Ó parecer as vacacions só son en Agosto... Anúnciase a convocatoria da fase de provisión da SantaOpeExtraordinaria para o mes de Xullo. Hai que estar atentos.
O que sí semella estar parado é o decreto conxunto do MEC e MSC sobor da via transitoria das especialidades... vexo eu que, se cadrar, a proba se realizará no 2007. Pois ainda hai moita 'tela' que cortar.
Unha de cal i outra de córnea...
Xa sei, xa sei... as equipas directivas son 'cargos políticos' mais; ás veces coido que certas formas da politica podían quedar fora. Isto ven a conto de que o noso querido "Elmer" fixo o Luns 6 unha rolda de prensa presentando o balance de actividade do 2004 (supoño que se refiren á memória...) e dixo "...considera que dejan claro que se han conseguido cumplir los objetivos marcados." (el mundo-la crónica 07/05/2005). Até ahí todo normal; logo chega o martes e na xuntanza da comisión clinico-asistencial na que se aborda o tema da productividade variabel ($$$ que é polo que imos a traballar ¿non?) lles solta que os obxectivos non se cumpliron e que, polo tanto non se vai pagar o 100% do pactado.
Neste espazo debería figurar unha cara de cemento mais non teño fonte (polo de agora)
Ainda que hai quen cree que estes avances son mérito de quen dirixe e que por eso se preocupan de publicitalos eu coido que fora do traballo burocrático estes progresos de deben ó traballo e a adicación, ás gañas de aprender e de superarse de tódolos implicados. Por iso:
.
Neste espazo debería figurar unha cara de cemento mais non teño fonte (polo de agora)
Primeiro transplante de córnea
Ainda que hai quen cree que estes avances son mérito de quen dirixe e que por eso se preocupan de publicitalos eu coido que fora do traballo burocrático estes progresos de deben ó traballo e a adicación, ás gañas de aprender e de superarse de tódolos implicados. Por iso:
.
Fai un sol de carallo...
Xa semellaba un tema esquencido; mais non sei que fixeron estes días que outra volta as lámparas quirúrxicas ameazan as nosas retinas. Enton, retomando a promesa de cando se enviou o escrito a saude laboral pedin que me puxeran as gafas de sol.
Como vedes non fun o único que se incomodou con tanta luz.
Porque si quero que me deslumbren teño ben donde vir.
Como vedes non fun o único que se incomodou con tanta luz.
Porque si quero que me deslumbren teño ben donde vir.
¿e non será mellor agardar?
Xa teño o certificado de servizos prestados no área de interese, xa teño a fotocopia compulsada do título. O modelo de escrito hai que dirixilo á Secretaría de estado de universidades e investigación na rúa Serrano nº 150 de Madrid; nel farase constar que:
Si teño dúbidas é polo feito que tanto na páxina do Ministerio de Educación coma na do Ministerio de Sanidade e Consumo se promete unha orde regulatoria desta via escepcional que incluirá un "modelo de solicitude" polo que o arriba citado pode ser rexeitado. Reflexión.
Don/Dona Nome, apelidos, DNI, Domicilio e teléfono-mail de contacto. Estando en posesión do título de Diplomado universitario en Enfermeiría e tendo prestado servizos durante mais de catro anos no área de xxxxxxxx do Hospital xxxxxxx (enderezo do hospital).SOLICITA ser incluido na vía de acceso escepcional ó título de Enfermeiro especialista en xxxxxxxxxxxxx conforme á disposición transitoria segunda, punto 2, epígrafe a) do Real Decreto 450/2005 de 22 de Abril (BOE nº 108 de 6 de Maio)
Si teño dúbidas é polo feito que tanto na páxina do Ministerio de Educación coma na do Ministerio de Sanidade e Consumo se promete unha orde regulatoria desta via escepcional que incluirá un "modelo de solicitude" polo que o arriba citado pode ser rexeitado. Reflexión.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)