Tras meses de "situación límite" que teñen provocado xestos 'politicamente incorrectos' de demisión o certo é que a lóxica se fai ver (algo) e a administración sanitária se escomenza a comportar como a empresa que dí ser.
Nesta nova lemos como se implementa a medida "salvavidas" de traer especialistas de Argentina e México; non é unha novidade en sí mesma (e mais no HCV) mais si semella que algunha cousa ten trocado no xeito de facelo. A mesma nova relata algo mais interesante; que o SERGAS vai a implantar unha verdadeira carreira profesional ainda que só en certas especialidades. A afirmación de que
"El Servicio Galego de Saúde (Sergas) aplicará medidas de “discriminación positiva" a favor de los hospitales comarcales para solucionar la falta de especialistas" e "El Sergas estableció que los hospitales provinciales no podrán contratar profesionales de las citadas especialidades si hay plazas vacantes en los comarcales. Además, los especialistas de estas áreas deberán pasar por uno de estos últimos centros hospitalarios para acceder a una plaza fija de la administración sanitaria"
É o mais semellante a unha carreira profesional que teño ouvido. Agora a ver como o implementan 'blanco sobre negro' no DOGA e, sobor de todo, a ver como pasan este 'trágala' os xefes de servizo dos centros galegos que forman MIR's e os Sindicatos (en especial os de clase); é de desexar que se estableza un "diálogo de argumentos" para dar cunha solución a este problema.
Falando de solución; das medidas presentadas pola consellería outra delas
los contratos que se les ofrecen ahora serán casi fijos
ven a da-la razón a os que reclamaban un trato laboral acorde co que acontecía a nivel oferta-demanda. Das outras solucions posibles: Complementos económicos, Equipas móbiles (usando a cláusula de movilidade do estatuto marco), Beneficios socio-laborais (mais libranzas para vacacions e/ou formación)... non se dí ren, pero seguro que están na lista de "planos 'B'".
Central de comprasOutra das medidas de 'lóxica de mercado' coa que ten xogado escasamente administración sanitária é a de
implementar centrais de compras; trátase, sen dúbida, de unha das
modas no SNS e como toda moda ten o risco de fracasaren por execeso.
O certo é que realiza-lo volume de compra de tódolo servizo de saude por un único centro pode ter importántes vantaxes a nivel de prezos e de servizo dos proveedores mais hai que ter en conta moitas cousas: Alguns dos Items cos que tratamos teñen que estar adaptados á aparataxe
dos centros non á dos proveedores (esas bombas "prestadas" para que se lle merquen as equipas a prezos +/- escandalosos) o que pode levar a ter que mercar e trocar moita pequena aparataxe; Outros tipos de productos, en especial os medicamentos plantexan o gravísimo problema da "liberdade de prescripción" que si ben en alguns centros se vai solventando co recurso ó emprego da prescripción de principios activos non deixa de estar exento de polémica. Agora entrarán en xogo os farmaceuticos que reclamarán tamén esa liberdade para eles. Mais, a administración debe de coidarse de non cargarse cos custos de almacenaxe e distribución dos stoks que vaia mercando, de outro xeito a rebaixa conquerida no prezo se verá diluida nestes novos gastos. Gústame a idea de facer esto paulatinamente; non está na información pública o cronograma do proxecto mais supoño que a fase de estudo dos catálogos, stoks etc. terá que estar caseque rematada e que a decisión política no canto dos mecanismos de implementación das compras tamén estará tomada.
É de supor que eses mecanismos contarán coa axuda dunha
axencia de evaluación das tecnoloxías sanitárias (tamén a estatal
AETS) e que se apoiará nos informes da
AEMPS.
Para rematar non quero deixar pasar unha nova que ten dous feitos relevantes; por unha banda por primeira vez vexo á OCENF
"tirarlle das orellas" a un cargo dun goberno do PP, por outra, a 'vitima' deste tiron de orellas pode por un kisko. Hai que ser hipócritas para falar de
contratar enfermeir@s no extranxeiro mentres @s que estamos a formar deben marchar non xa para ter un traballo fixo, senon simplemente para traballar.