Xa fai tempo que fora un rumor, logo foi unha negociación aberta; mais, porqué ainda non se convertiu en argumento de campaña?.
O mesmo señor que en 1993/94 xustificaba e defendia a creación das Fundacions (logo, públicamente públicas) por parte do SERGAS para xestionar novos centros e recursos sanitários cos argumentos de Racionalidade, Eficiencia e 'Maior control(?)' agora; forma parte do goberno da Xunta que está a negociar cos sindicatos a integración deses centros e do seu persoal na rede 'administrativa' esquecendo (uns e outros) todo o dito. Non é a falla de memoria destas persoas a que me sorprende senon o silencio das forzas políticas concurrintes ás eleccions ó parlamento de Galicia, pois o devandito señor é agora Vicepresidente da Xunta e candidato 'in pectore' a Substituir a Fraguenstein (¿vistes que bó traballo co photoshop no cartel electoral?) e non é precisamente unha garantía de boa administración investir cartos públicos en experimentos de 'xestión privada' e logo voltarse atrás sen ser chamado a contas...
Coido que as forzas da oposición non estaban tan en contra destes modelos de xestión como cacarexaron no seu intre.
Eu tamén peco de incoherente moitas veces; fago 'prolongacions de xornada' no canto de fomentar novas contratacions, preocúpome de teren as cousas cando non me corresponde nin me pagan por elo, e vou no coche ó traballo moitas veces; mais non me apresento na campaña (non puido ser) co mensaxe de 'mister perfecto'.
Unha boa; fai un tempo vos referín o documental de National Geographic "en el vientre materno" neste enlace de Periodista Digiral podendes conectar cos diferentes capítulos do medio e velos en 'streaming', paga a pena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.
Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input