Google+

O anuncio do fracaso

A nova xurdiu onte á tarde (con errata de traductor incluida); chuzeina mais non podo (debo) deixala pasar sen mais tras tanto tempo e traballo tentando facer que se cumplise a teoría de algo que podía ser positivo para a sociedade e foi terxiversado e malempregado para facer política e outras escuras manobras.

A conselleira de Sanidade da Xunta de galiza anunciou a integración das fundacions sanitarias (só as que xestionan hospitais ou todas?) no sistema administrativo nunha conferéncia organizada en Madrid (curioso á meca actual da neoxestión) pola consultora PricewaterhouseCoopers.

O modélico modelo introducido (como ben lembra LaVoz) por Romay e Feijoo (deste nin pio) en 1993 e cuestionado polo tribunal de contas de Galicia en diversas ocasions toca retirada mais ben por compromiso político que por semellar peor (na atención sanitaria ou na 'rendabilidade' dos centros) de feito as críticas dende o P$&€ son mais ben escasas cecais tendo en conta que o mesmo modelo funciona no SAS e ten 40 anos de experiencias no ICS (a Xarxa de utilización pública).

O proceso de integración ven da anterior xunta que asinou un documento coas centrais para negocia-lo paso dos traballadores ó rexime estatutario i é neste aspecto onde se presenta ó único atranco pois o SERGAS pretende que o tempo traballado "no sería contabilizado, ni a nivel curricular ni como antigüedad" o cal, dende o meu punto de vista é incongruente pois o tempo traballado nas fundacions XA é recoñecido para a antiguidade no SNS e esas resolucions non se poden botar atras (¿ou si?). Eu coido que o que trata o SERGAS é pagar eses trienios (dende 1993 xa van 4) a "prezo SERGAS" e non ó 7% do soldo base que marcaba a lexislación baixo a que naceron os contratos de traballo de eses centros. Esta xa foi a pedra de toque do convenio único das fundacions (hai 3 ou 4 anos) que se resolveu cun sistema mixto; conxelando a antiguidade dos traballadores que cobraban por riba da antiguidade do SERGAS até que este chegara a ese nivel. Polo tanto a preocupación pola carreira profesional ainda que non vanal non debe se-lo principal obxecto de atención dos afectados.

Cluster que non Custer

I é que hai moita diferencia entre estar rodeado polos indios no pequeno corno ou aborda-los retos do futuro con sentidiño.

Non vexo con malos ollos a anunciada iniciativa da consellería de sanidade de crear clúster de saúde que:
estará formado polo conxunto de organismos, empresas e institucións que inflúen na saúde dos cidadáns, organismos oficiais, hospitais, centros de saúde, farmacias, centros académicos, empresas de equipamento sanitario, laboratorios farmacéuticos, sociedades científicas, asociacións de pacientes, etcétera
Non tiña eu dúbida de que polo medio andaría o "eterno conselleiro 'in pectore'" (será por onde se sitúa o corazón?) Alfonso Castro Beiras desta volta ó traveso -como non- dunha fundación: A fundación Bamberg formada polos "sectores da industria":
* Empresas de electromedicina y tecnologías sanitarias
* Fabricantes de hardware y productos de software de salud
* Compañías Farmacéuticas y de productos sanitarios
* Empresas de biotecnología y farmacogenómica
* Industria Alimentaria
Como son un ignorante mais algo precavido non vou caer na doada tentación de sinalar isto como un "quitacuartos"; mais ben vexo unha oportunidade de conquerir melloras en certos aspectos da saude e a sanidade (que van unidas, mais non son o mesmo) coa colaboración entre a industria, a administración, os usuarios (os grandes escondidos) e os proveedores privados.

Mais non quero deixar de sinalar que onde existe unha forte oportunidade de mellora na xestión dos custes e onde está a administración "rodeada polos indios" é no tema das compras... Sego sin entender porqué non se crea unha central de compras para ser mais fortes á hora de negociar prezos, prazos, calidade e garantías; as ameazas de curta-lo subministro por falla de pago son un medio mais de 'toca-los puntos sensibles' para manter o estado actual das cousas. Si os consumidores en xeral xa saben como facelo, ¿a qué agarda a administración?.

outra de Territorio enfermeiro

A novas como esta me refiro eu cando comento que a administración (influida-conformada-dominada por xente que ve na enfermería un perigo para os seus intereses mais ca unha oportunidade de ofretar servizos de calidade a custos razoables) non cree no valor engadido da multidisciplinariedade na atención sanitaria.

Presenza e cartos

A do outro día foi unha toma de posesión con moito apoio si señor; veu 'a patroa' escoltada polo director xeral de asistencia sanitaria e a plana maior de Ourense e dixose varias veces: "Nin a consellería nin o Sergas deixarán o Barco á súa vontade(...)estamos absolutamente comprometidos co Hospital de Valdeorras, o estabamos xa, pero a miña presenza aquí ven a deixar isto claro". Tamén se dixo que se están a estudar: "medidas excepcionais que poderían implicar modificacións mesmo lexislativas".

Ó conto: que non trouxeron anestesista nin cardiologo baixo o brazo e que están a pensar unha solución que non un parche. ¿Significará o de reforma lexislativa algo referente á carreira profesional?, ¿decataranse de que é a oferta laboral e retributiva o que alonxa ou atrae xente ós centros?; ainda teremos que seguir agardando.

Os cartos.

Se no comentario do outro día sobor da futura lei de autonomía persoal... xa deixei caer as miñas dúbidas sobor do financiamento do SND que se creará con esa lei; agora, as voces mais autorizadas confirman a miña impresión.

Entre elas a de VicenÇ Navarro que fala dunha clara subestimación cun dato esclarecedor: a porcentaxe de persoas maiores que recibe atención domiciliaria en España é do 1,6% cando en europa a media é do 16%.

Como o artigo é de Diario Medico só podo enlaza-lo resumo mais, si sondes do gremio, vos recomendo o rexistro (gratuito) que sempre hai algun artigo que paga a pena ler.