Google+

OPEreta II: ¿Kaos ou Komplot?

A verdade está ahi fora dícian en 'expediente X' e vai ser cuestión de chamar a alguén para que aclare este embrollo.

Os comentarios nos foros son abrumadores...
Los hechos:

1.- Resulta que un opositor, decide montar un embrollo en el aula con el móvil, a sabiendas de que su examen va a ser anulado. Es necesario llamar a la policía, con lo que la trifulca ya ha comenzado.

2.- Con el barullo ya comenzado entran varias personas en varias aulas y comentan que el examen ha sido anulado y que abandonen el aula. Algunos opositores comentan que pertenecen al sindicato SATSE.

3.- El objetivo está conseguido. Se ha montado el escándalo y la oposición ha sido un desastre. Lógicamente se pide la anulación de la oposición, sobre todo por parte del sindicato SATSE.


Decir que lo del aula 007 del FES fue un incidente AISLADO, es muy grave.

En mi clase ( 002 F. Derecho )se empezó el examen a las 10h45 ( estabamos convocados a las 9h, y a esa hora aún no habíamos entrado ), y ahí ya tienen el primer incidente, porque en una oposición deben empezar el examen todos a la vez. Nos sentaron a todos juntos sin ningún espacio, y además de la incomodidad que esto supone, los examenes eran todos iguales y no venían precintados individualmente como debería ser. Veías perfectamente a los de al lado y los de delante. Después de la primera media hora y durante todo el ejercicio, la gente salía con el examen, cosa que tampoco se puede hacer hasta que se clausura este. Y por si fuera poco también se utilizó el tlf. móvil, se copió y los cuidadores a pesar de ser conscientes de ello, hicieron como si nada, a pesar de las quejas de varios de nosotros. Sólo al final y con todos de pie entregando el examen, amenazaron con decir que no sabían que pasaría con nuestro examen. Pero estoy segura que de esto no quedó ninguna incidencia registrada. Ah, y por si esto fuera poco, las hojas de respuestas estaban numeradas al revés, la hoja 1 era de mayor numeración que la 2, y al ser identicas y no constar a partir de la pregunta 100, pueden cometer el error de corregirlas mal, o incluso haber alguién que esto le haya dado lugar a error y haya contestado la 1 como la 100 y viceversa


Yo estaba en el aula 007 del edificio F.E.S. Es una pena, pero por lo que estoy leyendo aquí cada uno salvaguarda como es muy normal sus propios intereses y creencias, pero sin tener en cuenta que ante una oposición tienen que prevalecer los derechos de justicia, igualdad y mérito. ¿Dónde quedan estos principios señora presidenta del Tribunal Examinador....? Sólo decimos la parte que nos interesa, y no sabemos asumir nuestros propios errores.De la cara y asuma que no fueron como ústed relata a la redacción de este periódico. No puede ser tan tajante, admita que la versión que ha usted le ha podido llegar desde luego no venía de parte de los opositores y nosotros también tenemos que algo que decir. Allí se cometieron infinidad de negligencias: uso de móviles, salidas al baño sin custodia, y regreso a las aulas sin identificación, exámenes sin precintar....Y para colmo una supuesta representante sin identificar de mesa de examinadores contestando a la pregunta de cómo contestar en la hoja de respuestas, diciendo textualmente: "Ah, no sé, eso no me lo he leido"...Pero bueno dónde se ha visto. Sólo espero que al menos la gente que se ha estado preparando duramente para esta prueba, tenga la posibilidad de demostrar su capacidad, y tenga el DERECHO en IGUALDAD de oportunidades de dar crédito de ello, y no por verse sumergido en este embrollo vergonzoso, vulnerando sus derechos. ¿Cómo se va a conseguir eso repitendo sólo el exámen a ese aula, teniendo en cuenta las irregularidades de las demás aulas?


A "rápida" reacción dun sindicato profesional entrando (seica) nas aulas e dando modelos de reclamación mecanografiados nada mais remata-lo exame pode ser indicativo de algo...

O parecer alguén usaba o telefono mobil para facer fotos das preguntas e recibir via SMS as respostas; esto non lle gustou ós seus viciños que pediron ós controladores que actuasen, o individuo (que semellaba querer iso) forzou a situación até que houbo trifulca e tivo que acudi-la policia.

Tamén é certo que o exame principiou mais tarde do previsto (10:30 no mellor dos casos que coñezo) e que nun aula as persoas que foron percura-los exames atoparon a caixa cos precintos "retocados" e que faltaban exames da mesma.

Estou agardando que se colguen as fotos ou os vídeos dos incidentes...Porque moita xente esquece que agora hai millons de cámaras en todas partes e que se pode documentar gráficamante calquer situación en calquer intre...

Hai uns meses en Galicia desapareceron uns exames dunha oficina da xunta e a oposición suspendeuse. Habería que pedir ós críticos con aquela situación que se mobilizaran tamén neste caso e que nos alumeasen coa súa docta opinión.

Para rematar; a mais mordaz das críticas... dende logo hai xente que xoga forte.
1.- LOS COMPONENTES DEL TRIBUNAL DE LA OPOSICION DEBEN PERDER SUS PUESTOS DE TRABAJO Y VOLVERSE A PRESENTAR A UNA OPOSICION (SI ALGUNA VEZ LO HAN HECHO, QUE LO DUDO)

2.- TIENEN QUE ESTUDIAR MUCHO PARA SACAR ESA OPO PERO CUANDO LA HAGAN TODOS SUS COMPAÑEROS COPIARAN Y SENTIRAN RABIA E INDIGNACION.

3.- QUE AQUELLOS PUESTOS DADOS A DEDO(PUESTOS DE CONFIANZA, JA,JA,JA) Y QUE TIENE LA DESFACHATEZ DE PRESENTARSE A LA OPO TENIENDO PREVIOS DIAS ANTES EL EXAMEN, SUSPENDAN Y SE LES DESTITUYA DEL CARGO COMO ALGUN SUBDIRECTOR/A DE ENFERMERIA DE UN HOSPITAL DEL SACYL.

4.- QUE EL TRIBUNAL CUANDO SE EXAMINE PASE FRIO, PERO MUUUUUCHO FRIO Y QUE TENGAN QUE MADRUGAR MUUCHO, CASI QUE LA OPOSICION LA TENGAN EN LA ANTARTIDA.

5.- LO MAS IMPORTANTE TRAED MUCHAS NARICES ROJAS Y PELUCAS PORQUE EL TRIBUNAL DE DICHA OPOSICION LAS NECESITA, NO PUDIERON HACER MAS EL PAYASO

(CON RESPETO PARA LA PROFESION DE PAYASO), DABAN RISA.

6.- POR ULTIMO DEBERIAN CREAR 8000 PLAZAS Y DARSELAS A TODOS LOS QUE HEMOS IDO A OPOSITAR COMO HAN HECHO ALGUNOS CON FAMILIARES DIRECTOS DE ALTOS CARGOS DEL SACYL, SE LAS HAN REGALADO.

Sacyl presenta: OPEreta

Foivos boa a que se armou onte en Salamanca; segundo a prensa a OPE do Sacyl esta suspendida pola "utilización de un movil por parte de un opositor". Mais segundo múltiples relatos dos que aquelo padeceron non sería de estranar que o devandito opositor estivese a emprega-lo mobil para chamar ó seu avogado.

O caso foi coma segue: Estaban tod@s convocados ás 9:00 nas facultades da universidade de Salamanca. Ás 8:45 chegan ós funcionarios encargados de supervisa-lo proceso sabendo, xa dende facía tempo, que á proba escomenzaría ás 11. As portas das facultades están pechadas e toca agardar. Cando por fín abren @s opositores atopan que deben dar voltas ós edificios para atopa-la porta correcta; chegas ás aulas e van sendo "enlatados" nelas cóbado con cóbado (i eso que falta xente). Logo xa; o despipote, nalguha aula non chegan os exames para todolos opositores, noutras a caixa ven sen precinto, Non existen varios modelos de exame; senon un mesmo exame para tod@s o que unido ó "posicionamento estratéxico" (uns cáseque enriba dos outros) provoca a 'posta en común' das respostas. Logo están os "extranos casos"··· bueno, que xa se fala por ahí adiante de "exames cubertos".

Con todo este rebumbio ¿quen non colle o mobil para chamar?: "Cariño, non me agardes que isto vai para longo..." sería o menos que apetecería dicir. Tal é a confusión que ninguen fala do exame en sí. Todo un éxito sen dúbida; i é que 'pobriños' como era a primeira vez pois xa se sabe que a primeira vez nen os broces sabe un sacar.

Dúas mellor que unha

"Os camiños do señor son inescrutables" seica dician os curas nos colexios cando os espabilados rapaces lles preguntaban polas evidentes contradiccions da vida. Así debéramos pensar os que nos achamos baixo a sombra dos procedementos administrativos e os seus misterios.

Pode ser casualidade que o Sacyl publique a resolución provisional do concurso de traslados o mesmo día que a segunda volta da Santaopextraordinaria?... Pois será; pode ser que en ámbalas dúas se produzan outras 'desgraciadas coincidéncias'?; tamén.

Ainda que a trompicons e con mais furados que un abrigo vello o eterno proceso extraordinario vaise achegando ó seu remate. ¿aprenderíase algo de todo esto?, pois VSQN.

Nin vou enlazar as listaxes, ¿para qué? si mañan publicarán nun taboleiro unha corrección.

Do tema da incorporación provisional dende a exedencia voluntaria e o dos criterios de si o destino no centro de traballo se escolle no momento de tomar posesión ou ó incorporarse e si as persoas que xa tiñan praza no centro teñen "automaticamente" adxudicada esa mesma son outros deses misterios de deus que···

Conto "a cuenta"

Xa ahi un tempo que algún sindicato o sinalara nos taboleiros e carteis infractores (mira que custará por un taboleiro en cada descansiño dos ascensores) que a administración ia a facer isto mais eu que son un incrédulo dixen: "si e o pagan os reis magos" mais o certo é que nestes días chegou a instrucción dende Valladolid para por en marcha o prazo de solicitude do acceso extraordinario ó grao I da carreira profesional para os traballadores estatutarios fixos do Sacyl pagadeira dende o 1 de xaneiro de 2007 como cantidades "a cuenta".

Non me debo queixar; son cartos extra ou como dí o facho que me alumea "a suba que nos merecemos" sen ter que facer ren mais. O que me sulfuriza non é que se tarde mais ca noutros servizos de saude ou que se pague menos ca neles; o realmente importánte xa o sinalei en Marzo de 2005 cando lein o primeiro borrador, un ano dempois ante un acordo firme entre administración e sindicatos fixen unha proposta de mellora en aspectos básicos para a motivación e a eficacia do sistema. Non só non se seguiu unha senda cara a esa maior motivación senón que, dende o meu punto de vista, se camiñou ó contrario.

Trátase, sen dúbida, dunha opinión que me vai xerar inconvintes ou incluso enemistades; mais non me quero esconder i é que supoño que o motivo de tomar este camiño ten mais que ver con presións que NON se ven que coas que se ven e supoño que algún día saberemos en que cederon os sindicatos de clase ou que silenciaron co troco de que tódalas categorías do Sacyl cobren a carreira.

Si, eu opóñome a que categorías "non sanitarias e non academicas" cobren estes 'quinquenios encubertos' polo mesmo que me opoño á non reversibilidade (da que sei que algún día me beneficiarei): Porque pervirte o verdadeiro fin do sistema de carreira profesional que é a motivación. E a pregunta que lanzo ó aire é ¿que obriga de actualización de coñecimentos, de traballo de calidade ou de implicación no I+D+i ten esoutro persoal?...

Non vou a por unha categoría para que non se tente focalizar o tema mais SI podo dicir e os sanitarios o entenderán que si sae un aparello novo -por exemplo un aparello que faga unha hematimetría coa mesma facilidade que unha glucemia- a enfermería APRENDERÁ a empregalo a pesares das trabas e a incompetencia que a administración soe mostar coa formación continuada do seu persoal; chegando ó extremo de adicar parte do seu tempo libre a documentarse e ler sobre o tema do que se trate. En troques cando o aparello se estropea i está fora de garantía "hay que enviarlo a la casa" porque algúen NON SABE e NON APRENDEU. Se hai unha mesa nova nun quirófano ou unha camilla nova en urxencias ten a enfermería (polo menos a supervisión) que explicarlla ós encargados da súa movilización... porque eles non teñen porque sabelo se non se lles explica. etc. etc.

Mais da OPE

Como o tribunal ou a autoridade in-competente publicou unha "rectificación de erros"[.PDF] o cal é curioso, eles SI poden rectificar; os curritos NON...bueno, que con esa rectificación os prazos alónganse unha semana mais. Xa me gustaría a min saber que sucedería a calquera de nós nos nosos postos si cometésemos erro tras erro que precisase rectificacions.

O colexio de enfermeria pasa de puntillas sobre a situación creada citando apenas a iniciativa do blog referido no seu "diario enfermero" (nº79) sen se mollar o mais mínimo e o 'grande sindicato profesional' olla cara outra banda lanzando agora unha campaña para que solicitemo-la especialidade pola vía extraordinaria os que teñamos os méritos precisos; o que resulta contradictorio dende o meu punto de vista pois si enviamos unha avalancha de solicitudes o ministerio terá menos recursos para 're-matar' a OPEx e sementarase un medo terrible entre as administracions autonómicas que serán as que deberan proveer e pagar as prazas deses futuros especialistas e que presionaran (se non o están a facer xa) para que NON sexa doado conqueri-lo título. Mais se vos fixades na portada da páxina do sindicato os 6000 excluidos non existen para este sindicato.

Visto o visto e como falar é 'jratis' atrevinme a facer dúas entradas no citado blog; unha sinalando os tanteos a realizar para olla-la verdadeira forza do colectivo afectado e os apoios que pode acadar e tentando aportar algo de información sobre o tema.

E outra facendo a seguinte PROPOSTA de solución "salomónica" para desfacer este entuerto.
PROPUESTA

1- Incorporación inmediata de los adjudicatarios en 1ª ronda; porque aún está por explicar por qué los facultativos SI se incorporaban según se iban cerrando sus rondas y el resto de categorías NO.

2- Paralización del proceso descartando las solicitudes pendientes y las realizadas en este segundo plazo.

3- Emisión de un critério único de admisión de los reingresos provisionales de los declarados “excedentes voluntarios”; porque en algunas comunidades se ha comunicado que habrá ‘carta blanca’ y en otras que sólo se aceptaran tantos reingresos como plazas afectadas por la OPEx queden sin cubrir…

4-Elaboración de un procedimiento presencial o electrónico transparente y justo que impida duplicar peticiones y/o dejar plazas sin pedir.

5- Convocatoria de 2ª ronda sólo para fijos.

6- Resolución e incorporación de estos.

7- Elaboración de un listado de plazas resultantes.

8- Convocatoria de 2ª ronda para todos los procedentes de la “expectativa de destino” adjudicatarios o no en la 1ª ronda con la salvedad de pedir únicamente las plazas en las que se esté interesado.

9- Resolución e incorporación de los que obtengan plaza.

10- Elaboración de nuevo listado de plazas resultantes

11- Convocatoria de 3ª ronda para los no adjudicatarios procedentes de “expectativa de destino” con la obligación de pedir tantas plazas más una del puesto que ocupen.

Novas fronteiras

Xa fai tempo que tentei (sen éxito) facerme cunha homologación do título de especialista cirúrxico pola AORN (Asociación ameriacana de enfermería cirúrxica) pois é a mais forte das asociacions do meu campo de traballo no mundo e, daquela, coidaba que os títulos e certificados obtidos con constacia e traballo eran os que abrían as portas a mellores oportunidades laborais. Cando facía iso algúen me preguntou si sería dabondo parvo para ires a traballar ós USA e lle respostei que NON que só quería o título porque constituia unha proba independente da cualidade dun profesional e que as miñas aspiracions profesionais rematan onde escomenza a verdadeira vida; ás 15 horas de luns a venres.

Mais lendo esta serie de artigos de 'A voz' non estaría mal reconsidera-lo tema. Como xa reflexei noutro post este ano fixen 15 como enfermeir@, levo 8 traballando en quirófano de mañans con praza e con 5 trienios e os ingresos da futura carreira profesional (como máximo grao 2) acadarei os 28000 €uros anuais; moi lonxe polo tanto dos 40000 como mínimo que ofertan os hospitais americanos.
Claro que esa é unha "oferta con trampa"; en primeiro lugar tes que facerte co certificado profesional, "currarte" a lingua pola túa conta e pagarte o aloxamento e a manutención alí. Mais sí que constitue un reto interesante e, dende logo, unha oportunidade para que non teña mais atadelas que as dos seus zapatos.

E, ¿que haberá que facer para chegar ós 120000 $ anuais que ofertan como máximo?. Dende logo moitas horas de curro e moi alta capacidade de asimilación.

Manobras ou "tarde piache"

Na anterior entrada deixei sen comentar un tema verdadeiramente inquedante e que se enlaza co comentado na anterior...
Dado que moitos servicios de saude implicados neste longo, cáseque eterno proceso, teñen enviado "globos sonda", incluso notas internas asegurando a admisión de tódalas solicitudes de reingreso provisional que se produzan por mor das exclusions e declaración en exedencia
I é que o SACYL ven de sacar unha orde na que dí que só admitirá o reingreso provisional dos exedentes da OPEx por tantas prazas como 'sobren' deste proceso. Esto estaría ben si na mesma orde ou nunha de rango superior se explicitasen os mecanismos de prelación para eses reingresos provisionais nese número restrinxido de prazas; non esquezamos que as persoas que non sexan readmitidas pasarán ó PARO. A orde non explica canto tempo terán que agardar os "exedentes voluntarios" para poder solicitar novamente a reincorporación provisional xa en condicions normais (isto é á 1ª vacante que xurda no área de saude). Bueno, eso: Outro clavo nesa cruz.

Reacción tardía

Evidentemente entre 5000 persoas en todo o estado existe tal diversidade de situacions e reaccions que era de agardar que algúen quixese ter "dereito ó pataleo"; tal é o caso de Angel Muñoz que na súa raiba por ter sido "declarado exedente voluntario" (¿falamos xa da flagrante contradicción deste termo?) ven de publicar un blog (http://ope2001.cholloblogs.com) no que invita a toda a enfermería a dar a súa opinión empregando in nada recomendable método de difusión como son os correos non solicitados polo que xa ten recibido veladas ameazas por parte dos sinalados coma culpabeis deste despropósito.

Eu deixei esta opinión:
Sé que hablo desde el privilegio de tener nombramiento (última OPE insalud), pero creo que los realmente culpables fueron los que embarcaron a todas las categorias en un proceso que iba a resolver un problema de una categoría que llevaba 12 años sin oposiciones. Yo y tantos otros teníamos pagada la convocatoria de 1998 (para 1ª) que anularon sin devolver el dinero; en estos 5 años ya se habría concluido aquella y otras 2 más con el INRI añadido de tenernos a TODOS atados a un proceso eterno pues, en muchas comunidades no se han ni convocado traslados a cuenta de esta OPE.
El procedimiento de elección de plazas se pudo hacer más transparente si se realizase mediante una aplicación informática (Como en el SACYL) que impedía que dejases códigos sin colocar.
Ahora votad a los sindicatos “enfermeros” que van en las mismas listas que otros que sólo miran su interés y cuyos cargos se acaban -inexorablemente- pasando al carro de la gestión (vamos, al otro bando) y todos bien colocaditos. O apoyad el pago de cuotas colegiales para que tres espabilados que ni se sabe cómo fueron elegidos convoquen manifestaciones por “especialidades fantasma” mientras este problema, real y masivo, es pasado ‘de puntillas’.
Cada profesión tiene lo que sus profesionales acaban mereciendo
Outros dos 'sinalados' botanlle a culpa ó PP sen lembrar que eles se sentaron nunha mesa de negociacion e nuns tribunais e non fixeron nin enquisas de aceptación entre os seus afiliados (que sería o minimo si fosen algo democráticos) nin entre os traballadores en xeral; e, dende logo, non fixeron nengunha movilización nin antes nin durante o proceso.

O que sí semella claro e que hai "tocata a carpetazo" e que os que recibiron a lotería da admisión dos seus recursos e conquiren praza no centro desexado xa poden voltar á porse de baixa (ou liberarse) tranquilos.

Remordimento

E será por ese motivo que o Satse abre agora unha reivindicación sobre o acceso extraordinario ás especialidades? deixando iso sí a reivindicación esencial: Que se publiquen XA os criterios polos que as administracions van a crea-las prazas deses especialistas e cómo se van a cubrir provisionalmente até que se fagan Oposicions ás mesmas; porque ¿para qué un título se non se pode exercer?. Non é cunha avalancha de solicitudes de acceso extraordinario co que as administracións van por en marcha as especialidades, senon coa necesidade definida de profesionais especialistas para exercer certos postos dentro dos centros sanitarios e dado que temos 17 administracions sanitarias hai que ir collendo este tema EN SERIO.

Case mellor...

Bueno; por fin houbo algunha novidade no tema da Santa Ope extraordinaria e saiu a lista definitiva das primeiras asiganacions. Tal e como foron as cousas nas outras categorías non teño mais queixa que a que poden ter os que se teñen que ir colle-la plaza (un agasallo nada desdeñable) lonxe de donde agora moran cando nese lugar saen moitas (moitísimas) prazas á segunda rolda.

I é que cada vez vexo mais claro que esta OPE só se debeu celebrar para as categorías que levaban mais de 10 anos sen acceso á condición de fixo. Nos 5 anos que leva este proceso xa se podían ter feito 2 procesos normais completos (traslado+OPE) sen este 'tejemaneje'.

En fin, que remate dunha vez que a este paso algunha xente no canto de ires a coida-los fillos vai coida-los netos.

Recurrir non é emendar

Co galo da publicación da listaxe definitiva da 1ª volta da provisión da OPE (categoría AE), na que non se aceptan mais do 10% das reclamacions presentadas polos 3000 excluidos ;causados maioritariamente polo complicado sistema de petición de destinos e pola obriga intrinseca de pedir tódolos postos convocados para non seren declarados en exedencia voluntaria, veño de observa-lo matiz ó que se refire o titulo do post.

Dado que moitos servicios de saude implicados neste longo, cáseque eterno proceso, teñen enviado "globos sonda", incluso notas internas asegurando a admisión de tódalas solicitudes de reingreso provisional que se produzan por mor das exclusions e declaración en exedencia referidas no parragrafo superior a administración e a empresa encargada da parte técnica do proceso teñen optado por non admitir mais que as reclamacions nas que "se poda probar erro por parte da administración".

Esta actitude pode semellar inxusta polo farragoso do proceso que implica (no caso dos DUE) escribir 6000 códigos de destino en 15 folios; o normal é que "baile" algún número ou letra mais.... Houbo xente que o fixo ben á primeira (tanto do traslado como da OPE) e hai moita xente que non presentou reclamación (até un 20%) polo que sobretendese que optan polo reingreso provisional.

No medio está a xente que leva 5 ANOS de proceso (entre oposición e provisión) que se molestou en cubri-la solicitude e o recurso coa esperanza de que a administración non pensase que querían emendar a primeira petición... mais como nos exames un non pode modifica-las respostas que nel puxo semella que nesto tampouco se vai poder troca-lo pedido para ben ou para mal.

Agora ven o "Rio revolto" pois moitas comunidades teñen traslados 'propios' en marcha e non se sabe que vacante corresponde a que proceso; é mais, nalguhas levan tempo sen adxudicar interinidades á espera de que se peche esto para ter onde 'colocar' á xente que lles quede no camiño. ¿Que tal se vos dá a pesca?.

O anúncio

A conto do inicio do curso...

Supoño que se trata dun anúncio vello, mais a mín chamoume a atención. Promociona unha marca de coche falando da teoría das necesidades de Maslow; si, aquel tremendo rollo que conseguía valeira-la clase nos tempos da escola de enfermería. I é que sendo novos sempre se ten moita inquietude polo que se coida vai resultar práctico e útil, quedando a teoría que o sustenta ou as explicacions dos fundamentos do que realmente acontece ó teu redor como algo secundario.

A clara orientación práctica do traballo da enfermeiría sempre me levou polo camiño das técnicas, dos aparellos e da 'acción'; deixando a interacción co doente e acompañantes como algo secundario, incluso molesto.

Grave erro, o de quen coida que a atención ás necesidades da saude física pode separarse da necesaría atención a outros aspectos e necesidades de quen padece. A iteracción entre a dor física, por exemplo, e a preocupación ou o medo é de tal calibre que en ocasión pode resultar mais doado "sofronizar" a algúen de que non padece un mal a, realmente, curalo do mal no sentido médico do termo curar.

O longo dos anos unh@ enfermeir@ se decata de que moitos doentes están dispostos polo seu estado de ansiedade, de medo, de descoñecemento... a deixar que nos ocupemos até do mais mínimo detalle das súas necesidades; o maís clásico e o tema da protección pero seguro que moitos outros veñen ás vosas mentes en canto caviledes nelo. Cando un pasa a traballar nun área tan técnica como a cirúrxica sempre ten a sensación destas fora destas movidas. Que lonxe da realidade se pode vivir. Unha persoa que vai ser intervida cirúrxicamente (sobor de todo si 'el enemigo' está por medio) se atopa nun dos estados de desprotección mais fondos que se coñecen; non hai mais que mirarlles ós ollos.

Empatizar con estas persoas pode describirse con moitos obxectivos, moitos procedementos, moitas verbas... a min só se me ocurre: Necesário.

Xa está eiquí

No SERGAS xa están enviando as cartas de recoñecento do primeiro grao da carreira profesional e o pagamento (non nos enganemos é polo que imos a traballar) chegará a final de mes.

Trátase, claro, só do primeiro grao. Até Xullo do 2007 non se abrirá o proceso para o recoñecento do segundo grao. Sego opinando que este xeito de carreira non motiva a mellorar na práctica diaria nen fomenta o traballo de inovacion e investigación básica. Nas conversas que teño sobre o tema moit@s compañeir@s coinciden en que se trata dun xeito encuberto de aumento de sueldo (eso si, restrinxido) para mante-la capacidade adqquisitiva. Pode, mais coido que se está a estragar unha ferramenta moi útil para dotar ó sistema administrativo de mecanismos de motivación e recoñecemento das actividades que mais precisa tal e como pasou coa productividade ainda que esta xa escomenzou cun erro na súa denomianción...

No canto da santaopextraordinaria segue o cachondeo; a derradeira é a eliminación das listaxes provisionais e os conseguintes periodos de reclamación nas roldas "a resultas" co agravante de manifestar na derradeira xuntanza da "comisión para a resolución" que
"Se estudiarán todas las reclamaciones y se resolverán de acuerdo a los criterios que marca la Ley"
Como si até o de agora non se fixera así...Lembrarvos que na categoría de ATS/DUE hai 3000 reclamacions... polo que podemos ir encargando o turrón.
Pola súa banda o SACYL semella estar a xogar ós malabares coa enfermería pois mentres que en outras categorías o concurso está xa resolto e o persoal incorporado en ATS/DUE non se publicaron nen as listaxes provisionais; preguntados ó respecto din:
"Actualmente se está en proceso de comprobación de las solicitudes recibidas(??). Una vez finalizado el mismo se publicarán los listados provisionales. No hay fecha determinada"
Eu, ainda que non entendo que teñen que comprobar solicitudes feitas cunha aplicación que colocaba os códigos das prazas solicitadas e xeraba uns puntos de lectura para automatiza-lo proceso, coido que 4 meses son mais ca dabondo.

Visor de Veas

Podería soar a broma ou a ciencia ficción, mais xa é unha realidade e pode que teña moita utilidade.
¿Cantas veces tendes que atender a doentes ós que cáseque non se lle aprecian as veas?, ¿cantas vias "importantes" (via central etc.) se puncionan mal por esa dificultade de visión?. Luminetx, empresa de Memphis (Tennessee,EEUU) ven de lanzar ó mercado o VeinViewer un aparello que proxecta sobor da zona da pel elexida un 'mapa' en tempo real dos vasos sanguineos desa zoa da pel.
O principio de funcionamento fora presentado xa en 2004 e velaqui unha traducción caseira do artigo:
NOTA DA PRESENTACIÓN DO PROTOTIPO DO VEINVIEWER
“Para pinchar unha vea correctamente debese facer no lugar axeitado” di o inventor do dispositivo, Herbert Zeman, un enxeñeiro biomédico da universidade de Tennesse en Memphis. “Se non puncionamos no centro a vea só se estira”. Zeman fará unha demostración do dispositivo na conferéncia óptica de Rochester, Nova Iorque. O prototipo leva unha cámara que capta a radiación cercana ó infravermello para capturar un vídeo en tempo real das veas do doente, un ordenador persoal realiza o contraste da imaxe e un proxector de escritorio proxecta o resultado para mostralo sobor da pel en tempo real.
Unha serie de LEDS de cercano ó infravermello que rodean a lente da cámara iluminan a pel nunha lonxitude de 740 nanómetros. Esta lonxitude de onda e absorbida polo sangue, mais é dispersada polo tecido circundante. Como resultado as veas e o sangue semellan escuras.
A imaxe da cámara envíase a un PC cun software que as procesa e traza un mapa da imaxe nun fondo verde brilante aumentando o contraste entre as veas e o tecido circundante. O PC envia esta imaxe a un proxector que o emite sobre a pel do suxeito.
O dificil foi asegurar que a imaxe das veas é proxectada exactamente no lugar que lle corresponde. Pois de facelo incorrectamente o sistema é peor que inútil. A clave é o dispositivo chamado “espello quente” que é transparente á luz visibel, mais reflexa as lonxitudes de onda infravermellas
O proxector de vídeo e a cámara colocanse a 90º o un do outro afrontando o espello que se coloca nun ángulo de 45º de ámbolos dous. Dempois de calibración asegúrase que o marxe de erro é de 0,06 mm.

A empresa dí que ten utilidade clínica para centros de doación, laboratorios clinicos, Unidades de ciruxía estética e vascular, centros de dialise, unidades de coidados críticos e servizos de oncoloxía, neonatoloxía e pediatria. Ainda que haberá que espera-la opinion dos organismos de avaliación das tecnoloxías sanitarias e a autorización da UE antes de termos que nos plantexar paga-los 25000$ (19750€) que piden por cada aparello.

A catástrofe humanitaria que se aveciña

Sei que hai organizacions sociais e colectivos que levan tempo alertando do que vou a falar e, podo ser acusado de oportunista, mais o certo é que só temos que ollar para a pirámide poboacional e sacaremos a conclusión de cal vai ser a maior catástrofe humanitária en Galiza nos vindeiros anos...

I é que o 13% dos galegos ten ó seu cargo unha persoa dependente (segúndo a estatística oficial) e, ollo, estamos a falar de persoas entre os 15 e os 65 anos; un total de 84300 ós que habería que engadir unha boa parte dos 590000 maiores de 65 anos que habitan no pais tamén segundo os datos do INE, e os "retornados" que voltan para pasar os seus derradeiros días na terra que os botou ó mundo e para fuxir dos sistemas antisociais de certas zonas do mundo.

Todo elo está ahí convivindo conosco tódolos días mais os médios de comunicación só reflexan a chegada constánte de outras persoas que fuxen tamén da miseria, da guerra e da inxustiza deixando este drama como algo cotián e soterrado.

As administracions e a lexislación seguen a ir por detrás dos problemas dos cidadans guiados polo emprego electoralista que os grupos de poder fan do seu músculo mediático e polo escaso senso de planificación estratéxica cos nosos dirixentes imposibilitados de pensar mais aló de 4 anos porque o que aconteza maís aló xa non o sinten como responsabilidade própia.

Tomadura de pelo comprometida

Fai un ano xa nos fixeron unha cabronada ó convocaren a fase de provisión no mes de Xullo; agora co galo de non sei que compromiso sacan a toda prisa unha listaxe na que 5000 persoas (o 90% das persoas en expectativa de destino) saen excluidas "POR NO HABER RESEÑADO EL NÚMERO DE PLAZAS DEBIDO" co cal a listaxe é absolutamente PROVISORIA e non merece mais ca unha ollada de desprezo.

1600 son moitas referencias como para non cometeren un erro na súa transcripción e coido que tanto para facer un escrito de rectificación como para facer unha nova instáncia os erros vanse voltar a repetir "a miles" só que nesa segunda ocasión o erro terá como consecuencia seren declarado en exedencia voluntária.

A santaopextraordinaria leva camiño de se convertir nun auténtico 'culebrón' que deixará pegada nunha xeración de traballadores da sanidade pública.

Fracaso dun modelo?, fracaso dunha xestión?, ¿fracaso?

O pasado día 21 asinouse "por unanimidade" o acordo entre a administración autonómica e as forzas sindicais para senta-las bases da estatutarización do persoal das fundacións e empresas públicas sanitarias co que semella pecharse unha etapa na prestación de servizos sanitarios públicos empregando estas figuras para a xestión de centros públicos.

Mais, ¿está pechado o debate?; ¿pode a estructura pública tradicional pestar TODA a asisténcia sanitaria pública?. Non son eu un 'gurú' destes temas mais coido que se está a desperdiciar por dogmatismo un mecanismo que ben empregado podería ser de grande axuda á hora de dar prestacions en situacions "raianas" como a escaseza actual (e mais futura) de facultativos especialistas e o acceso a tecnoloxías e técnicas punteiras.
O certo é que se cumpre unha das premisas do programa de goberno bipartito sen ambaxes nen trampas fallando, cecais, dende o punto de vista "purista", unha explicación de porqué o persoal laboral é 'integrado' sen facer as mesmas oposicions que o resto dos estatutarios... (que oposicions se fan mais...) evitando, coido, gran repercusión presupuestaria e asistencial.

Impide este paso a privatización da sanidade?: NON; todo o contrario o sector público desarmase e volta a "pelaxar coas mans (mellor dito cos papeis)" contra a flexible e ben engraxada maquinaria da sanidade privada, moi concentrada ela en tódalas prestacions que ofrecen 'valor engadido' deixando para a EXCLUSIVIDADE o que non é rendible. Exemplo: o novo hospital de Vigo que ainda non é mais ca planos e permisos mentras POVISA segue ampliando as súas intalacions. Outro caso é a puxanza dos servizos de Dialise, diagnose por imaxe e ciruxía maior ambulatoria nas que o sector público SI se rende ó privado. ¿U-los salva patrias da PDSP para por en albo o emprego masivo de medios privados para a disminución das esperas na sanidade pública? mentres temos hospitais con PLANTAS enteiras pechadas non só no verán senón todo o ano... de risa.

Os recursos das fundacions son públicos, as directrices e os cargos xestores públicos son só que se submeten o poder de inspección 'a posteriori' e para iguala-lo réxime laboral dos empregados non faria falla liquida-lo "invento". O que lamento profundamente é a falla de debate, de datos reais e SOBOR DE TODO a falla de petición de responsabilidade polas vias correspondentes si, en verdade, se pode demostrar calquera das acusacións que se fan e fixeron.

A conto de esto ven esta nova de hoxe na que se pode apreciar como o 'gañador' é o "modelo Alzira" tan fortemente defenestrado mais cada volta mais extendido; unha auténtica "externalización completa" da atención sanitaria.

Rebobinando

Hoxe pasei a mañan rebobinando; facendo o que tiña que facer mais co cinema do tempo pola mente. Vin aquela sala de diálise do HXG e as 4 máquinas que "levei" aquela mañan, o ceo claro alí fora; aquela tarde fun correr con 30º e xersey. Ouvin novamente os queixidos de aquela primeira persoa accidentada nunha 1º mañan de xullo na estrea da tempura dos nervios, aquel día cheguei moi tarde á casa. Sentin o sono insoportable das 6 da mañan dunha noite tranquila nunha sala antiergonómica a proba de cansanzos extremos. Cheirei as mil desagradables fragancias da morte meta e porto dos nosos camiños-travesías que manifesta unha preferencia por impacta-la nosa pituitaria cos aromas dos velenos, do sangue e de sudores diversos.
Nestes tempos extraordinarios que semellan cheos de retos profesionais eu non sinto mais ambición que a de voltar á estrada cada tarde e que o de "ali dentro" quede para as "mentes pensantes". As ansias de aprender, as annsias de indagar, as ansias de mellorar veñen fenecendo nos "rompe-ansias" dun sistema que tende a se perpetuar baseandose no " bó rollo" e as "actividades sociais".
15 anos ollando dramas humanos, 15 anos feríndome un pouco coas feridas de outros, 15 anos facendo risa no medio das bágoas, 15 anos arranxando cousas con esparadrapo.

15 anos de Enfermeir@.

A polemica da resterilización.

En el número 47 de "diario enfermero" se recoje la noticia que abajo refiero sobre una práctica de la que todos sabemos pero sobre la que poco se entra 'en profundidad'. Efectivamente, en TODOS los centros se resterilizan dispositivos que traen la famosa indicación de "un solo uso"; pero, en primer lugar, cabría distinguir entre las esterilizaciones que realmente rompen con la norma y las que se hacen por que la fecha de caducidad del producto NO USADO es corta (fruto de largos períodos de almacenamiento por intermediarios y administración). Una vez realizada esta distinción; que, a mi modo de ver, justifica la mitad de las resterilizaciones queda por ver cual es la "cadena de presiones" que autoriza/justifica a resterilizar material usado y que, pienso, tiene mucho que ver con el concepto confundido de eficiencia en el que la gestión neoliberal ha sumergido a los profesionales de la salud. Tiene mucho de maquiavélico que habiendo sido transferidas las competencias sanitarias a las CCAA un partido politico bajo cuyo gobierno se encuentran gran número de comunidades se dedique a hacer proposiciones de ley en el parlamento estatal y no en TODAS las cámaras autonómicas. Tiene mucho de campaña política que el órgano oficial del consejo de colegios profesionales le didique alabanzas a este partido por tan contradictoria actitud.
Lo que le falta a esta iniciativa es entrar en el análisis de los costes por proceso comparando, cuando se puede, todos los costes del material de un solo uso (incluyendo, claro, los de destruir el material usado y sus embalajes) con los del material inventariable y/o reutilizable.
¿Hacia dónde apunta este debate?; Yo veo claramente que el objetivo de este y otros frentes como el de la ropa y equipos quirúrgicos es que las administraciones acaben 'externalizando' las centrales de esterilización. Creandose, al igual que con las lavanderías, un mercado de centrales esterilizadoras con un montón de certificados (calidad, seguridad etc.) y perdiendo las administraciones la oportunidad de ser ellas las que provean este servicio al mercado.


El PP insta al Gobierno a reforzar las inspecciones en centros sanitarios sobre el reciclaje del material de "un solo uso"

El Grupo Parlamentario Popular en el Congreso ha presentado una proposición no de Ley por la que insta al Gobierno a que se adopten las medidas oportunas para reforzar las inspecciones en los centros sanitarios para el control de la esterilización y reciclaje del material sanitario de "un solo uso" y se adapte a la legislación vigente, según la iniciativa a la que ha tenido acceso Europa Press.

Europa Press

MADRID, 20-06-2006.


Actualmente, existen unos 8.000 productos identificados como material de "un solo uso", como sondas, catéteres, balones de angioplastia, etcétera, que son reciclados diariamente en los centros sanitarios aunque deberían tirarse una vez utilizados.

Según el PP, la legislación española prohíbe expresamente su reutilización aunque de una manera tácita se permite. En este sentido, la Sociedad Española de Medicina Preventiva apoya el reciclaje, aunque con apoyo legal y las suficientes garantías de seguridad.

Por ello, según el texto, expertos en Medicina Preventiva han solicitado al Ministerio de Sanidad y a las comunidades autónomas que regulen una práctica dispersa y sin norma legal concreta, y el PP pide que se adopten "las medidas necesarias", a través del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud (CISNS)···

Rede de Saude

Onte a xunta presentou o plano de implantación das TIC na sanidade galega con eses claroescuros que caracterizan a unha política feita dende a imaxe e a falla de autocrítica.

A estas alturas caseque 'ten delicto' presentar un plano coma este e dicir que é innovador cando; en 1º lugar non é mais que un conxunto de actuacions planificadas para os próximos anos e tanto no resto do estado como na UE xa van moito mais aló.
Polo de agora non pasamos do titular da nota de prensa e os destaques rimbombantes como o de pedires consulta dende un caixeiro. Queda por ver si este plano vai por coto ós 'raiños de taifas' nos que se convertiron tecnolóxicamente certos centros/servizos empurrados pola industria, as necesidades (as de atender mellor ós cidadans mais tamén as de 'figurar' de alguns xefes de S.) e a falla de directices dende arriba.

Darlle unha estructura, planeamento, formalidade e sistemas comuns a toda unha rede sanitária non vai ser doado e tendo en conta a obrigada e necesaria coordenación non só a nivel estatal (Hª clinica, Diagnose por imaxe...) se non da UE (tarxeta sanitaria, sist. de facturación) cada paso debe ser reflexionado e consensuado para acadar unha solución polivalente.

Logo está o tema da formación; se ben no eido administrativo certo dominio da ferramenta informática xa está implantado incluso a nivel de temario de acceso ó posto de traballo, nas áreas críticas (as que 'fan o traballo' e xeran a información) por moi diversas circunstáncias (idade, acceso á formación...) non ten mais ca coñecimentos moi básicos das ferramentas das TIC e, o que é peor, non amosan moita inquedanza en adquirir eses coñecimentos.

Pódese discutir o feito de que a implantación da Imaxe médica dixital se escomence polos complexos hospitalarios grandes e non polos comarcais por aquelo da consulta "on line" co centro de referencia mais semella que acabará chegando...

Que o plano non estexa xa accesible dende a web non semella coherente, ¿non?.

O SERGAS insinúa as liñas da solución para os comarcais

O Director xeral de Asistencia Sanitaria compareceu no parlamento para contrarestar a manifestación que ese mesmo día se facía en O Barco por parte da plataforma pola sanidade pública (coa destacada ausencia do Alcalde Barquense); e informou da próxima incorporación dun anestesista e das negociacions con outros para por fin ó 'estado de combate' no hospital valdeorrés.

Mais eu quero destacar que, logo de facer resposables ós gobernos anteriores por unha planificación deficiente, anunciou
Liñas estratéxicas comúns que solucionen a situación creada no conxunto da rede comarcal de xeito definitivo.

Así, decidiuse centralizar a totalidade das contratacións das especialidades con problemas de cobertura, como anestesioloxía, radiodiagnóstico, xinecoloxía e pediatría, entre outras, co fin de atender, de xeito prioritario, aquelas zonas máis necesitadas de persoa
Tamén anunciou outras medidas para o HCV como a realización das probas de Holter e a posta en marcha dun programa de administración de quimioterapia.

Mágoa, medidas que xa estaban 'na recamara' hai algún tempo e que chegan agora. Sego sin entender porque se presiona a algúen para que acade unha responsabilidade e logo se lle "fai a cama" deste xeito. I é que nesto da POLITICA son un pardillo.

As odiosas comparacions...

Nestas datas tamén o SERGAS chegou a un acordo de carreira profesional. Na nota informativa (.PDF 68Kb.) e a falla de mellor opinión o acordo mostra certas cousas mellores que o do SACyL.

Deixando de lado as cantidades, que para o 2010 serán un 8% mais que no SACyL, o mais positivo semella que no proceso extraordinario (si, tamén hai un proceso extraordinario) computan os servizos prestados tanto coma fixo e coma temporal ainda que a carreira profesional é só para o persoal con praza en propiedade. Este computo dos servizos como temporal manterase de xeito ponderado no acceso ordinario para o persoal que actualmente é temporal e que acceda á condición de fixo.

Segue a existir unha 'barreira' marcada non pola realización de avaliacions; precisas ,coido eu, para separar "polvo de palla". Senón polos items desta que quedan pendentes do seu desenrolo... En particular a mín preocúpame o punto: "- compromiso coa organización (coordinación e supervisión, dirección, actividades de formación especializada…)" que segue a semellar un peche ou 'marxe de manobra' demasiado descarado.

Por certo o punto de avaliación "- nivel de cumprimento de obrigas básicas en materia (con carácter xeral) de documentación sanitaria" semellame orixinal, obxectivo e doadamente comprobable.

Ó cabo, agardo polos vosos silencios.

Desinchando o globo

Non vos nego que cando lein os carteis que anunciaban o acortdo de carreira profesional no SACYL me semellou un bó acordo para os traballadores (que non para a administración) cunha cantidade de cartos por nivel aceptable e cun proceso extraordinario que daba opción a entrar ata o 3º grao; carreira irreversible e para todos. Sorprendínme a min mesmo facendo "contas da leiteira" co que eses cartos significarían sen agardar a lelo "negro sobre blanco" i en BOCYL.

Agora que tiven ocasión de ler o documento completo asinado polas centrais sindicais podo asegurar que a administración xogou ben as súas cartas; cos 'lobos' da reversibilidade e de só recoñecerlle a carreira ó persoal sanitario conqueriu unha carreira "blindada" na que os representantes sociais só atenderon a poder "vender fume" e non á realidade obxectiva de cantas persoas poden acceder REALMENTE ós niveis 2, 3 e 4 da carreira...

A falla da publicación no Boletín Oficial vexo que os grandes beneficiados son os titulados sanitarios de FP e o persoal da xestión e administración que conquire "montarse no carro" ainda que cos mesmos condicionantes arriba sinalados.

Explícome: Nas áreas de valoración para o acceso ós diferentes graos (Asistencia, Docencia, Gestión clínica e Investigación) valoranse cousas dificilmente demostrables e/ou conqueribles sen o apoio EXPLICITO da dirección-mandos intermedios do centro de traballo. No apartado Asistencia; téñense en conta as relacions interprofesionais e o traballo en equipa. Soar soa ben, mais ¿Como se valora iso obxectivamente?. Mais grave é o tema da "Gestión Clinica" que valora o exercicio de cargos de responsabilidade (supervisión, dirección) e o formar parte de comités ou proxectos; todos sabemos que os cargos de responsabilidade o son 'de confianza'... e o de formaren parte das comisions...pois que vai a "haber ondonadas de ostias" para formaren parte das comisións que se designen por elección dos traballadores. No canto do apartado de investigación gostaríame sinalar que se valoran as publicacions insinuando certa gradación entre as feitas en revistas indexadas ou non (ata eiquí todo normal) e polo "factor de impacto" elemento sobre o que existe bastante polémica pois xa sabemos como 'as gastan' as editoriais á hora de aceptaren artigos que citen publicacions de outros grupos editoriais e a endogamia que se está a producir. Por outra banda; a valoración de comunicacions a congresos ven insinuada moi lenemente e moito me temo que valgan mais certos congresos autonómicos de escaso mérito científico no canto que outros.

No que respecta ó como é ó prometido procedemento extraordinario (¿que terá este inicio de século que todo son "procesos extraordinarios"? :a OPE, as especialidades, A carreira profesional...) En Primeiro lugar vexo certa confusión entre a "norma que regule a carreria profesional", " o seu desenrolo regulamentario" i o acordo tal e como o lein. Semella que ata o 2008 a carreira profesional ordinaria vai a estar 'conxelada' e que o acceso ós graos 1, 2 e 3 se fará gradualmente... Para ese acceso existe certa confusión; mentres os carteis "TRIUNFALISTAS" de certos sindicatos daban a entender que ese acceso era para todos sen distinción do tipo de vinculo o acordo que lein deixa claro que a carreira profesional é só para persoal fixo e que os periódos computabeis para a mesma son dende o momento de toma de posesión da praza en propiedade; mais ¿entón porqué SI se vai a aplicar ós afectados pola OPEx? e ¿porqué para o cómputo de méritos nas áreas a avaliar SI contan os acadados tendo nomeamento temporal (contratado ou vacante)?. A enorme diferencia de anos de vinculo en propiedade entre o esixido para o nivel 1 (>7 anos) e o nivel 2 (>15 anos) deixa fora de toda dúbida que a 'xogada' da administración non era tanto a reversibilidade como a limitación do acceso ós graos pois xustamente a partires dese 2º grao é cando se requiren méritos de "Gestión Clinica" que, como xa indiquei, non semellan acadables sen COLABORACIÓN.

Como todo esto é bastánte longo i está escrito "en arameo" pois supoño que non terei comentários mais... eiquí queda o que eu opino.

Lóxica agora

Tras meses de "situación límite" que teñen provocado xestos 'politicamente incorrectos' de demisión o certo é que a lóxica se fai ver (algo) e a administración sanitária se escomenza a comportar como a empresa que dí ser.

Nesta nova lemos como se implementa a medida "salvavidas" de traer especialistas de Argentina e México; non é unha novidade en sí mesma (e mais no HCV) mais si semella que algunha cousa ten trocado no xeito de facelo. A mesma nova relata algo mais interesante; que o SERGAS vai a implantar unha verdadeira carreira profesional ainda que só en certas especialidades. A afirmación de que
"El Servicio Galego de Saúde (Sergas) aplicará medidas de “discriminación positiva" a favor de los hospitales comarcales para solucionar la falta de especialistas" e "El Sergas estableció que los hospitales provinciales no podrán contratar profesionales de las citadas especialidades si hay plazas vacantes en los comarcales. Además, los especialistas de estas áreas deberán pasar por uno de estos últimos centros hospitalarios para acceder a una plaza fija de la administración sanitaria"
É o mais semellante a unha carreira profesional que teño ouvido. Agora a ver como o implementan 'blanco sobre negro' no DOGA e, sobor de todo, a ver como pasan este 'trágala' os xefes de servizo dos centros galegos que forman MIR's e os Sindicatos (en especial os de clase); é de desexar que se estableza un "diálogo de argumentos" para dar cunha solución a este problema.

Falando de solución; das medidas presentadas pola consellería outra delas
los contratos que se les ofrecen ahora serán casi fijos
ven a da-la razón a os que reclamaban un trato laboral acorde co que acontecía a nivel oferta-demanda. Das outras solucions posibles: Complementos económicos, Equipas móbiles (usando a cláusula de movilidade do estatuto marco), Beneficios socio-laborais (mais libranzas para vacacions e/ou formación)... non se dí ren, pero seguro que están na lista de "planos 'B'".

Central de compras

Outra das medidas de 'lóxica de mercado' coa que ten xogado escasamente administración sanitária é a de implementar centrais de compras; trátase, sen dúbida, de unha das modas no SNS e como toda moda ten o risco de fracasaren por execeso.
O certo é que realiza-lo volume de compra de tódolo servizo de saude por un único centro pode ter importántes vantaxes a nivel de prezos e de servizo dos proveedores mais hai que ter en conta moitas cousas: Alguns dos Items cos que tratamos teñen que estar adaptados á aparataxe dos centros non á dos proveedores (esas bombas "prestadas" para que se lle merquen as equipas a prezos +/- escandalosos) o que pode levar a ter que mercar e trocar moita pequena aparataxe; Outros tipos de productos, en especial os medicamentos plantexan o gravísimo problema da "liberdade de prescripción" que si ben en alguns centros se vai solventando co recurso ó emprego da prescripción de principios activos non deixa de estar exento de polémica. Agora entrarán en xogo os farmaceuticos que reclamarán tamén esa liberdade para eles. Mais, a administración debe de coidarse de non cargarse cos custos de almacenaxe e distribución dos stoks que vaia mercando, de outro xeito a rebaixa conquerida no prezo se verá diluida nestes novos gastos. Gústame a idea de facer esto paulatinamente; non está na información pública o cronograma do proxecto mais supoño que a fase de estudo dos catálogos, stoks etc. terá que estar caseque rematada e que a decisión política no canto dos mecanismos de implementación das compras tamén estará tomada.
É de supor que eses mecanismos contarán coa axuda dunha axencia de evaluación das tecnoloxías sanitárias (tamén a estatal AETS) e que se apoiará nos informes da AEMPS.

Para rematar non quero deixar pasar unha nova que ten dous feitos relevantes; por unha banda por primeira vez vexo á OCENF "tirarlle das orellas" a un cargo dun goberno do PP, por outra, a 'vitima' deste tiron de orellas pode por un kisko. Hai que ser hipócritas para falar de contratar enfermeir@s no extranxeiro mentres @s que estamos a formar deben marchar non xa para ter un traballo fixo, senon simplemente para traballar.

O anuncio do fracaso

A nova xurdiu onte á tarde (con errata de traductor incluida); chuzeina mais non podo (debo) deixala pasar sen mais tras tanto tempo e traballo tentando facer que se cumplise a teoría de algo que podía ser positivo para a sociedade e foi terxiversado e malempregado para facer política e outras escuras manobras.

A conselleira de Sanidade da Xunta de galiza anunciou a integración das fundacions sanitarias (só as que xestionan hospitais ou todas?) no sistema administrativo nunha conferéncia organizada en Madrid (curioso á meca actual da neoxestión) pola consultora PricewaterhouseCoopers.

O modélico modelo introducido (como ben lembra LaVoz) por Romay e Feijoo (deste nin pio) en 1993 e cuestionado polo tribunal de contas de Galicia en diversas ocasions toca retirada mais ben por compromiso político que por semellar peor (na atención sanitaria ou na 'rendabilidade' dos centros) de feito as críticas dende o P$&€ son mais ben escasas cecais tendo en conta que o mesmo modelo funciona no SAS e ten 40 anos de experiencias no ICS (a Xarxa de utilización pública).

O proceso de integración ven da anterior xunta que asinou un documento coas centrais para negocia-lo paso dos traballadores ó rexime estatutario i é neste aspecto onde se presenta ó único atranco pois o SERGAS pretende que o tempo traballado "no sería contabilizado, ni a nivel curricular ni como antigüedad" o cal, dende o meu punto de vista é incongruente pois o tempo traballado nas fundacions XA é recoñecido para a antiguidade no SNS e esas resolucions non se poden botar atras (¿ou si?). Eu coido que o que trata o SERGAS é pagar eses trienios (dende 1993 xa van 4) a "prezo SERGAS" e non ó 7% do soldo base que marcaba a lexislación baixo a que naceron os contratos de traballo de eses centros. Esta xa foi a pedra de toque do convenio único das fundacions (hai 3 ou 4 anos) que se resolveu cun sistema mixto; conxelando a antiguidade dos traballadores que cobraban por riba da antiguidade do SERGAS até que este chegara a ese nivel. Polo tanto a preocupación pola carreira profesional ainda que non vanal non debe se-lo principal obxecto de atención dos afectados.

Cluster que non Custer

I é que hai moita diferencia entre estar rodeado polos indios no pequeno corno ou aborda-los retos do futuro con sentidiño.

Non vexo con malos ollos a anunciada iniciativa da consellería de sanidade de crear clúster de saúde que:
estará formado polo conxunto de organismos, empresas e institucións que inflúen na saúde dos cidadáns, organismos oficiais, hospitais, centros de saúde, farmacias, centros académicos, empresas de equipamento sanitario, laboratorios farmacéuticos, sociedades científicas, asociacións de pacientes, etcétera
Non tiña eu dúbida de que polo medio andaría o "eterno conselleiro 'in pectore'" (será por onde se sitúa o corazón?) Alfonso Castro Beiras desta volta ó traveso -como non- dunha fundación: A fundación Bamberg formada polos "sectores da industria":
* Empresas de electromedicina y tecnologías sanitarias
* Fabricantes de hardware y productos de software de salud
* Compañías Farmacéuticas y de productos sanitarios
* Empresas de biotecnología y farmacogenómica
* Industria Alimentaria
Como son un ignorante mais algo precavido non vou caer na doada tentación de sinalar isto como un "quitacuartos"; mais ben vexo unha oportunidade de conquerir melloras en certos aspectos da saude e a sanidade (que van unidas, mais non son o mesmo) coa colaboración entre a industria, a administración, os usuarios (os grandes escondidos) e os proveedores privados.

Mais non quero deixar de sinalar que onde existe unha forte oportunidade de mellora na xestión dos custes e onde está a administración "rodeada polos indios" é no tema das compras... Sego sin entender porqué non se crea unha central de compras para ser mais fortes á hora de negociar prezos, prazos, calidade e garantías; as ameazas de curta-lo subministro por falla de pago son un medio mais de 'toca-los puntos sensibles' para manter o estado actual das cousas. Si os consumidores en xeral xa saben como facelo, ¿a qué agarda a administración?.

outra de Territorio enfermeiro

A novas como esta me refiro eu cando comento que a administración (influida-conformada-dominada por xente que ve na enfermería un perigo para os seus intereses mais ca unha oportunidade de ofretar servizos de calidade a custos razoables) non cree no valor engadido da multidisciplinariedade na atención sanitaria.

Presenza e cartos

A do outro día foi unha toma de posesión con moito apoio si señor; veu 'a patroa' escoltada polo director xeral de asistencia sanitaria e a plana maior de Ourense e dixose varias veces: "Nin a consellería nin o Sergas deixarán o Barco á súa vontade(...)estamos absolutamente comprometidos co Hospital de Valdeorras, o estabamos xa, pero a miña presenza aquí ven a deixar isto claro". Tamén se dixo que se están a estudar: "medidas excepcionais que poderían implicar modificacións mesmo lexislativas".

Ó conto: que non trouxeron anestesista nin cardiologo baixo o brazo e que están a pensar unha solución que non un parche. ¿Significará o de reforma lexislativa algo referente á carreira profesional?, ¿decataranse de que é a oferta laboral e retributiva o que alonxa ou atrae xente ós centros?; ainda teremos que seguir agardando.

Os cartos.

Se no comentario do outro día sobor da futura lei de autonomía persoal... xa deixei caer as miñas dúbidas sobor do financiamento do SND que se creará con esa lei; agora, as voces mais autorizadas confirman a miña impresión.

Entre elas a de VicenÇ Navarro que fala dunha clara subestimación cun dato esclarecedor: a porcentaxe de persoas maiores que recibe atención domiciliaria en España é do 1,6% cando en europa a media é do 16%.

Como o artigo é de Diario Medico só podo enlaza-lo resumo mais, si sondes do gremio, vos recomendo o rexistro (gratuito) que sempre hai algun artigo que paga a pena ler.

E agora?

Poden pasar dúas cousas básicamente. UN) Que siga a cousa igual co que as promesas de apoio ó novo xerente se verán imcumplidad. DOUS) Que aparezan 1,2,3··· anestesistas para o HCV co que a mensaxe (···?) será a que fora mais; ¿porqué tanta presión para coller o cargo?. Habería que focaliza-lo tema dende a exclusiva óptica da política (municipal/comarcal de ahi a aparición de "Alfred" o outro día) e non da sanidade.
Pensando nos ususarios e no resto do persoal do centro a opción dous é a que mais me gusta porqué ¿pódese entender un Hospital 'civil' sen ciruxía programada?.

Segue "a festa"

Ben, para cando leades esto xa estará na prensa.

O mais importánte e triste; a suspensión da ciruxía programada no HCV vai a continuar.

A política ten entrado de cheo e xa non son capaz de discernir moi ben o que son 'motivos persoais' o qué oportunismo politico e o que é "gañancia de peixeiro"...

Onte o director provincial do SERGAS veu 'escoltado' polo alcalde de O barco (que lembranzas me trae esto) para dicirnos o que xa se sabía. Non hai anestesistas dispoñibles para o HCV, polo de agora.

Pode ser certo que o xerente tivese presentado a súa renúncia hai un mes ou unha semana porque xa tiñan o recambio na recamara mais elo non fai mais creible o 'motivo profundo' desa demisión sobor de todo tendo en conta que a fai o director médico ó mesmo tempo e ningún dos dous son dos que fuxen diante dos problemas. Ademais, nomear como xerente a unha persoa vinculada directamente do PSOE berciano pode ser entendido de moi diversos xeitos.

Oportunistas sen fronteiras (tal é o nome que 'torito' lle dá ó PPdG) non deixou escapar semellante oportunidade de facer da súa capa un saio e, dempois de 16 anos sen tomar mais ca medidas externalizadoras, falar de fallos de xestión. O fai ademais por boca de Miguel Santalices coñecedor de 1º man das carencias e dificultades do HCV mercede ós moitos 'favores' que ten pendentes alí.

Supoño que dado o tono do debate no parlamento e a cercanía das eleccions municipais a presencia de Alfredo (alcalde de O Barco) está explicada como parte dunha demostración de que "se fai o que se pode" para por solucions e non parches. Eu só desexo que isto me permita ver algo mais ó amigo que fai a cobertura dese buraco cando o "brunout" ameaza.

Territorio ou reserva (?)

Cando os brancos conquistaron -de verdade- o oeste os poboadores foron despoxados dos seus territorios (parte da súa identidade) e foron confinados en reservas (terreos do Estado dos brancos en concesión).

Nestes días o goberno do estado ven de dar un importánte paso ó promulgaren o proxecto de "Ley de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las Personas en Situación de Dependencia" (.PDF 174 Kb) que pon as bases para o cuarto pilar do estado do benestar (Educación, Sanidade, Pensions e Dependencia).

A enfermeiría ten demostrado sobradamente as suas altas prestacions e mellor ratio calidade-prezo non só no coidado continuado e con "alta carga" senon tamén na atención de apoio xa non únicamente ás persoas con dependencia senon tamén como "consultora" das persoas que precisan coidados domiciliarios por doencias crónicas ou agudas; mais este papel non ven recoñecido neste proxecto de lei segundo opinan alguns...

O certo é que vexo os mesmos erros da implantación do dereito universal á sanidade: Rede de centros moi heteroxenea, Lexislación diverxente, Insuficiencia presupuestaria co agravante de tratarse dunha competencia compartida/transferida ás comunidades (incluso ós concellos) e cunha recente 'historia negra' no que á prestación por proveedores privados se refire.

O Sistema Nacional de Dependencia (SND) nace desmembrado e con moi diversa consideración segundo a comunidade da que se fale e que provocará a pronta saida a escea dos "España se rompe" que non é que fixeran nada por amplia-los dereitos das persoas dependentes, pero que ven boa baza polítca nesto porque a desinformación é o que ten.

Vexo con agrado que Galiza vai á par (senon diante) deste desenvolvemento lexislativo coa creación do Consorcio Galego de servizos de igualdade e benestar froito do sentidiño que se ven dando entre a FEGAMP e o goberno galego (cousa que non acontecera nos derradeiros 16 anos) e por elo é importánte comprementar esta rede cun bó apoio por parte dos servizos sanitários públicos e mais os privados que poidan xurdir (Enfermeiria -maiormente domiciliaria-, Podoloxia, Fisioterapia···) e investindo e promocionando a I+D+i neste eido para acadar desenrolos técnicos e tecnolóxicos que melloren a calidade de vida das persoas dependentes e/ou a súa comunicación.

Haberá que estaren atentos a como se desenvolve esta lei por parte de cada administración no marco das súas atribucions pois o "territorio enfermeiro" está claramente sinalado neste eido e non admite mais delegación ca que asume o 'coidador principal' e tampouco precisa mais tutela ou ordes que as estricatmente terapeúticas.

Demisión esteril (?)

Xa as novas de onte eran realmente alarmantes pois un centro sanitário que suspende as intervencions cirúxicas programadas pasa a seren un centro de "estado de sitio".

Mais, durante a mañan de onte as cousas se precipitaron. @s traballador@s curtaron o tráfico no centro do Barco (diante do hospital) e fixeron un chamamento á poboación para repetires a manifestación-corte hoxe.

A pantasma do desmantelamento da área sanitaria e a conversión do Hospital comarcal Valdeorras nun centro de agudos e dependentes voltou a sair á area pública. O SERGAS dí que vai nomear un novo xerente na próxima seman e o director provincial virá hoxe (supoño que a presencia-lo curte de tráfico).

Mal andan as cousas, e moito me temo que estas demisions sexan estériles pois os problemas son de fondo (estructurais que lle chaman) e pouco teñen que ver coas persoas; outros centros mais grandes teñen identicos problemas coa mesma especialidade, claro que sin chegar ó extremo de suspenderen TODA a actividade programada mais SI que hai unha drástica reducción de actividade.

A cuestión é: ¿Quen se beneficia?.

O peor ainda está por chegar; non esquenzamos que no SACYL temos aberto un concurso de traslados no que pode (seguramente) marchar mais xente da que virá deixando mais espido o Hospital 'El Bierzo'. e, sobor de todo, non esquenzamos que na comunidade de Madrid se van a por en marcha 7 novos hospitais como o sinalado (en nº de camas claro, que no resto vai ser outra galaxia) co que se absorberá cual esponxa a tódolos residentes que rematen as especialidades clave nos próximos 2-3 anos xusto no intre no que as xubilacions escomenzan a facerse habituais nos cuadros médicos dos centros públicos.

¿U-los planifcadoes de hai 4-8 anos?. ¿Quen é o responsabel de semellante disparidade entre oferta e demanda?; o argumento de que a profesión médica non "ofrece o que ofrecía" é unha falacia, non se trata de falta de 'vocacions', trátase de falla de prazas por tacañería dos que as tiñan que ter dotado hai 8 anos...

As trincheiras das especialidades

O Real Decreto de especialidades de Enfermeiría 450/2005 de 22 de Abril (BOE 6 de maio 2005)cumpre un ano de parálise por atrincheramento. Establece que as comisions nacionais de especialidades se encargarán de:
b) Elaborar y proponer el programa de formación y su duración.
c) El establecimiento de criterios para la evaluación de unidades docentes y formativas.
e) El informe sobre programas y criterios relativos a la formación continuada de los enfermeros, especialmente los que se refieran a la acreditación y la acreditación avanzada de profesionales en áreas funcionales específicas dentro del campo de la especialidad.
h) La propuesta de creación de áreas de capacitación específica.
Moita fariña que moer... moita influencia. Por elo se está a desenvoltar unha liorta política ó redor dos seus membros; os catro sinalados no apartado b) do punto 1 do artigo 8 do citado RD correspondentes á comisión de RRHH do SNS foron nomeados no pleno do pasado día 19 (non atopo a listaxe nen a acta; apenas unha nota de prensa) desencadeando a crítica do Consello Xeral de Enfermeiría (CXE) que , apoiandose nas "principais sociedades científicas" acusa ó ministerio de:
no emplear criterio de selección alguno y ha decidido que ni siquiera va a intervenir en el proceso. Así, la frivolidad llega a tal extremo, que en los supuestos en los que concurren más de una sociedad científica a estos puestos de representación en las comisiones nacionales, el ministerio ha optado por citarles a todos en un despacho para que, entre los diferentes interesados, discutan y se pongan de acuerdo sobre cómo quieren distribuir estas plazas.
Con esta decisión el ministerio está equiparando a las sociedades científicas con prestigio y peso específico dentro del campo de cada especialidad con asociaciones de enfermería que nadie conocía hasta el momento y que no tienen publicaciones, ni socios, ni páginas web y muchas de las cuales no tienen ni tan siquiera actividad acreditada ni han celebrado un solo congreso.
claro que o CXE tampouco vai a dar a coñece-los criterios de publicacions, socios, divulgación ou actividade que vai a empregar para nomear os vocais que lle corresponden en virtude do apartado d) do citado artigo 8.1. Para o colexio o maís importánte é que:
No queremos que determinadas personalidades que son verdadera referencia científica y profesional en la especialización que representen se queden fuera de las comisiones.
Polo que vai a retrasar o nomeamento dos vocais que lle corresponden.
Entón eu pregunto: ¿O problema son os criterios ou as persoas?.

Mais non é esta a única fronte que retrasa a posta en marcha das especialidades enfermeiras; na mesma xuntanza da comisión de RRHH do SNS tíñanse que ter nomeado os compoñentes da comisión mixta que prevee a disposición transitoria segunda do RD 450/2005 e que xa se anunciaran para Marzo. Na mentres a web do ministerio de educación segue a mostar o cadro de especilaidades do vello RD 992/1987. A citada comisión mixta interministerial (coñecida como 'sandwich') vai ser a encargada de emiti-la orde onde se concreten os aspectos das vias transitorias de acceso, analiza-las solicitudes que presentemos para o acceso á especialidade pola vía extraordinaria e de propo-la admisión ou exclusión á proba obxectiva de acceso.

Esto semella unha guerra de desgaste na que cada quen emprega as súas armas e ten os seus obxectivos; eu agora me explico a campaña de recollida de solicitudes de acceso pola vía transitoria 2ª que está a facer o Colexio.

Aló vimos...

Publicou hoxe o BOCyL a convocatoria do concurso de traslados "normal" do SACyL e, polo tanto escomenza o camiño cara ó Bierzo da mais completa metade que coñezo...
Ten boa gracia que o 'tema Verín' veña xa resolto na convocatoria pois: "serán admitidos como servizos prestados como persoal temporal os servizos previos rexoñecidos a efectos da antigüidade". Queda, pois fora de toda dúbida o tema.

Mais, coma sempre que se quere resolver un problema xurden temas novos. O novidoso xeito de recoñecer os servizos previos ten a 'pega' de que os centros e servizos de saude das outras comunidades non teñen porqué facer certificacions de servizos prestados fora do ámbito da súa competéncia; a iso hai que engadir que se esixen os certificados nun modelo (ANEXO III) que se publica coa própia convocatoria ( ¿U-la a coordinación do Consejo Interterritorial?) o que vai 'traer cola'.

Tamén vexo algo problemático que a instáncia de solicitude se faga cun progarma que debes descargar no PC, introducirllelos datos para que logo o programa faga unha impresión 'directa' (non permite modificar nengún parámetro da impresión) do documento de solicitude insirindo nel un código de puntos cos datos (ó estilo das declacions de IRPF). Esto fará que gañe rapidez o proceso mais tamén fará que moita xente recúe só por terense que enfrontar a unha descarga, instalación e manexo da citada aplicación cando non polo simples feito de que a súa impresora non é boa dabondo para que o citado código de puntos sexa válido para un lector de datos.

Ó cabo, que xa estamos nelo.

Os deberes por facer.

Vou aproveitar que se achegan as eleccions para xunta de persoal para facer capítulo das reivindicacions que, no meu xeito de ver, deben levar os representántes LABORAIS dos traballadores da sanidade pública ás diferentes mesas de negociación.

OPOSICIONS E TRASLADOS
  • Remate da santaopextraordinaria sen menoscabo do cumprimento rigoroso da legalidade nel establecida (a 'rolda interminable')
  • Convocatoria regular de traslados e oposicions segundo a normativa vixente.

REFORMAS DOS ESTATUTOS
  • Eliminación da obrigatoriedade da "xornada complementária".
  • Articulación dos dereitos de protección (por violencia de xénero, mobbing etc.) e de conciliación da vida familiar e laboral mediante o traslado (definitivo e/ou temporal) como procedemento administrativo (sempre que existan vacantes no destino solicitado) e non como potestade.
  • Posta en marcha dunha carreira profesional real que motive ós profesionais e incentive o traballo de i en calidade, investigación e docencia

MELLORA SOCIOLABORAL
  • Posta en marcha de guarderías cos horarios necesários e tarifas ventaxosas nos centros nos que se detecte unha demanda deste servixo
  • Implantación dunha tarxeta de transporte nos centros nos que sea preciso cunha notable diferencia coa tarifa normal ou gratuito
  • Traballar a tódolos niveis (concellos, consellerías, ministérios, xuntas veciñais) para conquerir faclidades para os medios de locomoción non contaminantes (carris bici, aparcadoiros etc.)
  • Posta en marcha de economatos para os traballadores das áreas sanitárias


Logo reclamaría un autoexame serio do que se fai realmente coas horas sindicais e desa xa comentada laboura de oposición política que, ó final non se sabe si vai ou ven e senon xa veredes como actúan no caso do CentroSS de Villablino.

Carreira

Non, non me trabuquei de blog...

Na derradeira entrada; cando argumentaba as interferencias entre os actores do "mundillo" sanitario pasei por riba da carta do presidente do "Consejo de colegios profesionales de diplonados en enfermería de Castilla y León" (enfermeriacyl) que entraba na negociación aberta cunha serie de esixencias:

  • Que a carreira non sexa reversible

  • Que a retribución da enfermeira sexa o 80% ca do médico cifrandoa en 2500€/ano para o 1º grao

  • Que se pague con caracter retroactivo a 1º de Xaneiro de 2006.


Mais agora quero eu por os meus argumentos enrriba da mesa.

Dende que se publicou a primeira referéncia lexislativa á carreira profesional no B.O.E dentro da lei 16/2003 (.pdf) de cohesión e calidade do SNS e, na súa articulación legal, tanto na lei 44/2003 (.pdf) de ordenación de profesions sanitarias como na 55/2003 (.pdf) do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saude a característica mais repetida nos textos legais respecto a este sistema de recoñecemento é:INDIVIDUALIZAD@.

¿Que veño a dicir con isto?; sinxelo: Dúas persoas con 20 anos de traballo NON teñen porqué ter o mesmo grao de recoñecemento. Ou non. Porque as variantes implicadas poden ser moitas e os meus 'tiros' van por outra parte.

Si no "Informe del Grupo de Trabajo del Consejo Asesor de Sanidad: "Carrera Profesional de las Profesiones Sanitarias" de 2002 (copia google) se dí:
La finalidad inmediata de cualquier modelo de Carrera Profesional es la motivación e incentivación de los profesionales sanitarios
¿Que motivación pode ofrecer unha vez acadado certo grao si este non se pode perder?. Para facer unha nova escala de antiguidade ("quinquenios") podémonos aforra-las comisions de negociación, as de avaliación e de recoñecimento e... Coido que está clara a miña posición. A carreira profesional DEBE ser reversible nos seus graos mais altos. Pois Experiencia non é igual a tempo traballado.

Outro tema moi diferénte é a seriedade, obxectividade e rigorosidade dos criterios, indicadores, estándares e métodos de avaliación da actividade profesional individual, das publicacions, investigacions e docencia.

Como xa referín cando coñecin o "borrador inicial de carreira profesional da GRS" outro tema a ter en conta vai se-lo traballo extra que estas avaliacions van supor; tanto si se empregan comisions (como dí o documento) como si se reurre á "revisión por pares" (coma en Canarias) a cantidade de informes i "elementos de apoio" vai supor unha auténtica marea de papeis sobor de todo nun primeiro momento cando a nosa 'madurita' plantilla (idade media 38) solicite consecutivamente os 3 niveis (5 anos de servizos prestados por nivel) que lle poden corresponder.

Cecais por iso moitos servizos de saude nos que xa está implantada a carreira profesional caeron no erro de non facela reversible e de incluir escasos criterios de avaliación... Pan para hoxe GASTO para mañan.

A miña proposta é que os dous primeiros graos dispoñan dun sistema de avaliación mais sinxelo: autocumplimentable, contrastado entre traballador e superiores e recurrible via "pares", pero mais completo e rigoroso e que NON sexan reversibles.

Os seguintes dous graos deben ser reversibles e ter un sistema de avaliación tanto de acceso como de permanéncia mais detallado (comisions mixtas entre administracion, colexio e sociedades científicas, docentes e profesionais; informes externos e revision "por pares" segundo o aspecto a avaliar) e con vías de recurso por parte dos interesados (Tamén un 'sistema de arbitraxe')

A creación dun quinto grao reversible e con "numeros clausus" pode ser unha ferramenta de xestión a ter en conta.

Cada pao a sua vela

En tódalas facetas da vida i en tódalas actividades humanas non cabe dúbida que sempre temos en mente un ideal que tentar conquerir, mais tampouco é de dubidar que ese ideal soe trocar segundo as circunstáncias.

Dende que escomencei a miña andaina profesional veño criticando certas 'interferencias' entre os distintos axentes que interactuan no eido sanitario. Agora ese 'Guirigai' plásmase institucionalmente no Consello Galego de Saude un órgano presentado onte pola conselleira de sanidade co galo de animar á cidadanía "a participar nas decisións en materia de sanidade". Mala participación si neste consello consultivo só 6 representantes dos seus 48 membros proveñen das asociacions de consumidores mentres que 22 son de 'designación política' (administración autonómica, FEGAMP e diputacions) co que resultará doado acala-la opinión dos usuarios.

E que se pode pedir nun eido no que os sindicatos fan mais labor de oposición política que reivindicación laboral impulsados, iso non se pode negar, polos resultados: Cada vez que unha 'nota de prensa' sindical fala de problemas na atención sanitaria a cadea acción-reacción leva a administración a sentarse nunha mesa a negociar. Mentras que si se reivindican Garderías para o persoal (maioritariamente femenino), transporte subvencionado/gratuito ó centro de traballo (maioritariamente nas aforas e con horarios pouco compatibles),Roteiros e aparcadoiros seguros para bicicletas e outros medios de transporte non contaminantes, Economatos (Coa cantidade de persoal que teñen a maioría dos centros a lóxica oferta-demanda xogaría a prol dos compradores)... si se reivindicara iso... ren.
Xa a imprescindible formación continuada estivo abandoada ó voluntarismo dentro de cada institución e logo foi entregada a unha fundación (Por certo, ¿integrarase a FEGAS no SERGAS?) que tardou ainda un pouco en ofertar uns programas descentralizados e non focalizados só na xestión (cecais lles falta agora internarse na senda do 'desenrolo modular' e os convenios coas universidades).

Que se pode pedir cando os colexios profesionais semellan sindicatos cando non empresas de "venta de puntos" ou esperpentos do século XIX organizando ceas e desfiles de moda... E digo esto tra-lo recente comunicado do Presidente do 'Consejo de Colegios (...) de Castilla y León' no que textualmente dí "Son los sindicatos los que tinen que negociar los temas laborales, cuestión que respetamos profundamente..." para a continuación detallar a posición do colexio na negociación da carreira profesional co SACYL incluindo porcentaxes, retribucions por nivel i... a esixencia de que a carreira NON sexa reversible. Eu coido que iso é entrar nunha negociación como un elefante nunha cachareria.

Logo temos ás asociacions de profesionais científicas ou administrativo-políticas (léase FADSP) que teñen o difícil papel distinguir os problemas na práctica profesional e os problemas que a organización e a limitación dos recursos pode xerar. Asociacions que, como os sindicatos, soen dicir que falan 'en nome dos usuarios'... e volto ó punto inicial.

¿Quen debe falar no nome dos usuarios? é a cuestión fundamental.
¿Qué quere conquerir a sociedade do seu sistema sanitario e canto pensa investir nel?.

Son galego, non esperariades que rematase facendo unha afirmación.

Compromiso vergoñento...

Xa fai 2 anos escribira eu sobor deste tema xusto denantes dos trenes da morte... naquela campaña electoral o tema pouco saira nos medios de in-comunicación social mais aló das nosas montañas...

Mais desta volta, nunha hábil manobra bastante ben artellada coido que dende dentro (incluso arríscome a dicir que dende o concello), a situación do Centro Socio-sanitario "valle de Laciana" foi posta en evidencia.

Como moitos outros investimentos do (ó meu entender) inxusto "plano do carbón" os cartos públicos (sen importar a súa orixe) foron empregados coa finalidade de facer propaganda política mais sen cumplir co seu verdadeiro obxectivo: Prestanen sevizos os cidadans.

Mágoa que ainda non están colgados os videos na páxina de "Proteste Ya¡" mais xa volos porei... Gonzo estivo xenial e, de paso, lle fixo publicidade a Leitariegos.

Das verbas do 'consejero' de sanidade eu deducín que se van decantar polo "modelo Alzira" de concesión administrativa (porque dixo 'licitación')... i é que non se escarmenta en cabeza allea... Falta de respeto á legalidade, Axendas de quita e pon, Maior endebedamento, Maior retraso no pago ós proveedores, maior endebedamento cos centros concertados. Mais non pensedes que só o SACyL vai tomar esta opción; xa sabiamos que as 8 "bromas de Espe" non tiñan outra via; mais alí o P$o€ recurriu... ¿farao eiquí tamén?.

Edición 9 de Marzo



CQC xa colgou a correspondente páxina co artigo e os vídeos (.WMF).

O cadro financieiro e a xestión enfermeira

Coa traida e levada reforma do estatuto de autonomía de cataluña virá, como xa se da por descontado (como na bolsa), unha nova reforma do sistema de financiamento. Os feitos son que guste ou non temos un estado federal no sanitario con un peso cada vez menor (no financieiro) do goberno central mais ainda con evidentes incoherencias... se hai 5 anos o xogo de "eu invito, paga Madrid" era a moda nas autonomías coa sanidade transferida hoxe está trocado i pode que sexa "Moncloa invita que pagan outros..." o cal é tan inmoral como o primeiro.

Sobor de todo esto veño de ler un post interesante no blog de José Repullo (Salud Pública en acción) sobor desta nova situación na que, por primeira vez, os gobernos autonómicos poden sentir o peso da responsabilidade. Certamente, como dí un dos comentários, semella unha fuxida cara adiante repartindo o "marrón" do infrafianaciamento en 17 mais pequenos; mais a esas escalas se verán mellor os resultados das medidas que se toman tanto no eido recadatorio coma no control das diversas compoñentes do gasto (sempre que se teña capacidade real sobor delo)... serán precisas outras reformas mais fondas para darlle algo de equilibrio a esto i esas reformas só poden sair EN CONXUNTO do consello interterritorial.

Na mentres cada quen se organiza como pode tanto na sanidade como na atención sociosanitaria (unha faceta do gasto ainda por ESTOURAR) e seguen a aparecer diversos modelos de xestión de centros, de implicación clínica na xestión etc. mais ¿quen avalia estas 'probas'?... os feitos: Hai experimentos que teñen data de caducidade mais ainda non se escoitou a ninguén explicar que é o que fallou.

E falando de implicación na xestión: Coido que por este eido os nosos "superiores representantes" (colexios e sindicatos profesionais) están a deixar un valeiro tremendo e están a desbotar unha oportunidade de IMPLICACIÓN REAL da enfermeiría nos resultados da atención sanitaria e sociosanitária; xa o feito de que a xestión e administración dos servizos de enfermeiría non conte cunha especialidade própia vai ser un obstáculo para a tan cacarexada 'profesionalización da xestión' (se cadra lle crean unha Área de Capacitación Específica mais ¿dentro de cal especialidade?); mais alarmante dende o meu punto de vista é que tódolos experimentos de implicación dos profesionais na xestión teñan a enfermeiría nun segundo termo ou simplemente coma un servizo auxiliar... Hai que toma-la iniciativa neste aspecto pondo en valor as capacidades de xestión da enfermeiría con respecto á loxistica dos recursos materiais, o seu axeitado manexo i emprego e ó aproveitamento de oportunidades de mellora. As capacidades de xestión no deseño e desenrolo dos circuitos que acheguen a atención sanitária a seren un feito único e non o paso por unha serie de "caixas negras" que semellan non se relacionar...

Ainda non, mais xa se achega...

Dende que se publicou o Decreto de especialidades quedou aberta a posibilidade de accederen á via escepcional que regula a disposición transitoria segunda; Eu mesmo me preparei para elo: Solicitei o certificado de servizos prestados e preparei un escrito conforme ó modelo; mais non a envei...Porque ainda está pendente a orde conxunta dos ministerios de sanidade i educación para desenrola-lo proceso escepcional e como indican na Web:"constituirá unha orientación fundamental para os interesados en solicitalos e conterá como anexo o "Modelo de solicitude"., como queira que os requisitos para obtares a unha especialidade se deberán completar con anterioridade á publicación no B.O.E. da primeira convocatoria E.I.R. desa especialidade e o prazo para dita solicitude remata ós seis meses da dita publicación, pois non semella haber prisa... A Comisión de estudio para redactares a dita orde (que porá os puntos sobor das ies) ainda se vai constiuir en Marzo.

Sería convinte que o recente buzoneo do colexio (polo menos o de Ponferrada) fose algo mais informativo e non tan "mete presas"; moit@s compañeir@s ainda non se aclaran ben co tema e moit@s ignoran que tódalas tarefas que se desenrolan en Atención Especializada (agás Pediatria, Matrona e Saude Mental claramente minoritarias) quedaron no "caixon de sastre" da Especialidade Medico-Quirúrxica, en troques, o superespecializado e complexo (técnica e tecnolóxicamente) traballo de atención primaria vai ter unha especialidade en exclusiva (i excluinte; senon, ó tempo). Mesmo a pouco promocionada web de especialidades enfermeiras non aclara moito estas cuestions.

2006 Pendentes

Facede de conta que a enfermería escribe unha "carta de reis":

Desexos para o 2006:
Que remate o vacile da santaopeextraordinaria e que se cumpla a lei de 1999 sobor de selección de persoal do SNS (traslados e OPE cada 2 anos).

Que se poñan en marcha as especialidades enfermeiras aprobadas no 2005; a súa estructura formativa (para o acceso EIR), as probas de acceso e o procedemento escepcional... e a creación de prazas para que eses especialistas exerzan no SNS sen menoscabar á enfermeiria base.

Que se remate o proceso de adaptación das titulacions (proceso Bolonia) cunha titulación digna para a enfermería sen que elo signifique vantaxes inxustas para as persoas que posuen "títulos phantasma".

Que a colexiación deixe de seren obrigatoria e os colexios se deixen de politica e "vida social" (bailes de salon, festiñas, agasallos...) e se adiquen á difusión de oportunidades (emprego, novas tecnoloxías, formación continuada...), desenrolo profesional (fomentando os traballos de investigación, I+D+i, publicacions rigorosas cientificamente, orientación respecto da actividade profesional individual ou privada)...

Que os sindicatos profesionais deixen de face-lo paripé con outras formacions e coa administración e se adiquen a traballar para a enfermería.

Que as xuntas de persoal dos hospitais públicos deixen as reivindicacions políticas e sociais en mans de quen lle corresponde (partidos, asociacions de ususarios, colectivos profesinais) i ESIXAN melloras socioeconómicas para os traballadores (transporte público GRATUITO, gardería, economato, instalacions axeitadas...).


Supoño que tratandose dunha bisbarra mineira as posibilidades de conquerir carbón son maiores que en outras zonas...