Non vexo con malos ollos a anunciada iniciativa da consellería de sanidade de crear clúster de saúde que:
estará formado polo conxunto de organismos, empresas e institucións que inflúen na saúde dos cidadáns, organismos oficiais, hospitais, centros de saúde, farmacias, centros académicos, empresas de equipamento sanitario, laboratorios farmacéuticos, sociedades científicas, asociacións de pacientes, etcéteraNon tiña eu dúbida de que polo medio andaría o "eterno conselleiro 'in pectore'" (será por onde se sitúa o corazón?) Alfonso Castro Beiras desta volta ó traveso -como non- dunha fundación: A fundación Bamberg formada polos "sectores da industria":
* Empresas de electromedicina y tecnologías sanitariasComo son un ignorante mais algo precavido non vou caer na doada tentación de sinalar isto como un "quitacuartos"; mais ben vexo unha oportunidade de conquerir melloras en certos aspectos da saude e a sanidade (que van unidas, mais non son o mesmo) coa colaboración entre a industria, a administración, os usuarios (os grandes escondidos) e os proveedores privados.
* Fabricantes de hardware y productos de software de salud
* Compañías Farmacéuticas y de productos sanitarios
* Empresas de biotecnología y farmacogenómica
* Industria Alimentaria
Mais non quero deixar de sinalar que onde existe unha forte oportunidade de mellora na xestión dos custes e onde está a administración "rodeada polos indios" é no tema das compras... Sego sin entender porqué non se crea unha central de compras para ser mais fortes á hora de negociar prezos, prazos, calidade e garantías; as ameazas de curta-lo subministro por falla de pago son un medio mais de 'toca-los puntos sensibles' para manter o estado actual das cousas. Si os consumidores en xeral xa saben como facelo, ¿a qué agarda a administración?.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input