Hoxe pasei a mañan rebobinando; facendo o que tiña que facer mais co cinema do tempo pola mente. Vin aquela sala de diálise do HXG e as 4 máquinas que "levei" aquela mañan, o ceo claro alí fora; aquela tarde fun correr con 30º e xersey. Ouvin novamente os queixidos de aquela primeira persoa accidentada nunha 1º mañan de xullo na estrea da tempura dos nervios, aquel día cheguei moi tarde á casa. Sentin o sono insoportable das 6 da mañan dunha noite tranquila nunha sala antiergonómica a proba de cansanzos extremos. Cheirei as mil desagradables fragancias da morte meta e porto dos nosos camiños-travesías que manifesta unha preferencia por impacta-la nosa pituitaria cos aromas dos velenos, do sangue e de sudores diversos.
Nestes tempos extraordinarios que semellan cheos de retos profesionais eu non sinto mais ambición que a de voltar á estrada cada tarde e que o de "ali dentro" quede para as "mentes pensantes". As ansias de aprender, as annsias de indagar, as ansias de mellorar veñen fenecendo nos "rompe-ansias" dun sistema que tende a se perpetuar baseandose no " bó rollo" e as "actividades sociais".
15 anos ollando dramas humanos, 15 anos feríndome un pouco coas feridas de outros, 15 anos facendo risa no medio das bágoas, 15 anos arranxando cousas con esparadrapo.
15 anos de Enfermeir@.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input