Google+

O primeiro "hipermedio" indexado en PubMed

De volta na realidade e alonxándome de estreses de campañas adiqueime ó que mais me gusta: A navegación libre e dín co premiado Scienceroll e, nel, esta nova que mais que por senlleira me chama a atención por reveladora do que vai a se-lo futuro..



JoVe é un dos moitos sites de vídeos científicos e médicos que van proliferando e que, en principio servian para a difusión de novas, logo para a difusión de contidos e o ensino continuado e agora; para a publicación científica. O certo é que o contido multimedia vai acadando o papel que lle corresponde e este vai se-lo primeiro proveedor de contidos que vai ser indexado no PubMed o que lle dota de certo aire 'académico' que non teñen xa os moitos vídeos que sobre temas sanitarios hai no YouTube por exemplo.

Segundo manifestan na entrada de Scienceroll se poderán empregar os seus vídeos para ilustrar os post nos blogs sempre baixo permiso, claro.

Bueno, ó que iba. Nestes intres hai no estado varias iniciativas de difusión de contidos tanto no eido da Atención Sanitaria Baseada na Evidencia como no eido da Avaliación de tecnoloxías. Eses contidos ben atoparían mellor difusión empregando TODO o poder das imaxes e o son das verbas que se poden completar (como no Medscape CE) con "pantallazos" e subtitulos.

Espero que nesta ocasión non teñamos que esperar 10 anos para velo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input