I é que coido que o único que vai sair disto é o que titulo neste post: Perxuizo para a sanidade pública... Mais, hai alguns 'flecos' do tema que non podo deixar de lado por mais tempo:
A mediciña paliativa leva tempo escondida en España, sego gardando e ollando de cando en vez o libro de protocolos do libro "Control de sintomas en el enfermo con cancer terminal" do hospital 'el Sabinal' (Las Palmas de Gran Canaria) editado en 1992 (D.L. M-8264-1992) e as fotocopias do libro de recomendacions da SECPAL publicado polo Ministerio de sanidade en 1993 (ISBN 84-7670-351-1) e, sen coñecer en concerto os protocolos aplicados nas Urxencias do hospital de Leganes, si me atrevo a dicir que non andarán moi lonxe dos que nesas plublicacions aparecen. Ignoro si o señor Juan Carlos Escudier ou o señor M. Lamela coñecen por exemplo a definición de 'enfermo terminal' e a enumeración de 'Dereitos do enfermo terminal' que veñen ahi indicados o que si sei é que estas actuacions van conquerir que moitas persoas sufran agonias horrendas e que os profesionais da sanidade nos atopemos confusos no momento de afrontarmos estas situacions.
Agora é necesario:
Espero que, a longo prazo, este incidente sirva para proporcionar mellores coidados paliativos mellorando a faceta da atención domiciliaria a estes doentes por exemplo. Porque as persoas pasamos e os feitos permanecen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input