Hoxe debería ser un día moi especial para min e para moitas mais compañeiras... hoxe fai 25 anos que nos entregaron certo documento que nos habilita para exerce-la profesión de coidar.
Tamén fai 25 anos que escomencei a paga-la cuota colexial; lembro perfectamente o nome do presidente do colexio no que me inscribín... Que porqué o lembro? Sinxelo, segue a se-lo mesmo: Sergio Quintairos.
Por desgracia esta historia se repite en moitos dos colexios provinciais e, aínda peor, no Consello Xeral de Enfermeiría.
Seica JC Cela dicía que "O que resiste vence"; eu négome a pensar así e ó igual que penso que a antiguedade como "mérito remunerable" non ten ningún senso tampouco o ten facer festa dun día así porque si miramos atrás con serenidade e contemplamo-lo acadado nestes 25 anos pola profesión semella: fume.
O bó do tempo non é velo pasar ou percibilo nas marcas do camiño feito; o bó e saber que por diante quedan roteiros por descubrir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input