Google+

Explicación.

Titulei o anterior post Relabazada porque son varias as que se cruzan no feito da aprovación dese decreto de especialidades.

1º Para min, coidei que o descarado aliñamento de Jurado e os outros reyezuelos da OCENF co PP faría que o actual goberno 'conxelase' o tema á espera de axeitalo á reforma universitaria. Non calculei tan mal ó pensar que se lles restaria poder ós colexios e se equilibrarían as comisions nacionais de cada especialidade coas sociedades científicas correspondentes ainda que sí me sorprende a inclusión de 2 vocais dos profesionais en formación ('elexidos por eles').

2º Para a enfermería hospitalaria (especializada que dí a administración; ¿trocarán este nome?) que encheu un pazo de congresos en apoio a un decreto que mete o 70% do traballo nunha especialidade caixón "Médico-Cirúrxica" mentres no nivel primario poden 'elexir' entre Comunitaria, Xeriatrica e Laboral.
¿u-la alta especialización das unidades de coidados intensivos (xerais ou ainda mais especializadas)?
¿A non creación da especialidade cirúrxica implica a aceptación de que o papel da enfermería quirúrxica xeral o poden desenrolar técnicos de grao medio(si, esa ferida ainda segue aberta)?
¿u-lo recoñecemento ó altísimo valor engadido da enfermeiria nas urxencias (hospitalarias i extrahospitalarias) cun grao integración nas equipas multidisciplinares que xa quixeramos moitos?.

3º Para quen faga esas especialidades (cobrando eses 3 anos salarios de miseria con condicions laborais de Burundi) coa esperanza de mellorar o seu salario ou estabilidade. Como se viu no post (en negrita, en itálica e subliñado) a administración central cubriulle ben as espaldas ás autonomías que xa bastante teñen o cu ó aire co tema do mal negociadas que están as transferéncias i co tema da antiguedade de todo o persoal que vai pasar a fixo mercede á santaopeextraordinaria.

As "vellas glorias" teremos que apreta-los cóbados para conquerir o título na convocatoria extraordinaria e, de entrada, non servirá para ren.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input