Non vos nego que cando lein os carteis que anunciaban o acortdo de carreira profesional no SACYL me semellou un bó acordo para os traballadores (que non para a administración) cunha cantidade de cartos por nivel aceptable e cun proceso extraordinario que daba opción a entrar ata o 3º grao; carreira irreversible e para todos. Sorprendínme a min mesmo facendo "contas da leiteira" co que eses cartos significarían sen agardar a lelo "negro sobre blanco" i en BOCYL.
Agora que tiven ocasión de ler o documento completo asinado polas centrais sindicais podo asegurar que a administración xogou ben as súas cartas; cos 'lobos' da reversibilidade e de só recoñecerlle a carreira ó persoal sanitario conqueriu unha carreira "blindada" na que os representantes sociais só atenderon a poder "vender fume" e non á realidade obxectiva de cantas persoas poden acceder REALMENTE ós niveis 2, 3 e 4 da carreira...
A falla da publicación no Boletín Oficial vexo que os grandes beneficiados son os titulados sanitarios de FP e o persoal da xestión e administración que conquire "montarse no carro" ainda que cos mesmos condicionantes arriba sinalados.
Explícome: Nas áreas de valoración para o acceso ós diferentes graos (Asistencia, Docencia, Gestión clínica e Investigación) valoranse cousas dificilmente demostrables e/ou conqueribles sen o apoio EXPLICITO da dirección-mandos intermedios do centro de traballo. No apartado Asistencia; téñense en conta as relacions interprofesionais e o traballo en equipa. Soar soa ben, mais ¿Como se valora iso obxectivamente?. Mais grave é o tema da "Gestión Clinica" que valora o exercicio de cargos de responsabilidade (supervisión, dirección) e o formar parte de comités ou proxectos; todos sabemos que os cargos de responsabilidade o son 'de confianza'... e o de formaren parte das comisions...pois que vai a "haber ondonadas de ostias" para formaren parte das comisións que se designen por elección dos traballadores. No canto do apartado de investigación gostaríame sinalar que se valoran as publicacions insinuando certa gradación entre as feitas en revistas indexadas ou non (ata eiquí todo normal) e polo "factor de impacto" elemento sobre o que existe bastante polémica pois xa sabemos como 'as gastan' as editoriais á hora de aceptaren artigos que citen publicacions de outros grupos editoriais e a endogamia que se está a producir. Por outra banda; a valoración de comunicacions a congresos ven insinuada moi lenemente e moito me temo que valgan mais certos congresos autonómicos de escaso mérito científico no canto que outros.
No que respecta ó como é ó prometido procedemento extraordinario (¿que terá este inicio de século que todo son "procesos extraordinarios"? :a OPE, as especialidades, A carreira profesional...) En Primeiro lugar vexo certa confusión entre a "norma que regule a carreria profesional", " o seu desenrolo regulamentario" i o acordo tal e como o lein. Semella que ata o 2008 a carreira profesional ordinaria vai a estar 'conxelada' e que o acceso ós graos 1, 2 e 3 se fará gradualmente... Para ese acceso existe certa confusión; mentres os carteis "TRIUNFALISTAS" de certos sindicatos daban a entender que ese acceso era para todos sen distinción do tipo de vinculo o acordo que lein deixa claro que a carreira profesional é só para persoal fixo e que os periódos computabeis para a mesma son dende o momento de toma de posesión da praza en propiedade; mais ¿entón porqué SI se vai a aplicar ós afectados pola OPEx? e ¿porqué para o cómputo de méritos nas áreas a avaliar SI contan os acadados tendo nomeamento temporal (contratado ou vacante)?. A enorme diferencia de anos de vinculo en propiedade entre o esixido para o nivel 1 (>7 anos) e o nivel 2 (>15 anos) deixa fora de toda dúbida que a 'xogada' da administración non era tanto a reversibilidade como a limitación do acceso ós graos pois xustamente a partires dese 2º grao é cando se requiren méritos de "Gestión Clinica" que, como xa indiquei, non semellan acadables sen COLABORACIÓN.
Como todo esto é bastánte longo i está escrito "en arameo" pois supoño que non terei comentários mais... eiquí queda o que eu opino.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input