Google+

Lóxica agora

Tras meses de "situación límite" que teñen provocado xestos 'politicamente incorrectos' de demisión o certo é que a lóxica se fai ver (algo) e a administración sanitária se escomenza a comportar como a empresa que dí ser.

Nesta nova lemos como se implementa a medida "salvavidas" de traer especialistas de Argentina e México; non é unha novidade en sí mesma (e mais no HCV) mais si semella que algunha cousa ten trocado no xeito de facelo. A mesma nova relata algo mais interesante; que o SERGAS vai a implantar unha verdadeira carreira profesional ainda que só en certas especialidades. A afirmación de que
"El Servicio Galego de Saúde (Sergas) aplicará medidas de “discriminación positiva" a favor de los hospitales comarcales para solucionar la falta de especialistas" e "El Sergas estableció que los hospitales provinciales no podrán contratar profesionales de las citadas especialidades si hay plazas vacantes en los comarcales. Además, los especialistas de estas áreas deberán pasar por uno de estos últimos centros hospitalarios para acceder a una plaza fija de la administración sanitaria"
É o mais semellante a unha carreira profesional que teño ouvido. Agora a ver como o implementan 'blanco sobre negro' no DOGA e, sobor de todo, a ver como pasan este 'trágala' os xefes de servizo dos centros galegos que forman MIR's e os Sindicatos (en especial os de clase); é de desexar que se estableza un "diálogo de argumentos" para dar cunha solución a este problema.

Falando de solución; das medidas presentadas pola consellería outra delas
los contratos que se les ofrecen ahora serán casi fijos
ven a da-la razón a os que reclamaban un trato laboral acorde co que acontecía a nivel oferta-demanda. Das outras solucions posibles: Complementos económicos, Equipas móbiles (usando a cláusula de movilidade do estatuto marco), Beneficios socio-laborais (mais libranzas para vacacions e/ou formación)... non se dí ren, pero seguro que están na lista de "planos 'B'".

Central de compras

Outra das medidas de 'lóxica de mercado' coa que ten xogado escasamente administración sanitária é a de implementar centrais de compras; trátase, sen dúbida, de unha das modas no SNS e como toda moda ten o risco de fracasaren por execeso.
O certo é que realiza-lo volume de compra de tódolo servizo de saude por un único centro pode ter importántes vantaxes a nivel de prezos e de servizo dos proveedores mais hai que ter en conta moitas cousas: Alguns dos Items cos que tratamos teñen que estar adaptados á aparataxe dos centros non á dos proveedores (esas bombas "prestadas" para que se lle merquen as equipas a prezos +/- escandalosos) o que pode levar a ter que mercar e trocar moita pequena aparataxe; Outros tipos de productos, en especial os medicamentos plantexan o gravísimo problema da "liberdade de prescripción" que si ben en alguns centros se vai solventando co recurso ó emprego da prescripción de principios activos non deixa de estar exento de polémica. Agora entrarán en xogo os farmaceuticos que reclamarán tamén esa liberdade para eles. Mais, a administración debe de coidarse de non cargarse cos custos de almacenaxe e distribución dos stoks que vaia mercando, de outro xeito a rebaixa conquerida no prezo se verá diluida nestes novos gastos. Gústame a idea de facer esto paulatinamente; non está na información pública o cronograma do proxecto mais supoño que a fase de estudo dos catálogos, stoks etc. terá que estar caseque rematada e que a decisión política no canto dos mecanismos de implementación das compras tamén estará tomada.
É de supor que eses mecanismos contarán coa axuda dunha axencia de evaluación das tecnoloxías sanitárias (tamén a estatal AETS) e que se apoiará nos informes da AEMPS.

Para rematar non quero deixar pasar unha nova que ten dous feitos relevantes; por unha banda por primeira vez vexo á OCENF "tirarlle das orellas" a un cargo dun goberno do PP, por outra, a 'vitima' deste tiron de orellas pode por un kisko. Hai que ser hipócritas para falar de contratar enfermeir@s no extranxeiro mentres @s que estamos a formar deben marchar non xa para ter un traballo fixo, senon simplemente para traballar.

1 comentario:

  1. Santiago, 21 de xuño de 2006.- A conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal dixo hoxe que o sistema de compras integradas do Servizo Galego de Saúde para os próximos catro anos, Integra.com, responde á necesidade de acadar a máxima eficiencia na utilización dos recursos públicos dispoñibles. Segundo salientou no Pleno do Parlamento de Galicia a titular da sanidade pública, “na perspectiva económica este proxecto suporá unha redución de prezos do oito por cento. Por tanto, poderemos contratar máis cos mesmos recursos e teremos maior eficiencia”. Tamén a transparencia rexerá este procedemento, pois “máis do 54 por cento do gasto farase con publicidade, fronte ao 29 por cento que tiñamos no 2005”, dixo Rubio Vidal.

    Este novo sistema supón para a conselleira de Sanidade, “un cambio na cultura da nosa organización, xa que incorpora a compra colaborativa e a xestión descentralizada, aplicando as novas tecnoloxías”.

    Todos os centros do Servizo Galego de Saúde desenvolverán plans de compra dun xeito coordinado, por suposto, a través da colaboración e participación dos propios profesionais. Deste xeito, “evitarase a multiplicación de concursos na compra dun produto e se aproveitarán mellor os recursos humanos” asegurou Rubio Vidal, quen engadiu que, por primeira vez, “integramos áreas que nunca tiveron accións de integracións como son farmacia, produtos non sanitarios ou servizos”.

    María José Rubio Vidal asegurou que “dispoñemos do primeiro Plan de Compras integradas que supón 120 millóns de euros e afecta a 27 familias de bens e servizos”. O obxectivo para este 2006 “é incorporar ao sistema un 15 por cento máis” nas compras centralizadas, acadando o 21 por cento do total das compras, “e conseguir o 35 por cento no ano 2007, o 44 por cento no ano 2008 e o 50 por cento no ano 2009”.

    Estes obxectivos marcan un importante ritmo de crecemento anual que contrasta, segundo Rubio Vidal, coa situación de partida que había na Consellería de Sanidade “que reflectía pouca planificación xa que o 68 por cento eran compras menores e só un 6,7 por cento das compras se facían centralizadamente”.

    Nesta liña, a titular de Sanidade asegurou que antes de poñer en marcha Integra.com, unha das primeiras actuacións foi “sanear as contas e reducir a débeda cos provedores dun 75 por cento”. Despois, co apoio de todo o goberno dispúxose “dun orzamento realista con máis de 3.000 millóns de euros” para paliar “a situación económica-financeira que atopamos, cun alto endebedamento e cun orzamento por debaixo do gasto real”.

    ResponderEliminar

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input