¿Cantas veces tendes que atender a doentes ós que cáseque non se lle aprecian as veas?, ¿cantas vias "importantes" (via central etc.) se puncionan mal por esa dificultade de visión?. Luminetx, empresa de Memphis (Tennessee,EEUU) ven de lanzar ó mercado o VeinViewer un aparello que proxecta sobor da zona da pel elexida un 'mapa' en tempo real dos vasos sanguineos desa zoa da pel.
O principio de funcionamento fora presentado xa en 2004 e velaqui unha traducción caseira do artigo:
NOTA DA PRESENTACIÓN DO PROTOTIPO DO VEINVIEWER
“Para pinchar unha vea correctamente debese facer no lugar axeitado” di o inventor do dispositivo, Herbert Zeman, un enxeñeiro biomédico da universidade de Tennesse en Memphis. “Se non puncionamos no centro a vea só se estira”. Zeman fará unha demostración do dispositivo na conferéncia óptica de Rochester, Nova Iorque. O prototipo leva unha cámara que capta a radiación cercana ó infravermello para capturar un vídeo en tempo real das veas do doente, un ordenador persoal realiza o contraste da imaxe e un proxector de escritorio proxecta o resultado para mostralo sobor da pel en tempo real.
Unha serie de LEDS de cercano ó infravermello que rodean a lente da cámara iluminan a pel nunha lonxitude de 740 nanómetros. Esta lonxitude de onda e absorbida polo sangue, mais é dispersada polo tecido circundante. Como resultado as veas e o sangue semellan escuras.
A imaxe da cámara envíase a un PC cun software que as procesa e traza un mapa da imaxe nun fondo verde brilante aumentando o contraste entre as veas e o tecido circundante. O PC envia esta imaxe a un proxector que o emite sobre a pel do suxeito.
O dificil foi asegurar que a imaxe das veas é proxectada exactamente no lugar que lle corresponde. Pois de facelo incorrectamente o sistema é peor que inútil. A clave é o dispositivo chamado “espello quente” que é transparente á luz visibel, mais reflexa as lonxitudes de onda infravermellas
O proxector de vídeo e a cámara colocanse a 90º o un do outro afrontando o espello que se coloca nun ángulo de 45º de ámbolos dous. Dempois de calibración asegúrase que o marxe de erro é de 0,06 mm.
A empresa dí que ten utilidade clínica para centros de doación, laboratorios clinicos, Unidades de ciruxía estética e vascular, centros de dialise, unidades de coidados críticos e servizos de oncoloxía, neonatoloxía e pediatria. Ainda que haberá que espera-la opinion dos organismos de avaliación das tecnoloxías sanitarias e a autorización da UE antes de termos que nos plantexar paga-los 25000$ (19750€) que piden por cada aparello.
Tras 4 anos o trebello en cuestión anda xa nos 4000€ e ten chegado na súa promoción ás lonxanas terras do bierzo...
ResponderEliminar