Está a quedar claro que os programas e as intencions dos gobernos do PP non teñen moito que ver cos do actual goberno cuia principal laboura semella centrada en, cal Quixote, "Desfacer entuertos".
Así as cousas o tema das especialidades enfermeiras que era de "inminente posta en marcha" vai ter que agaradar a "ligar o cocido" da reforma universitaria cuios primeiros pasos se deron cos reales decretos 55 e 56/2005 (
ver BOE 25/01/2005). Queda pendente o tema do desenrolo regulamentar e, sobor de todo, de "ganchillar" esta reforma coas 17 comunidades autónomas e as própias universidades; unhas por teren as competencias trasferidas e as outras por aquelo da "autonomia da universidade".
Logo, o que mais nos importa ós que estamos na actividade profesional: A carreira profesional e a aplicación "pecuniaria" das especialidades non vai ser tan inmediato como a "Industria" de Formación promete nalguns programas de "sacarcuartos". Queda por ver qué facemos cos esforzos e cartos que moitos invistiron en tentares estar adiantados na carreira cara a especialidade... moitas presions debe haber para que certos títulos se recoñezan e, incluso, señan os únicos recoñecidos para dares acceso ó título de especialista. Quixera eu que aqueles do
Chat de AIbarra que despotricaban por unha licenciatura(grao) só para quen puidese adicarse a estudiar me puderan leer para ver si os meus plantexamentos foron ou non reais.
Somos 250000 enfermerir@s no estado español; non pode chegar un Real decreto a dicirnos que a nosa formación é papel mollado e outro a dicirnos que 5, 7 ou 10 anos de experiencia nun campo en concreto non teñen validez para considerarmonos especialista.
Agora, en canto se aclaren as "chapuzas" das especialidades "caixon" (¿que é enfermeria medico-cirúrxica?) as sociedades científicas profesionais (
e non os colexios coma monopolio) se deberán reorganizar entorno a eses núcleos de coñecimento definidos para: Por unha banda defini-los estándares de práctica profesional i exelencia no seu terreo; por outra participares na creación dos programas formativos mínimos para a posta en marcha dos programas de especialidade e os criterios de convalidación da experiencia e títulos que podan existir (nacionais i extranxeiros).
¿porqué as sociedades científicas?: pola súa independéncia e os seu "Know how" da actividade profesional, científica e investigadora no neu eido específico. En calquer sociedade onde a enfermeria ten un peso específico importánte (Canada, Australia...) as sociedades científicas
LIDERAN ós profesionais e son os
INTERLOCUTORES VÁLIDOS coas autoridades sanitarias i educativas asi coma son o referente para a peritaxe legal da práctica profesional.