Non vou ser eu quen sinale algo tan evidente como que as persoas que traballan deben cobrar en función do seu traballo e que se iste traballo só se mide en horas de 'dispoñibilidade' pois iste debera se-lo criterio.
Como xa sinalei noutra entrada por mor dun caso persoal a lexislación pón o que pón e o resto é "tocar de ouvido". O complemento de exclusividade que cobran os facultativos e que supera o 30% das retribucions básicas ten, disque, o seu sentido de ser en fomenta-la adicación ó servizo público e impedir "comportamentos oportunistas potenciais na práctica médica"... Logo fai algo así como o canon dixital: penaliza preventivamente a posible comisión deses comportamentos.
O certo é que no SACYL vai un ano que se eliminou o dito complemento e que agora viñeron os tribunais a darlle-la razón ás "interesogarquías" (oligarquias de grupos de interese) sindicais no canto de que dita eliminación non estaba ben executada xuridicamente; isto é: non se discute o razonamento de cobra-lo mesmo polas mesmas horas de dispoñibilidade senon que se impide cobrar un complemento destinado a "fidelizar" ós traballadores co sistema público a persoas que teñen outra adicación.
Así as cousas os médicos sen adicación exclusiva de galicia fan unhas xornadas de folga para que o SERGAS lles pague ese complemento como noutras comunidades...
Que porqué fago este comentario nun blogue enfermeiro?, porque esa incompatibilidade ten, ó meu entender o defecto de aplicarse só a unha categoría profesional co cal a súa argumentación de evitar prácticas perversas perde solidez e porque se trata de outra mostra mais do pouco ou nada que ten callado na maioría da xente o que é unha equipa multidisciplinar e o papel das diferentes profesions sanitarias dentro e fora do sistema público de prestación de servizos sanitarios.
A fidelización co sistema público conquerirase con mellores salarios mais non de xeito lineal... o caso é atopar mecanismos que, na súa perversión inherente, favorezan ós individuos que realicen mais e mellores prestacions. ¿É o pluriemprego público aprobado en Madrid unha solución? , é unha oportunidade e vai contribuir a captar persoal (non só facultativo) para as crecentes necesidades desa comunidade.
E contra as perversions esas... que os representantes sindicais poñan as denuncias onde teñen que poñelas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input