Claves dunha reivindicación moi enfermeira
Cada 8 de marzo celébrase unha reivindicación a nivel mundial; o día "da muller" institucionalizado pola ONU en 1975 como xeito de tratar de por en evidencia a, coido, mais tremenda das desigualdades entre os seres humanos.
Non vou a entrar nun repaso antropolóxico ou histórico sobor do modelo social e o predominio dos varons como dirixentes e beneficiarios das relacions sociais e económicas; nin teño coñecementos nin vou a aportar datos novedosos; mais dende logo vexo lóxico plantexar que o propio relato histórico da humanidade ten estado mediado polo predominio dos homes polo menos no mundo occidental nos derradeiros séculos o que, sen dúbida, ten transmitido unha idea sesgada das relacions entre xéneros.
Hai moitas profesions nas que exercen unha maioría de mulleres, algunhas dende vai pouco e outras dende a antiguidade, mais en aquelas que se esixen mais horas, horaros mais intempestivos e mais adicación é onde os efectos da forte carga de desigualdade de xénero nas relacions mais se aprezan.
Ós problemas dun entorno de traballo cada vez mais complexo no ámbito sanitario tanto polas caracteristicas dos doentes como polos avances técnicos e a constante actualización dos coñecementos e habilidades precisas as mulleres enfermeiras engaden enfrontar as cargas que este modelo social lles pon enriba no eido persoal (imaxe, relacions), familiar ("loxistica" e "prestación de servizos")... todo elo se materializa no coñecido "teito de cristal" que invirte as propocions de xénero en canto se vai mirando cara arriba en calquer escalafón no que está a enfermería. (xestor, formación, representación...)
O problema é tan grande que atingue á propia imaxe da profesión como temos o disgusto de comprobar en cada "carnaval" cecais se lle podería aplicar esta mesma técnica.
O caso é que nesta ocasión a reivindicación ven acompañada por unha chamada á "folga feminista" para tratar de por en claro o evidente: si a metade da sociedade para, a sociedade se ve moi afectada.
Os meus posicionamentos sobre a folga no século XXI en entornos nos que predomina o sector servizos están no meu blogue persoal e non vou a abondar no sinalamento dos oportunistas políticos e sindicais que se apuntan a estas cousas con cadros de mandos que son "campos de nabos".
Como non, ó se tratar dunha entrada sobre un problema "silenciado" é de seu facela cunha ferramenta que tamén se ten visto afectada por ese silencio... a lingua materna, a de transmisión oral que era o tesouro que as nais nos daban ós fillos no colo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)