Google+

Faciana, esquecemento ou simple adaptación?

A conto da disolución das FPH (Verín, Barbanza, Cee e Salnés) levo xa tantas entradas que cáseque lle podía adicar unha etiqueta própia; que mais dá, seguro que farei como tantos outros que esqueceron prontamente as súas verbas e atitudes tanto no persoal coma no plano do pensamento sobre o que é o servizo público e como debe ser dispensado e senon que llo pregunten a Alberte Blanco actual director xeral de montes e concellal que mais "caña" meteu nos anos 1993, 1994 etc. ó sistema de contratación da FHV e á creación da própia fundación para xestionar o centro sanitario e que agora, cousa curiosa, está a empregar unha empresa pública para a contratación do persoal de reforzo do dispositivo contra lumes forestais.

O que non se escoitaron, insisto, son os datos. xustamente dando voltas por ahí atopei un estudo sobre custes da pneumonía na FPH Verín que, mágoa, non compara eses custes cos dos outros centros similares do SERGAS. A opacidade está na definición mesma de caseque tódalas formulacions de novas formas de xestión adoptadas polas CCAA e impide facer avaliacions reais. Así que cada quen aplica o seu programa político sen ter verdadeira conta do que a efectividade e sustentabilidade do sistema sanitario precisan e, dende logo, obviando os argumentos dos detractores sempre en base a datos que non son contrastables.

A min seguiume chamando a atención que nunha área de 200000 hab. se abrise un centro de 80 camas e que o centro de referencia non vise menguado o seu presuposto senon todo o contrario, incrementouno. Son as pervensions do sistema burocrático administrativo que prima o gasto do presupostado e non o que se "produce" con elo.

A cidadanía debera decatarse de que uns e outros centros teñen vantaxes e inconvintes en tódolos aspectos e que o que conta á hora da verdade é que o sistema poda respostar financieiramente (con ingresos dabondo) ós gastos que no coidado da saúde se DEBEN facer e isa si que é unha conquista á que non se debe renunciar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input