A conto do inicio do curso...
Supoño que se trata dun anúncio vello, mais a mín chamoume a atención. Promociona unha marca de coche falando da teoría das necesidades de Maslow; si, aquel tremendo rollo que conseguía valeira-la clase nos tempos da escola de enfermería. I é que sendo novos sempre se ten moita inquietude polo que se coida vai resultar práctico e útil, quedando a teoría que o sustenta ou as explicacions dos fundamentos do que realmente acontece ó teu redor como algo secundario.
A clara orientación práctica do traballo da enfermeiría sempre me levou polo camiño das técnicas, dos aparellos e da 'acción'; deixando a interacción co doente e acompañantes como algo secundario, incluso molesto.
Grave erro, o de quen coida que a atención ás necesidades da saude física pode separarse da necesaría atención a outros aspectos e necesidades de quen padece. A iteracción entre a dor física, por exemplo, e a preocupación ou o medo é de tal calibre que en ocasión pode resultar mais doado "sofronizar" a algúen de que non padece un mal a, realmente, curalo do mal no sentido médico do termo curar.
O longo dos anos unh@ enfermeir@ se decata de que moitos doentes están dispostos polo seu estado de ansiedade, de medo, de descoñecemento... a deixar que nos ocupemos até do mais mínimo detalle das súas necesidades; o maís clásico e o tema da protección pero seguro que moitos outros veñen ás vosas mentes en canto caviledes nelo. Cando un pasa a traballar nun área tan técnica como a cirúrxica sempre ten a sensación destas fora destas movidas. Que lonxe da realidade se pode vivir. Unha persoa que vai ser intervida cirúrxicamente (sobor de todo si 'el enemigo' está por medio) se atopa nun dos estados de desprotección mais fondos que se coñecen; non hai mais que mirarlles ós ollos.
Empatizar con estas persoas pode describirse con moitos obxectivos, moitos procedementos, moitas verbas... a min só se me ocurre: Necesário.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input