Google+

Primeira fenda?

O venres pasado reflexionando cunha compañeira sobor do decreto de especialidades i a decepción que pode significar para a enfermería hospitalaria (haberá que chamala así pois 'especializada' pode dar lugar a confusión). Coidabamos os dous que a(s) seguinte(s) baza(s) a xogar para que a cousa non vaia tan mal como a pintan a(s) teñen as sociedades científico/profesionais pois delas sairán dous vocais da comisión nacional da especialidade que deberá elabora-lo programa formativo, establece-los criterios de formación continuada nas "áreas funcionais específicas do campo da especialidade" (¿i esto quén o define?), os critérios de avaliación no supostos de novas especializacions e a proposta de creación de áreas de capacitación específica . Porque o programa formativo indica as áreas específicas para cuio ensino será necesário estar en posesión do título de especialista; mais non dí ren do exercicio profesional como si se deixase para mais adiante a definición das capacidades profesionais (exclusivas ou non) dos especialistas.

I en estas estabamos cando me decatei de que a disposición transitoria segunda no seu punto 4 di:" As solicitudes para a obtención do título conforme a esta disposición transitoria poderanse presentar dende a entrada en vigor deste real decreto" (7 de Maio); entón corrin a ler que documentación tiña que presentar i a donde dirixila i é que ten coña o tema; teño pedido un certificado que "acredite ter exercido coma enfermeiro as actividades própias da especialidade de coidados médico-cirúrxicos" (????) pois debo acompaña-la solicitude coa documentación que acredite o meu título coma enfermeiro (doado; fotocopia compulsada) e os servizos prestados na correspondente especialidade.

Coido que isto vai traer confusión e cruxir de dentes.

Seguirei a informar...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input