Trátase, claro, só do primeiro grao. Até Xullo do 2007 non se abrirá o proceso para o recoñecento do segundo grao. Sego opinando que este xeito de carreira non motiva a mellorar na práctica diaria nen fomenta o traballo de inovacion e investigación básica. Nas conversas que teño sobre o tema moit@s compañeir@s coinciden en que se trata dun xeito encuberto de aumento de sueldo (eso si, restrinxido) para mante-la capacidade adqquisitiva. Pode, mais coido que se está a estragar unha ferramenta moi útil para dotar ó sistema administrativo de mecanismos de motivación e recoñecemento das actividades que mais precisa tal e como pasou coa productividade ainda que esta xa escomenzou cun erro na súa denomianción...
No canto da santaopextraordinaria segue o cachondeo; a derradeira é a eliminación das listaxes provisionais e os conseguintes periodos de reclamación nas roldas "a resultas" co agravante de manifestar na derradeira xuntanza da "comisión para a resolución" que
"Se estudiarán todas las reclamaciones y se resolverán de acuerdo a los criterios que marca la Ley"Como si até o de agora non se fixera así...Lembrarvos que na categoría de ATS/DUE hai 3000 reclamacions... polo que podemos ir encargando o turrón.
Pola súa banda o SACYL semella estar a xogar ós malabares coa enfermería pois mentres que en outras categorías o concurso está xa resolto e o persoal incorporado en ATS/DUE non se publicaron nen as listaxes provisionais; preguntados ó respecto din:
"Actualmente se está en proceso de comprobación de las solicitudes recibidas(??). Una vez finalizado el mismo se publicarán los listados provisionales. No hay fecha determinada"Eu, ainda que non entendo que teñen que comprobar solicitudes feitas cunha aplicación que colocaba os códigos das prazas solicitadas e xeraba uns puntos de lectura para automatiza-lo proceso, coido que 4 meses son mais ca dabondo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input