Google+

Especializados en incoherencia

Hai moitos motivos para persar así sobre a nosa profesión e quen nos ten que representar en diversos eidos...

O tema da lei do medicamento é realmente sangrante; a lista autorizada para enfermería é, cando menos, ridícula:
ANEXO II
1. Algodones
2. Gasas
3. Vendas.
4. Esparadrapos
5. Apósitos.
6. Parches oculares
7. Tejidos elásticos destinados a la protección o reducción de lesiones o malformaciones
internas.
8. Duchas vaginales, irrigadores y accesorios para irrigación
9. Cánulas rectales y vaginales.
10. Bragueros y suspensorios.
11. Absorbentes para la incontinencia urinaria.
12. Otros sistemas para incontinencia.
13. Aparatos de inhalación (inhaladores, cámaras de inhalación, insufladores).
14. Sondas
15. Bolsas recogida de orina.
16. Colectores de pene y accesorios.
17. Bolsas de colostomía
18. Bolsas de ileostomía
19. Bolsas de urostomía.
20. Accesorios de ostomía
21. Apósitos de ostomía.
22. Sistemas de irrigación ostomía y accesorios.
23. Sistemas de colostomía continente.
24. Cánulas de traqueotomía y laringectomía.
25. Otros según determinen las autoridades sanitarias competentes
Dende logo isto non ten nada que ver co que se pretendía, mais ben semella unha burla; sorte que segue a haber organizacions que se decatan do bó traballo que fai e pode facer a enfermería no eido da prescripción de medicamentos contando iso si, co consenso e a formación axeitada. ¿E porqué será que neste aspecto non se quere seguir o exemplo do tan idolatrado polos nosos xestores NHS?.

Non concordo co que se dí disto en Enfergal porque o anexo III refírese a medicamentos dises grupos que non precisan xa receita médica e cuia indicación por parte da enfermeiría dependerá de protocolos...
2.2 Los medicamentos no sometidos a prescripción médica relacionados en el Anexo III, en aplicación de protocolos normalizados para su uso racional, en la correspondiente orden de dispensación.

penso que é outra mofa porque a xente pode chegar á farmacia e mercar libremente algo que as enfermeiras para poder empregalo no noso traballo deberemos xustificar cun protocolo...

Mais ista entrada ia dirixida a comentar unha aparente contradicción persoal de Jerónimo Romero-Nieva Lozano presidente da Unión Española de Sociedades Científicas de Enfermeiría (UESCE) que fora o único que fixera pública a súa oposición á patraña da especialidade "medico-cirúrxica"; caixón de sastre no que quixeron meter a case toda a enfermeiría hospitalaria e que agora preside a comisión da dita especialidade...
Tiven ocasión de escoita-la sua encendida defensa das capacidades técnicas da enfermeiría e do seu papel de 'contacto permanente' co doente e a súa familia e chamoume a atención así que o abordei nun pasillo para lle preguntar porqué capitaneba unha nave contra da que se manifestara.
As súas verbas foron claras; coida que debe explicar esa aparente contradicción a quen lla pregunte porque é certo que se opón ó actual esquema das especialidades pero tamén que só dende un lugar onde se teña 'acceso' ás altas instáncias dos ministerios de educación e sanidade se poderá conquerir un replantexamento dese esquema para que se creen as ESPECIALIDADES que realmente precisa a complexa atención hospitalaria (coidados criticos-urxentes, e coidados pericirúrxicos), incluso se ofreceu para explicalo en presoa nun foro público.

O tempo escasea e por hoxe non teño mais, pero hai ainda mais incoherencias que resultan chamativas tanto da nosa administración como das organizacions que din representarnos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input