen (ou deberan) un 'evento sentinela' da calidade da atención prestada no quirófano no que refire á seguridade do doente; Ata o de agora ningún método se mostrara absolutamente seguro respecto a evitaren o esquecemento de torundas ou compresas no campo cirúrxico cousa que chamaba poderosamente a atención nos tecnodesenrolados días que vivimos. Esto pode trocar gracias á idea patentada por unha enfermeira norteamericana que se decatou da presenza dos chips RFID nas etiquetas dos produtos téxtiles, identificación de mascotas e no etiquetado dos psicotropos. Esta compañeira pensou que combinando esta tecnoloxía nas torundas e compresas empregados no campo cirúrxico se podería, non só mellora-la seguridade das intervencions senon tamén acurta-los tempos cirúrxicos pois; calcúlase, se adican entre 15 e 30 minutos para as contaxes (previas, pre-peche e post-peche). Así naceu SmartSponge System co que xa se realizaron ensayos clínicos e de custo-efectividade e foi aprovado pola FDA o 7 de Maio pasado.
Actualmente ClearCounts (Compañia da Carnegie Mellon University que desenrolou a patente) está a desenrola-la aplicación desta tecnoloxía para instrumentos cirúrxicos posiblemente con outro tipo de chip.

Espera, espera...

Cando, de mozo, cheguei a España un dos ditos que mais me chamaron a atención foi: "feita a lei, feita a trampa".

Dende logo; a estas alturas o das listas de espera, os compromisos, os criterios técnicos de cando e como se inclue a un doente nunha espera... todo é moi relativo.

Foi cando escomenzamos na Fundación Hospital Verín cando vimos como a estatistica é a ciencia pola que os datos SEMPRE din o que algúen habilidoso quere que digan; xa deixei constáncia do archicoñecido e pouco solucionable, polos medios actuais, truco da "axenda non creada". Se un non está apuntado nunha axenda de consulta a súa espera NON EXISTE, só queda crear axendas cada 6 ou 9 meses ou segundo o período da promesa política en cuestión.

Mais Isto sobrepasa o permisible e, coido, podería ser incluso falta senon delicto (manipulación de documentos). O caso non é só que se presione verbalmente ós traballadores para que o fagan; é que se dan ordes escritas...


Digo eu que as persoas que nestes días estiveron a falar das "prácticas de bon goberno" deberían escomenzar por FORZAR un sistema de rexistro das esperas INDEPENDENTE; cecais levado pola oficina do 'defensor' que corresponda (o do usuario ou o do pobo)... mais moito me temo que dende fora o asunto ainda será como tentar saber o que hai nunha caixa escura. Por todo isto vexo con bastante incredulidade un novo anuncio de que se quere favorecer a participación dos cidadans na xestión das institucions sanitárias...¿Non viña iso xa recollido na Lei xeral de sanidade?, ¿u-las anteriores tentativas, incluidas as das fundacions? PAPEL MOLLADO.

A enfermería que virá

O Xoves fumos a un evento o que; en principio, se podería pensar que acudimos por compromiso ou por facer 'tourismo', mais debo dicir que o que alí escoitei e do que alí se falou causou un profundo e aínda non ben calibrado impacto na miña concepción profesional; dende recoñecer que fago ata porqué o fago e, o mais importante, sobre como o fago.

A "Jornada de enfermería:Un nuevo siglo, una nueva enfermera" Organizada polo hospital de Fuenlabrada tiña un curto mais apaixonante desenrolo do que abordarei os tres aldabonazos que mais petan na miña mente inda hoxe.

O profesor Jose Luis Medina Moya deu unha conferencia que; tanto polo título como polo apurado do seu desenrolo, podería semellar inconexa.
Nada mais lonxe da realidade; nunha especie de "abre os ollos" se tentou de que replantexemos interiormente as bases mesmas do que pensamos do traballo enfermeiro alonxándonos un pouco do pensamento reduccionista que impera tanto no eido laboral como no campo da formación (a que recibimos e a que agora impartimos). Así, cando se abordou tradicionalmente a disciplina enfermeira se fixo unha 'deconstrucción' de movementos (técnicas) de xeito inconexo entre sí e coa realidade do medio no que se aplicaba.
Quedabamos pois, @s enfermeir@s como operarios que realizabamos tarefas definidas e cronometrables que se podían valorizar e restructurar como nas cadeas de producción masiva industrial para conquerir un maior rendemento. Mais a realidade; lonxe de esto, demostra reiteradamente que a práctica profesional vai mais aló; pois debemos aplicar unha serie de habilidades e coñecementos (adquiridos na formación ou pola experiencia) que, conxugadas nas circunstancias concretas de aplicación, poden (e DEBEN) sáirse da ringleira marcada na análise: "saltandose o protocolo".
Esta realidade complexa da práctica enfermeira debe de estar presente tamén no proceso formativo non só a nivel teórico senón tamén na práctica; de tal xeito que, dende o principio, @s futur@s profesionais vexan a cantidade de interrelacions que existen entre os múltiples coñecementos que adquiren (fisioloxicos, farmacolóxicos, etc.) e como esas interaccions se modifican á luz das circunstácias concretas da persoa e o medio no que se presta a atención.

Sobre esta "prácica reflexiva" atopei un interesante documento na web que vos recomendo ler.

Logo Mª Eulalia Juvé Udina nos falou de como SI se está a tomar en serio á enfermería en cataluña; non só coa creación do consello da profesión enfermeira de cataluña (organismo de relación entre a profesión e a administración) que tomará decisions vinculantes na política sanitaria senon coa abordaxe do deseño de unha ferramenta (COM_VA:Definición y evaluación de competencias
asistenciales de la enfermera
) que permita a realización dunha valoración obxectiva da práctica. Este instrumento ofrece varios puntos de interese ó meu modesto entender.
En primeiro lugar trátase dun traballo ben plantexado metodolóxicamente que percura unha ferramenta para a avaliación obxectiva da competencia enfermeira "dende dentro" pois se elaborou estudando as definicions que unha mostra (cunha distribución estudada) de 500 enfermeiras clínicas fixeron do seu traballo e do que se considera correcto dende o punto de vista da 'competencia' nas súas vertentes individual (conxunto de coñecementos, habilidades e actitudes) e grupal (ámbito da responsabilidade como profesión). Estudaronse as respostas dende a óptica do modelo de adquisición de habilidades humanas (Coñecentos teóricos, Prácticos, Metodolóxicos e Afectivos) e se xeraron 6 eixos competenciais (Coidar, Valorar-deseñar-executar-evaluar, Axudar ó autocoidado, garanti-la seguridade e o proceso asistencial, facilita-la adaptación e o afrontamento; e traballar en equipa e adaptase ós entornos cambiantes) que se poderían avaliar por separado e de xeito numérico para obter un resultado global.
Seguidamente o instrumento foi validado cun estudo que percurou a viabilidade, a validez e a fiabilidade do instrumento.
Coa súa aplicación este ano á nova carreira profesional o ICS (55 créditos dos 75 totais da faceta asistencial) achegarase un pouco ós verdadeiros obxectivos que este sistema debera ter: Valoraiza-la práctica profesional reflexiva (Compartir, buscar, reaprender).
Logo, nunha conversa informal confirmounos que o instrumento é aplicado polo própio traballador e polo seu inmediato superior, recurrindose a unha terceira evaluación si existe unha diverxencia "superior a 2 puntos" da escala o que disminue a complexidade e outros procedementos obxectivos coñecidos que precisaban a xuntanza de comisions avaliadoras.

Para terminar Paloma Salvadores Fuentes fixo un plantexamento do confuso marco que rodea á profesión enfermeira no que respecta á titulación profesional en sí e ás súas posibilidades de crecemento académico... mais todo elo o tentarei de tratar noutra entrada.

Retrucando

Na "pasada" de hoxe atopei informacions referentes ós post anteriores:

Así, respecto ó tema da especialidade de saúde mental temos que O decreto de creación da especialidade saiu no DOG do 30 de Maio e puiden ler no "diario enfermero" que só hai esta categoría (e polo tanto traballo recoñecido coa especialidade) en Euzkadi e Cantabria.

Os servizos prestados en desenvolvemento das actividades propias da especialidade de enfermaría de saúde mental con anterioridade á entrada en vigor do decreto serán valorados como prestados coa titulación de especialista ( será sempre que se tivese a dita especialidade no intre da prestación; ¿non? ) nos procesos de selección tanto fixo como temporal.

E con respecto ó tema do post de onte sobre a información sanitaria que manexamos e transmitimos ós doentes vense de aprobar no senado unha moción pola que se escomenzan a dar pasos no sentido de regula-las aparicions de profesionais sanitarios e as informacions que se brinda en tódolos medios de comunicación públicos sobre os temas relacionados coa saúde.

O perigo da saturación

Onte cando escribín sobre as novas de Chuza que veño de inclúir na barra lateral quedei un anaco cavilando que, en moitas ocasións, esas novas son referidas por persoas alleas ó mundo da sanidade ou por sanitarios con "descoñecementos" sobre como seleccionar novas de relevancia ou significantes.

E dándolle voltas á piscina dinlle mais voltas ó tema; e concluín algo que xa moitos obxervariades i é que a oferta de información no noso eido é inabarcable e que ata a mellor das fontes pode ser empregada para comunicar novas falsas (hoax) ou interesadas.

Dende logo que é un problema grave sobre todo á hora de afrontar a toma de decisións ou , ainda peor, de aconsellar na toma de decisions ós doentes e ós seus familiares. Para mostra un botón... respecto do cancro de mama só hoxe atopei esta batería de novas nas RSS que leo.


PUNTEX.ES
Los test genéticos para cáncer de mama deben ser considerados una prestación sanitaria
El cáncer de mama es el tumor más frecuente en los países desarrollados y entre un 15 y un 20% se tiene en forma de cáncer familiar, es decir, que hay varios casos en la familia. Pero de estos no son todos hereditarios, puesto que pueden existir ciertos comportamientos culturales, alimenticios, etc… que pueden dar lugar a la agregación familiar. Los especialistas señalan que son hereditarios entre un 5 y un 10% de los casos y es para conocer esto
que recomiendan la realización de los test genéticos. En la actualidad estos test se realizan en algunas comunidades autónomas y que poco a poco se irán implantando de forma generalizada, aunque se trata de pruebas complicadas y de alto nivel molecular que se deben hacer en centros de referencia, por lo que cada comunidad autónoma deberá decidir cuál es su centro de referencia y dotarlo convenientemente.

Suiza aprueba un novedoso tratamiento contra el cáncer de mama her-2 positivo avanzado
Las autoridades suizas han sido las primeras en Europa en aprobar Tyverb (lapatinib) de GlaxoSmithKline (GSK), en combinación con capecitabina para el tratamiento del cáncer de mama avanzado. Lapatinib está indicado en el tipo de tumor mamario de peor pronóstico, el que sobreexpresa el gen HER-2 que se diagnostica en una de cada cuatro mujeres con cáncer de mama en España. Se trata del primer fármaco oral que actúa sobre dos receptores (ErbB1 y ErbB2), que son responsables del crecimiento tumoral en este tipo de pacientes. Su innovador mecanismo de acción, desde el interior de la célula tumoral, permite una posibilidad nueva de tratamiento de la que carecían las mujeres que han recaído tras el tratamiento con trastuzumab o que no responden al mismo.
Cancer (vol 109, p 2397) Un estudo atopa 216 compostos que se relacionan co cancro de mama e que se atopan na auga, o aire e a comida. 10 de eles estan rexistrados pola FDA como aditivos alimentarios New cientist issue 2604 of New Scientist magazine, 19 May 2007, page 5.

Nature, DOI: 10.1038/nature0588 Catro novas mutacions xeneticas se relacionan co cancro de mama. Estas mutacions son relativamente comuns ó contrario que as dos xens BRCA1 e BRCA2 coñecidos até o de agora. New cientist issue 2606 of New Scientist magazine, 02 June 2007, page 7

¿Causa un virus o cancro de mama? Recentemente os investigadores veñen de retoma-la idea, abandoada nos 70, de que o cancro de mama pode estar relacionado cando menos nun terzo dos casos cun virus altamente sofisticado que aproveita o sistema inmunolóxico do hóspede. New cientist 30 May 2007 Dan Jones Magazine issue 2606


Así postas as novas ¿cantos usuarios/pacientes/clientes non amosarían dúbidas do que é mais correcto facer fronte a un problema deste tipo?. Un sanitario con formación axeitada percuraría as fontes orixinais e a consistencia dos estudos citados para 'polos no seu sitio' e ainda así se podería ver enganado polas perversions introducidas polo financiamento dos estudos (moitas veces pagados por industrias interesadas) ou das editoriais que os publican. Hai tempo que se fixo un 'fio' sobre como as editoriais e os autores pervertían o "factor de impacto" das publicacions e moitos dos que tentan publicar un artigo saben que deben incluir unha alta porcentaxe de citas da revista (ou revistas do grupo editorial) na que tentan publicar si queren ter éxito.

Como colofón quero deixar enlazado a reseña dun libro "Cancer activism:Gender, media and public policy" que vos indica como hai grupos de intereses (Lobbies) para todo e que isto da saude non queda fora; todo o contrario , o coidado da saúde estase a convertir nun dos principais sectores de movemento económico nos paises desenrolados e a cantidade de cartos que se move ó redor del fará que se incrementen os conflictos morais entre o que se faga o que se deba facer.

Trocos

Ben; hoxe púxenme e tirei a casa pola fiestra.

Engadín unha saliña do meebo que permite o chat en directo (e anónimo para vos) si estou conectado.

Tamén engado os titulares das Chuzadas de saude co que, seguramente, deixarei de facer entradas curtas de "Trebellos TIC e TeCh" mais gañaremos en número de novas.

Derradeiro e non menos importánte, engado un blogue ó que cheguei polo directorio de Enfersalud. É dunha compañeira de Compostela e está ben currado no aspecto de contidos; espero poder establecer mais vinculos de colaboracion con outros blogues.