Google+

O proxecto de Carreira Profesional

Fun traballar a mañan de Venres Santo e alí o vin tirado... Creado pola Dirección xeral de recursos humanos da Xerencia rexional de saude, fotocopiado e abandoado na nosa salita. O proxecto de carreira profesional ven acompañado dunha boa selección da doctrina lexislativa que obriga e xustifica o seu desenrolo mais, teño que lle facer algunhas criticas.

  • Ainda que no comenzo se titula "para os profesionais sanitarios..." o certo é que no seu desenrolo só fala da categoría "A" deixando á enfermeiria "para posteriores desarrollos". Que eu saiba o "corpus" lexislativo no que se basean non dí ren sobor desto.

  • Xérase un bó enrredo co tema dos cretos que conten cada área e para cada nivel... e coido que nin eles saben que é o que hai que facer para subir ou mante-lo nivel acadado.

  • A ausencia de ofreta económica... tal vez por se tratar dunha proposta técnica non dirixida á mesa negociadora?.

  • ¿Quen vai poder acudir a tanta comisión como as que a aplicación desta norma vai xerar...? alguns xefes de servicio van pasar de non pisar o hospital a facer horas extra.

    En fin, hai que presionar para que a enfermeiria non chegue tarde a este carro e hai que permanecermos atentos para que a carreira profesional cumpra os obxectivos sinalados no mesmo boceto e non se empregue como método para premiar a "estómagos agradecidos".
  • A vantaxe que nos levan en USA

    A propósito dunha desagradable (e desexo que nada mais) experíencia persoal cun medicamento puiden comprobar como, en certos aspectos, os Iankis nos levan vantaxe.

    A FDA é o organismo de regulación de medicamentos e dispositivos; mais non exerce só unha función de rexistro e control senon tamén ten asumidas i exerce as funcions de información ós profesionais, ós medios de (in)comunicación social e á povoación en xeral.

    Na web da FDA un se pode suscribir a boletins de alerta de toda clase e así estares informado das novidades sobre medicamentos e dispositivos de uso sanitário.

    En Europa ese papel deberiao xogar a EMEA (axencia europea do medicamento) na que se inclue a AGEMED (axencia española do medicamento) mais ambas adolecen ainda de "contacto" cos medios e de mecanismos como o Listserv da FDA.

    Labazada

    Está a quedar claro que os programas e as intencions dos gobernos do PP non teñen moito que ver cos do actual goberno cuia principal laboura semella centrada en, cal Quixote, "Desfacer entuertos".

    Así as cousas o tema das especialidades enfermeiras que era de "inminente posta en marcha" vai ter que agaradar a "ligar o cocido" da reforma universitaria cuios primeiros pasos se deron cos reales decretos 55 e 56/2005 (ver BOE 25/01/2005). Queda pendente o tema do desenrolo regulamentar e, sobor de todo, de "ganchillar" esta reforma coas 17 comunidades autónomas e as própias universidades; unhas por teren as competencias trasferidas e as outras por aquelo da "autonomia da universidade".

    Logo, o que mais nos importa ós que estamos na actividade profesional: A carreira profesional e a aplicación "pecuniaria" das especialidades non vai ser tan inmediato como a "Industria" de Formación promete nalguns programas de "sacarcuartos". Queda por ver qué facemos cos esforzos e cartos que moitos invistiron en tentares estar adiantados na carreira cara a especialidade... moitas presions debe haber para que certos títulos se recoñezan e, incluso, señan os únicos recoñecidos para dares acceso ó título de especialista. Quixera eu que aqueles do Chat de AIbarra que despotricaban por unha licenciatura(grao) só para quen puidese adicarse a estudiar me puderan leer para ver si os meus plantexamentos foron ou non reais.

    Somos 250000 enfermerir@s no estado español; non pode chegar un Real decreto a dicirnos que a nosa formación é papel mollado e outro a dicirnos que 5, 7 ou 10 anos de experiencia nun campo en concreto non teñen validez para considerarmonos especialista.

    Agora, en canto se aclaren as "chapuzas" das especialidades "caixon" (¿que é enfermeria medico-cirúrxica?) as sociedades científicas profesionais (e non os colexios coma monopolio) se deberán reorganizar entorno a eses núcleos de coñecimento definidos para: Por unha banda defini-los estándares de práctica profesional i exelencia no seu terreo; por outra participares na creación dos programas formativos mínimos para a posta en marcha dos programas de especialidade e os criterios de convalidación da experiencia e títulos que podan existir (nacionais i extranxeiros).

    ¿porqué as sociedades científicas?: pola súa independéncia e os seu "Know how" da actividade profesional, científica e investigadora no neu eido específico. En calquer sociedade onde a enfermeria ten un peso específico importánte (Canada, Australia...) as sociedades científicas LIDERAN ós profesionais e son os INTERLOCUTORES VÁLIDOS coas autoridades sanitarias i educativas asi coma son o referente para a peritaxe legal da práctica profesional.